10.10.09

Música: 3º Curso de Iniciación ao Jazz en Boiro

Cartel e tríptico do 3º Curso de Iniciación ao Jazz que se celebrará na Escola Municipal de Música de  Boiro o vindeiro Sábado 24 de Outubro.
Cmo peche do curso celebrarase un concerto aberto ao público de ATHANASOPOULOS/PIN QUARTET composto por Thanos Athanasopoulos (SAXO e poñente do curso), Marcos Pin (GUITARRA), Paco Charlín ( CONTRABAIXO ) e Luis Alberto R. Legido (BATERÍA). Ao remate do concerto tocará a Big Band de alumnos participantes no curso e rematará con unha Jam Session tanto dos músicos asistentes como de todos os que se queiran achegar.

CONCERTO: Athanasopoulos/Pin Quartet (Th.Athanasopoulos, Marcos Pin, Paco Charlín, L.A.R.Legido.
LUGAR: Local Estación Leña Verde. Centro Social de Boiro.
HORA: 21:00 
Entrada gratuíta!
 

Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Arte: retratos en 3D case reais

Para que logo digan que a arte dixital non vai mellorando!

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Vendima: Uva Mencía

As uvas, coma os Nobel, hai que apañalas en outubro...

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Plataformas cidadás: a nova moda?

Moi mal o teñen que estar a facer os nosos políticos (os de hoxe, os de onte e os de antonte, que ninguén se engane) para que xurdan tantas plataformas cidadás para defender asuntos tan básicos como a cultura ou a lingua. Cultura si, Mausoleo Non é outra. Tamén as hai para defender a gratuidade dos libros de texto, para que non se ataque ao galego, para que non se ataque ao castelán, para que se retiren símbolos franquistas, para... e así ata o infinito. Está espertando a sociedade civil? Ou todo isto será produto de outono e cando chegue a primavera seguiremos vendo os ermos da política de toda a vida?

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: Vai de Roda comeza hoxe o curso

Dende as catro da tarde no Pazo do Martelo (Biblioteca Pública Castelao, na praza Rafael Dieste)

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical