10.10.09

Plataformas cidadás: a nova moda?

Moi mal o teñen que estar a facer os nosos políticos (os de hoxe, os de onte e os de antonte, que ninguén se engane) para que xurdan tantas plataformas cidadás para defender asuntos tan básicos como a cultura ou a lingua. Cultura si, Mausoleo Non é outra. Tamén as hai para defender a gratuidade dos libros de texto, para que non se ataque ao galego, para que non se ataque ao castelán, para que se retiren símbolos franquistas, para... e así ata o infinito. Está espertando a sociedade civil? Ou todo isto será produto de outono e cando chegue a primavera seguiremos vendo os ermos da política de toda a vida?

Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical