12.7.11

Dodro: o sábado 30 de xullo, exhibición de bailes latinos no pavillón

Media_httpfarm7static_gaghi

Dodro, 12 de xullo de 2011. O vindeiro día 30 de xullo, sábado, terá lugar no Polideportivo a partir das 20.00 h, un serán de baile coa participación do Grupo de Nenos de Dodro organizado pola Concellería de Deportes. A escola de ritmos latinos de Ribeira "El Tomasón" fará o espectáculo. 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: publicada a programación do verán, con roteiros diurnos e nocturnos incluídos


Boiro, 12 de xullo de 2011. Durante este verán haberá actividades para todos os públicos, e tamén para os que queiran en concreto mover as pernas e coñecer distintos lugares do municipio, tanto de día como de noite, aproveitando as lúas cheas e a boa temperatura desta tempada.

A programación é a que segue:

Rutas diurnas. (saen ás 9 da mañá)

Mércores 20, 27 de xullo
Mércores 10, 17 e 31 de agosto

Rutas nocturnas. (saen ás 9 da noite ou 21 horas)

Venres 15 xullo
Venres 5 e 26 agosto

Ruta a Chans do Barbanza: sae ás 10 da mañá e dura todo o día

Sábado 6 agosto

Máis información e inscricións Oficina de Turismo de Boiro

Actividades culturais previstas

Mago Dani Garcí "Don Gelati"

Sábado 23 de xullo.
12.00h. Rúa Santos Mieites

Mago Martín. "Ilusionarte"
Xoves 28 xullo.
12.00. Casa da Cultura

Festival de Bandas
Sábado 30 de xullo.
19.00h

Pistacatro "Cabaré Pistacatro"
Xoves 4 de agosto
22.00h. Diante da Casa da Cultura

Peter Punk "A chungatrona"
Sábado 6 de agosto.
12.00h. Rúa Santos Mieites

Culturactiva "Dous pallasos en apuros"
Xoves 18 de agosto.
12.00h. Casa da Cultura

Pablo Trasno
Sábado 20 agosto
12.00h Rúa Santos Mieites

Mago Romarís " O castelo máxico"
Venres 16 setembro
Praza de Galicia

Mamá Cabra "Ola Ola la"
Venres 23 setembro
20.00h. Casa da Cultura

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: recepción dos nenos procedentes do Sáhara no programa "Vacacións en paz"

Nenos_saharauies_2011_019

A Pobra, 12 de xullo de 2011. Esta mañá tivo lugar a recepción oficial dos nenos/as saharauís no Concello da Pobra do Caramiñal. Estivo o alcalde, Isaac Maceiras Rivas, e pola concelleira de Servizos Sociais, Balbina Lojo Olveira, que entregaron uns agasallos de benvida aos rapaces que van a pasar o verán neste municipio.

Daidiha, Alia e Mohamed, benvidos.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a derradeira asemblea da Cofradía da Dorna aclarou todas as dúbidas da Festa da Dorna deste ano

Ribeira, 12 de xullo de 2011.O pasado sábado 9 de xullo, na Casa do Mar de Ribeira, tivo lugar a cuarta e derradeira asamblea de peñas dorneiras de cara á celebración da LXIII Singladura da Festa da Dorna. Os temas princiapais a tratar foron pechar todas as cuestións relativas á organización de Xogos e Actividades da Festa da Dorna. Así, xogos que quedaran sin confirmar xa foron ratíficados polas mesmas peñas ou asumidos por novas peñas desexosas de colaborar.

Media_httpfarm5static_isztu

A Rejata Cutre Shark de embarcacións Feitas a Machada e Propulsadas a Pan de Millo vai seguir sendo organizada polos Persebes coma Puños e contarán coa colaboración da peña nova Me Aplaude la Almejita, dentro dos Xogos de Terra os Xogos para nenos serán organizados polo Mexillóns + Cabróns e si o precisan contaran coa colaboración dos Cao Boys, tamén inscribiuse os novo xogo O Neimar Dorneiro (Lenjuados Envriajados), o Tiratacos voltará a ser organizado polos Persebes coma Punhos e Cajaboy Island continúa con Mecajo na dieta e Malote's Party, volta o Xogo tradiciona a Billa (Arría o Jallo e Berberechos Asasinos).

Media_httpfarm5static_fnfee

Dentro dos Xogos de Mar os Rape´s confirmaron a súa continuidade con Isa-la Candorca e Lansamento de Risón ambos xogos teñen versión masculina e feminina, Os Cao Boys continúan con Saltos dende o paredón e Cajaboy Island co Achikeitor.

Media_httpfarm5static_dgoxt

En canto ao voo sen motor repartironse unhas follas coas bases do concurso para quen quede lugar a dúbidas, en canto ao Maratasón (Carallos de Rei) confimouse que será ás 21:00 do Mercores 20 de Xullo e a final ás 17:00 do 24 de Xullo durante a Romería Dorneira. As Lampreas máis Preas continúan coa organización da Macroqueimada. O Exame de Patróns será organizado por Cajaboi Island.

Rock'And'Orna

No que atinxe á música, actuarán no Rockandorna do país: 8 Ferrados, Talón de Aquiles, Generación Perdida, De Fe Caos, Entrelineas e Basura de la Buena. No rockadorna The Covers e no Rockaandorna fin de Festa Miguel Costas e Ruxe Ruxe. Teremos as charangas O Santiaguiño, Os Jalochos e Os Kilomberos de Montealto.

Media_httpfarm5static_myyci

O Baile de Gala celebrarase no Círculo Mercantil de Ribeira o Sabado 30 de Xullo amenizando o Dúo Yesterdey, é preciso vestir de Gala. Cancelouse a actividade prevista Rock in Muxo, polo cal retrasaranse as Carrilanas.

Concursos

En canto ao tema de anotarse a concursos, xa están abertos os listados:
-Maratasón (ata as 19:00 do 20 de Xullo no Castelao) deixar unha nota na caixa correspondente donde estarán as bases para participar. (Carallos de Rei)
-Enjalanamento de Fanequeiras (en Pepe´s ou no Capri ata o 19 de Xullo) apuntarse na lista. (Ratos da Illa e Muxo Beti)
-Canción de Tasca (en Pepe´s ata o 20 de Xullo) apuntarse na lista. (Tabeiróns Caralludos)
-Facho Dorneiro (ata o 18 de Xullo) no email real-e-ilustre@cofradiadadorna.com (Os Serráns máis Marráns)
As peñas Feitos Polvo, Carallos de Rei, Sija la Raia, as Robalisas e CAo Boys unironse os Pateiros Palangreiros, Pintos Joden Quintos e A NAsa para colaborar no Juateke dorneiro feito que a Cofradía da Doran agradece moito.

Recórdaselle a tódalas peñas novas que o Xoves 21de Xullo ás 22:00 deben presentarse no Palco para tratar de superar o Necesario Exame de Patróns, condición indispensable para ser peña dorneira e poder participar en todolos Xogos e Actiuvidades Dorneiras.

Por outra bande recordóuselle aos asistentes que xa se pasaran as cuotas dos socios e que todos aqueles socios que non recibiran a súa cuota e estean interesados en continuar sendo socios da Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna deben poñerse en contacto: real-e-ilustre@Cofradiadadorna.com para actualizar os seus datos. Os Novos socios que non recollestedes os vosos carnets de Dorneiro Acreditado debedes poñervos en conctaco coa Cofradía no mesmo email ou pasadevos o mércores 20 de Xullo pola mostrador do churrasco que haberá durante o Rockandorna do país.

Media_httpfarm5static_jpnay

Respeto á autoridade

A Cofradía a Dorna solicita respeto por todos os corpos de seguridade do estado (protección civil, policía local e policía nacional), polas peñas organidadoras de cada unha das actividades e por todos eses dorneiros que botan unha man, os cales colaboran para que a Festa da Dorna se leve adiante da mellor maneira posible. Así que recordase a todolos asistentes que nas carrilanas non se pode sair das beirarúas e si hai xente na calzada paranse ata que se retiren.

Cabe sinalar que dita asamblea contou con 80 asistentes en representación de 35 peñas dorneiras, apuntou Arturo González Mariño, presidente da Asociación Cultural Real e Ilustre Cofradía da Dorna.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: propoñen unha dársena portuaria especializada en deportes náuticos

Reunin_alcalde_-_portos

  • Habería alí instalacións para vela, surf, remo e piragüismo, segundo lle propuxo hoxe o presidente de Portos ao alcalde
  • Sería a enclavada na zona norte, xunto á entrada ao porto pola beira do Club Náutico

Ribeira, 12 de xullo de 2011.- O alcalde, Manuel Ruiz Rivas, e o presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana Gallo, mantiveron esta tarde unha primeira toma de contacto institucional na casa consistorial do municipio barbanzano para analizar os temas de interese común existentes entre ambas institucións en relación aos portos do concello. 

Unha das cuestións máis importantes das abordadas na xuntanza foi a que fai alusión á redefinición das relacións entre o porto de Ribeira e a cidade de Santa Uxía. A este respecto, Álvarez-Campana anunciou que para comezar a dar pasos neste obxectivo, unha das dársenas existentes (concretamente, a enclavada na zona norte, xunto á entrada ao porto pola beira do Club Náutico) vai estar especializada nos deportes náuticos, e a tal efecto albergará instalacións e actividades asociadas ao remo, o piragüismo, a vela ou o surf. 

Concello e Portos colaborarán na cristalización deste proxecto para a dársena norte, que fará que o porto quede dividido en tres zonas perfectamente delimitadas en función do uso:  a deportiva, a pesqueira e a de uso comercial. 

Abundando tamén no tema do entronque marítimo e urbano  ribeirenses, Manuel Ruiz Rivas fixo fincapé tamén noutras actuacións encamiñadas nesa mesma dirección que se enmarcan dentro do plan Ribeira Atlántica 2015 e quixo convidar ao presidente de Portos a formar parte do comité de seguemento deste proxecto ante os intereses comúns existentes ao respecto, que afectan a lugares da cidade como a avenida do Malecón, o paseo das Carolinas ou o paseo que vai cara O Touro,. 

Nova lonxa

Outro dos asuntos tratados na reunión de hoxe foi o do edificio da nova lonxa. Segundo informou o presidente de Portos, actualmente se está traballando segundo as previsións na redacción do proxecto construtivo e anunciou a posta en marcha dunha comisión de seguimento liderada polo Concello e na que terán participación tamén os futuros usuarios e os técnicos de Portos. 

Cabe lembrar que proxecto e obra foron adxudicados conxuntamente o pasado marzo á empresa Acciona, cun importe de 17 millóns de euros e un prazo de execución de 36 meses contado a partir do momento da firma do contrato. 

Outros temas relacionados co porto de Santa Uxía abordados esta tarde foron o estudo de ampliación do peirao comercial (que está en fase de estudo e séguese avanzando no mesmo) ou a próxima licitación mediante concesión dun foso e un travel na zona pesqueira en resposta as demandas da confraría de Ribeira.

Con relación ao porto de Aguiño, Álvarez-Campana manifestou que se está traballando na modificación das ramplas e na optimización do espazo portuario, e que pronto se sacará a concurso unha estación de subministro de combustible para a flota que opera nesta parroquia. 

En canto ao porto de Palmeira estase a traballar con proxectos específicos como son a modificación da rampa e a preparación de casetas para os usuarios, que se enmarcan noutro máis xeral.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical