8.4.10

Lingua galega: "Queremos Galego" da Barbanza presentou unha campaña de recollida de sinaturas

Download now or preview on posterous
QUEREMOS GALEGO.doc (17 KB)


Boiro, 8 de abril de 2010
. O portavoz da plataforma "Queremos Galego" na Barbanza, Carlos Mosteiro, presentou o inicio da campaña de recollida de sinaturas a prol da Iniciativa Lexislativa Popular nesta comarca.

Carlos Mosteiro, nunha imaxe para unha entrevista aquí

Como é política deste xornal, anotámoslles íntegro o escrito:

"A plataforma cidadá QUEREMOS GALEGO, convoca hoxe aquí en Boiro aos medios de comunicación habilitados na Barbanza, para presentar diante da opinión pública  o que pretendemos sexa o inicio dunha INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR a prol dos deritos lingüísticos das galegas e dos galegos, que ten como actividade central a RECOLLIDA DE SINATURAS para solicitar dos grupos parlamentares galegos o inicio dos trámites oportunos para o seu debate no Parlamento de Galicia.

Quizais non sexa necesario recordar que logo do pasado 1 de marzo de 2.009, e co acceso do Partido Popular ao goberno da Xunta, rompeuse un amplo acordo de equilibrio que a respecto do idioma se tiña alcanzado durante o goberno bipartito, acordo do que curiosamente formou parte o propio PP e que foi aprobado polo Parlamento. Sen embargo a estratexia electoral do partido agora no poder, mudou radicalmente esta situación. Xa os primeiros anuncios do novo goberno constituiron un ataque indiscriminado, gratuito, inxusto e inxustificado contra o noso idioma, unha estratexia preparada polos conservadores en clara  conivencia cos sectores sociais e mediáticos máis contrarios ao galego. Un ataque tan virulento que non se recorda outro semellante na historia máis recente do país. Seguramente habería que retroceder no tempo ata etapas preautonómicas, mesmo preconstitucionais para atopar unha agresión semellante contra a nosa lingua.

A famosa CONSULTA DO GALEGO, coa que o goberno facía unha escandalosa deixación de funcións, traspasándolle toda a responsabilidade ás nais e pais dos alumnos e alumnas, fíxose a través dunha enquisa sen as máis elementais garantías democráticas, no máis puro estilo dos referendos franquistas, tanto na súa comunicación, como no seu desenrolo e posterior reconto de resultados. Cómpre recordar que tan só un 20% dos pais chegaron a participar efectivamente naquela enquisa, chegando á paradoxa de que o resto da poboación, os que non tiñan fillos ou fillas en idade escolar, non tiñan dereito, segundo o goberno galego, a opinar sobre o seu idioma.

O mal chamado DECRETO DE PLURILINGÜISMO (que de feito da ao inglés tratamento de lingua oficial) non é máis que unha cortina de fume que agocha unhas actitudes perigosamente galegófobas e acomplexadas por parte do goberno da xunta, e busca claramente o ninguneo da nosa lingua e a redacción da súa acta de defunción. Así o viron todas as institucións galegas que foron consultadas, nomeadamente o CONSELLO DA CULTURA GALEGA e a ACADEMIA DA LINGUA que emitiron informes ben argumentados e absolutamente desfavorables.

Diante desta situación a plataforma QUEREMOS GALEGO apela á enerxia e ao sentido común da cidadanía galega, para que amose de forma democrática o seu rexeitamento, e invitamos a participar masivamente nesta recollida de sinaturas, como medio de facer chegar ao goberno do sr. Núñez Feijó o noso total desacordo coa súa política lingüística, e sobre todo cos principios que rixen o DECRETO que se pretende aprobar. Invitamos a todos e a todas a PARTICIPAR, independientemente do seu posicionamento político, porque o que está en xogo é a lingua, a súa supervivencia... E nesto estamos TODOS implicados, porque a TODOS nos afecta.

Moitas grazas".

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: el delegado del Gobierno realizó una visita institucional con tintes preelectorales

(Nota del Ministerio)
Antón Louro ha visitado esta mañana dos obras que cuentan con financiación del FEIL 2009, una de urbanización en la calle A Atalaia y otra de reforma del pabellón polideportivo de Xuño

El delegado del Gobierno en Galicia subraya la incidencia positiva que el Plan E está teniendo en Porto do Son, con la creación de 160 empleos y una inversión que ronda los tres millones de euros  

      -El representante del Ejecutivo central anuncia que están en fase de redacción por parte del Ministerio de Medio Ambiente dos proyectos para la regeneración del borde litoral en la playa de As Furnas y para la ampliación del paseo marítimo urbano hasta el entorno de la playa de Cabeiro
      -También destaca el compromiso del Ministerio de Cultura, que ha consignado 500.000 euros en los Presupuestos Generales de este año para la adquisición y el acondicionamiento como museo del mar de una antigua fábrica de salazón ubicada en la villa sonense

    Porto do Son, 8 de abril de 2010. El delegado del Gobierno en Galicia, Antón Louro, visitó esta mañana el municipio de Porto do Son, donde estuvo acompañado por el subdelegado del Gobierno en A Coruña, José Manuel Pose, y donde fue recibido por el mandatario local, Xoán Pastor Rodríguez Santamaría. El delegado hizo hincapié en que entre el primer fondo puesto en marcha por el Ministerio de Política Territorial en 2009 (FEIL) y el que se está desarrollando este año (Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local), se contabilizan en Porto do Son un total de 24 proyectos, que conllevaron y conllevarán la creación de 160 puestos de trabajo y que suponen una inversión conjunta de 2.816.324 euros.

FONDO ESTATAL DE INVERSIÓN LOCAL (FEIL 2009)

El delegado del Gobierno visitó dos de las actuaciones que financia el Ministerio de Política Territorial en el término sonense mediante el Fondo Estatal de Inversión Local (FEIL), que se encuentran en fase de ejecución. Se trata, por un lado, de una obra de urbanización en la calle A Atalaia, en el entorno de la casa consistorial, con un presupuesto de 247.367,45 euros; y por otro, de la construcción de gradas y pavimentación en el pabellón polideportivo de Xuño, por un importe de 181.772,95 euros.

Antón Louro confirmó que el Ministerio de Política Territorial ya ha transferido pagos a este Concello por importe de 1.214.816 euros, es decir, por más del 69% del total que se le concedió con cargo al FEIL, que fueron 1.752.007 euros. Los 17 proyectos aprobados posibilitaron la creación y el mantenimiento de 120 empleos. A mayores de las obras citadas, los otros proyectos incluidos en el FEIL 2009 fueron:

     Reurbanización del entorno de la casa de cultura de Ribasieira 60.000,47 €.
     Acondicionamiento y ampliación del aparcamiento del cementerio de San Pedro de Muro 99.997,56 €.
     Parque infantil en Nebra 50.000,00 €.
     Adecuación entorno de río en Nebra 70.000,00 €.
     Ampliación y restauración de camino en San Martiño de Miñortos. 49.999,47 €
     Acondicionamiento del entorno de la escuela en Queiruga 60.001,85 €.
     Construcción de cierre para patio de juegos en centro docente de Sobrado-Nebra. 106.268,10 €.
     Parque infantil en Caamaño 50.000,00 €.
     Reurbanización de la calle nueva (San José), en Portosín 135.001,74 €.
     Alumbrado público de viales. 98.034,45 €.
     Acondicionamiento del pabellón de deportes de Santa Irene 41.408,53 €.
     Construcción de gimnasio y pavimentación en el polideportivo de Portosín. 175.335,40 €.
     Reurbanización de la calle Escamas y reparaciones en la calle Marmuro. 114.998,36 €.
     Afirmado y acondicionamiento de pistas en San Pedro de Muro, Baroña, San Vicente de Noal, Santa María de Nebra y San Sadurniño de Goiáns. 175.068,84
    Construcción de cubierta para patio en el colegio de Baroña 36.741,69 €.


FONDO PARA EL EMPLEO Y LA SOSTENIBILIDAD LOCAL (2010)

El delegado del Gobierno en Galicia aprovechó la visita para anunciar que el Ayuntamiento de Porto do Son percibirá 1.064.317 euros con cargo al Fondo Estatal para el Empleo y la Sostenibilidad Local, que es el nuevo programa puesto en marcha para este año por parte del Ministerio de Política Territorial. Louro Goyanes subrayó que esta segunda iniciativa permitirá al Concello acometer 7 proyectos de inversión, los cuales ya han sido aprobados, y generar 40 empleos.

Las actuaciones proyectadas son:

   Mejora de la seguridad vial en AC-550. Costa de Mañufes. Queiruga. 108.728,66 €.
   Parque infantil y biosaludable en Portosín. 97.267,19 €.
   Parque infantil en la explanada portuaria de O Son. 91.740,20 euros.
   Mejora de la seguridad vial en AC-550. Lagüela-Pedra Furada. Caamaño. 116.692,80 euros.
   Red inalámbrica municipal de banda ancha Wimax del Ayuntamiento de Porto do Son. 382.799,99 €.
   Regeneración y área recreativa en A Atalaia. 98.000 €.
   Construcción de un edificio para vivero de empresas en Noal. 169.088,15 €.

OTRAS ACTUACIONES

A mayores, el delegado del Gobierno aludió a otras inversiones de la Administración General del Estado en Porto do Son. Así, comentó que en los Presupuestos Generales del Estado para este año se ha consignado una partida de 500.000 euros para un convenio con el Ayuntamiento encaminado a la adquisición de una antigua fábrica de salazón en el casco urbano sonense con vistas a reconvertirla en un museo etnográfico y marino.

Por otra parte, Antón Louro explicó que, a raíz de un convenio suscrito entre el Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino y la Xunta de Galicia, O Son recibirá 208.400 euros para la mejora de diversas vías rurales. En materia de regeneración del litoral, el delegado puso de manifiesto el importante esfuerzo inversor llevado a cabo en los últimos años por el Ministerio de Medio Ambiente en el municipio sonense. Así, recordó que acaba de finalizar recientemente la ejecución del proyecto “Recuperación ambiental en la playa de Queiruga y Porto Nadelas”, con un presupuesto de 130.000 euros, que incluyó la demolición de varias casetas y el acondicionamiento del acceso a las playas y del entorno del santuario de A Virxe do Carme.

Trasladarán el campo de fútbol de Xuño

Louro Goyanes anunció que actualmente se encuentran en fase de redacción sendos proyectos de “Regeneración del borde litoral en la playa de As Furnas”, que cuenta con un presupuesto de 600.000 euros; y “Recuperación de la servidumbre de tránsito y accesos al mar en la ensenada de O Son, primera fase”, con un importe de 120.000 euros. La primera de las actuaciones mencionadas prevé el traslado de sitio del campo de fútbol y la recuperación de ese espacio para zona de playa y servicios. La segunda intervención consiste en dar continuidad al paseo marítimo de O Son hasta las inmediaciones del centro educativo situado en las proximidades de la playa de Cabeiro. 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: Amicos organiza un acto este venres para presentar certificados de calidade medioambiental

Rianxo: un economista e dous científicos falan das posibilidades do galego nestas materias no IES Félix Muriel



Rianxo, 8 de abril de 2010. O ENDL do IES organizou unha serie de charlas que se engloban dentro da Semana cultural deste centro, que baixo o título "Abrindo portas en galego", vaise desenvolver a partir deste xoves 8 de abril. O obxectivo é que o alumnado poida escoitar a expertos dos diferentes ámbitos falar das súas especialidades na nosa lingua. Así, baixo o subtítulo de "O galego en todos os ámbitos" achegaranse ao centro persoeiros especialistas en Física de partículas, en Química, en Dereito ou Didáctica das linguas, por poñer varias especialidades ben distintas entre sí.

Biblioteca Concepción Arenal, a de Dereito en Santiago de Compostela

Este xoves abriuse a actividade cun relatorio de Fuco Sanjiao, profesor do departamento de Economía aplicada da Facultade de Dereito da USC. O alumnado de 3º da ESO recibiu unha charla de media hora titulada "O dereito como alicerce da sociedade". Logo expoñeulles  como a lingua galega serve para desenvolverse perfectamente no mundo do Dereito.

O venres, 9 de abril, será unha xornada dedicada á lingua galega no mundo científico, polo que se convidaron a dous representantes deste ámbito para que falen en galego sobre un tema da súa especialidade, na que usan esta lingua habitualmente. Trátase de Carlos Salgado, profesor de física da USC e pertencente ao CERN que estará ás 10,30 para falar sobre “A aceleración de partículas e a enerxía nuclear” durante 50 minutos. Logo ás 12,30 contaremos co relatorio de Socorro Castro, profesora de química da Facultade de ciencias da Universidade da Coruña, que ten como título “Motores de hidróxeno e enerxía electromagnética”.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: la sección de Adoración Nocturna confeccionará alfombras florales en Corpus y peregrinará a Santiago


¿Sobrevivirá la tradición de las alfombras florales del Corpus en Ribeira?
(Nota de JMP)
            
 
  Ribeira, 8 de abril de 2010. En estos próximos meses, mayo y junio, la Sección de la Adoración Nocturna de Ribeira tiene pensado organizar una serie de actividades para las que solicita la necesaria colaboración pública, de todos aquellos vecinos que deseen participar en las mismas.
 
  1.- Preparación y confección de las "alfombras florales" para el día del Corpus Cristi, en la Plaza de la Iglesia y calles aledañas. Una tradición centenaria que Ribeira, como capital del Barbanza, no debería perder y para eso se necesita la colaboración vecinal.


Alfombra del Corpus en 2009
 
  2.- I Edición de la "Peregrinación Xacobea" a Santiago desde Ribeira, en cuatro etapas. La peregrinación está abierta a personas de todas las edades, pues se realizará a lo largo de varias etapas durante unos cuatro sábados, con caminatas de unos 15 kilómetros cada día.

 
    Para ello cualquier persona que desee participar en alguna de estas actividades puede ponerse en contacto con el presidente de la entidad, Edmundo en el 606006427 o bien con el actual secretario, José Manuel en el teléfono 670458406.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: a III Festa Audiovisual será o venres 16 de abril


Busto de Borobó na casa de cultura de Boiro

Boiro, 8 de abril de 2010. O vindeiro venres 16 de abril terá lugar a III Festa Audiovisual. Está organizada pola asociación cultural "Borobó" en colaboración coas Xuventudes Socialistas da localidade. Vai presentar a Festa a actriz Mariana Carballal, que se fixo célebre entre os televidentes galegos pola súa actuación no Luar, xunto aos Tonechos.


Mariana Carballal é de Albarellos de Monterrei, Ourense. Ficha na AVG

A Festa Audiovisual contará, como é habitual, cunha serie de proxecións de curtametraxes. A temática deste ano é a animación. Está previsto que se proxecten "La dama y la muerte", gañadora do premio Goya 2010 á mellor curta de animación e candidata aos premios Óscar de Hollywood. O seu director, Javier Recio, estará presente.
</object>

Tamén se prevé poñer "O pintor de ceos", de Jorge Morais e "A revolta dos mouses", de David Alejandro Gen.

Ademais haberá actuacións musicais, a cargo de Silvia Penide, os xa ben coñecidos (alomenos en Certo) aguiñenses Areavasta e tamén estarán os do Pito de Pikaso.

Onde? Sala ESE. Boiro.

Tes Facebook? Pois confirma a túa asistencia aquí

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: o sábado 10, teatro con "Policía" e o domingo 11, festival folclórico a prol de Intermón


Ambos actos culturais terán lugar no Coliseo Noela

Noia, 8 de abril de 2010. Aínda que o forte do mes de abril en Noia é sempre a Feira do San Marcos (23, 24 e 25 de abril este ano, non o esquezan) tamén hai actividades culturais durante as outras fins de semana. En concreto, nesta, o sábado achegarase a Noia o grupo de teatro afeccionado da Universidade de Santiago de Compostela "Pinchacarneiro", que representará "Policía". O domingo, o protagonismo será para o folclore, cun festival cuxa recadación irá para a organización non gubernamental Intermón Oxfam. Organiza "Os Salgueiriños", de Noia.


A obra de teatro do sábado 10 será ás nove da noite.
O festival, o domingo 11, dende as seis da tarde.

Se queres saber dos proxectos de Intermón Oxfam (non esquezamos Haití):

http://www.intermonoxfam.org

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o 15 de maio, xornadas divulgativas da enerxía solar no Liceo Marítimo


Reloxio de sol da igrexa de Nebra, en Porto do Son

Ribeira, 8 de abril de 2010. O vindeiro sábado 15 de maio van ter lugar no Liceo Marítimo de Ribeira unhas xornadas divulgativas sobre os usos da enerxía solar. Deste xeito, a Centenaria engádese aos milleiros de lugares en toda Europa que celebrarán o Día Solar Europeo.

As xornadas están organizadas polo propio Liceo Marítimo coa colaboración da Asociación Solar da Industria Técnica de España (Asit) e a Comisión Europea. Nas xornadas haberá personalidades e entidades relacionadas co mundo das enerxías alternativas, así como empresas punteiras en Galicia no aproveitamento, deseño, instalación, mantemento e venda de equipos e sistemas baseados en enerxías renovables.

Placas solares en A Pobra do Caramiñal

As actividades durarán todo o día (sábado 15 de maio) e rematarán cunha charla coloquio nos locais sociais do Liceo Marítimo, sobre as seis da tarde. A entrada é libre e gratuita. Aos asistentes daráselles información e material técnico sobre o emprego deste tipo de enerxías renovables. O principal obxectivo é promocionar a enerxía solar e dala a coñecer á poboación en xeral e ás persoas relacionadas dalgún xeito co sector enerxético en particular.

A actividade de Ribeira pódese atopar en "Galería de eventos", Galicia, día 15 en Ribeira.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: os alumnos de Educación Permanente visitaron a Cidade da Cultura

Dodro, 8 de abril de 2010. O pasado día 31 de marzo a concellaría de Igualdade e Benestar organizou unha nova visita a Santiago, co fin de coñecer o entorno máis próximo (despois da realizada a primeiros de mes ás cubertas da catedral e ó museo Galicia Dixital) e realizar actividades complementarias ás Aulas de Educación Permanente para premiar o traballo e esforzo diario da xente maior do concello por seguir aprendendo e manterse activa.
 
Nesta ocasión visitouse a Escola Galega de Consumo, onde houbo dous obradoiros: de Etiquetado e de Consumo Responsable, para axudar a facer a compra de forma máis consciente como consumidores, tendo en conta a información que ofrece a etiqueta dos produtos e o seu traxeto ata chegar ás nosas mans.

Logo cursouse unha visita guiada á Cidade da Cultura no Monte Gaiás, para ver as obras deste espectacular complexo arquitectónico, os edificios rematados e o que queda pendente do proxecto que pudemos coñecer a través de maquetas. Se ben o tempo non acompañou, a xente mostrou a súa satisfacción xeral despois destas dúas viaxes por ter acceso a lugares tan próximos a nós en Santiago de Compostela e tan descoñecidos.

Relacionada: Visita ás cubertas da Catedral, aquí

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: o serán do Patrocinio engade un día máis e será o 23 e 24 de abril

Rianxo, 8 de abril de 2010. Dende a Asociación Cultural Fogo Fatuo cóntannos: "Tralo éxito do Serán do Patrocinio do ano pasado, este ano aumentamos

un día máis de festa. O venres 23 de abril teremos dous grupos: EKOS e  DA RÍA MAFIA. O sábado 24 darase cabida o noso Serán do Patrocinio para que tódolos grupos, amigos e compañeiros que o desexen lle dean ritmo aos bailadores e bailadoras. E por suposto non poderán faltar as tradicionais papas de arroz para repoñer forzas de tanta esmorga. Finalmente o domingo, para os máis relixiosos, celebrarase a misa cantada coa súa procesión. A alborada irá a cargo do grupo Imos de chiquitas para logo dar paso a actuación da banda de gaitas Fontornela e ao grupo de baile Aleivosía da ASC Fogo Fatúo.

Esperamos vervos a tod@s.
Unha aperta",

Asociación Sociocultural Fogo Fatuo
www.fogofatuo.es

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Opinión: Manuel Domínguez honra a memoria de Salgueiro Maia, héroe da Revoluçao dos Cravos

A Pobra: o Psoe analiza polo miúdo as afeccións do Plan de Ordenación do Litoral no municipio


(Nota do Psoe íntegra)

A Pobra do Caramiñal, 8 de abril de 2010. O día 11 de marzo presentamos a través do rexistro unha solicitude ao alcalde solicitando unha reunión informativa co fin de analizar en profundidade e clarificar os niveis de afección do novo Plan de Ordenación do Litoral. O Concello da Pobra do Caramiñal, como os demais concellos costeiros de Galicia, recibiron a primeiros de febreiro o avance previo e o documento inicial do Plan de Ordenación do Litoral.

Pasaron dous meses e o escurantismo entorno as afeccións do Plan de Litoral e o único que fomenta o Sr. Isaac, dado que está promovido pola actual Xunta de Galicia, gobernada polo PP.

Non se nos convocou absolutamente para nada e as informacións que nos facilitou o arquitecto técnico foron moi escasas, era imposible dar resposta a cantidade de veciños que nos preguntaban a medida en que lle afectaba.

Ante esta opacidade e co fin de informar aos veciños da Pobra das gravísimas afeccións, encargamos a un estudio técnico os planos da Ordenación do Litoral incluíndo a superposición dos planos do noso PXOM.

A magnitude das afeccións son de incalculable perda económica para as familias do pobo. En primeiro lugar quedamos asombrados ca cantidade de territorio que abarca a mellora ambiental e paisaxística, na que soamente se permite:

·       Obras de rehabilitación e cambio de uso residencial, agrícola, gandeiro, forestal e outros análogos,...

·       Instalacións e construccións que sexan necesarias para as explotacións agrícolas, gandeiras, forestais e outras análogas, ....

·       Construccións necesarias para as explotacións de acuicultura e marisqueo.

·       Actividades de caracter deportivo, sociocultural, recreativo e de baño, que se desenrolen o aire libre, con obras mínimas e imprescindibles para o uso de que se trate.

·       Poderanse localizar espacios libres que pola súa natureza sexan compatibles ca natureza do paisaxe.

·       Construccións e instalacións como: cementerios, escolas agrarias, centros de investigación e educación ambiental, entre outros.

·       Construccións e rehabilitacións destinadas o turismo no medio rural.

Temos catalogado como mellora ambiental e paisaxística, case toda a parroquia do Maño, desde o marxe dereito da estrada AC-305 en dirección Ribeira-Pobra, empezando en Caíños, Cercias, todo o Campiño, Devesa, Bandaseca, o Castro, Ponte de San Antonio, Vilariño, Pedriñas, Arzobispo, Outeiro, Laxe, Costa, Garita, Áreos, ...todo o territorio que abarca desde o marxe dereito da estrada comarcal ata a praia da Lombiña.

Ca mesma catalogación está parte da Angustia e afecta principalmente a Crocha de Levante e Inferniño.

Estes lugares perden a clasificación de area de ampliación de núcleo rural, é dicir onde se podía edificar en 600 metros, co Plan de ordenación do Litoral, pérdena. Nestes lugares se extingue a posibilidade de edificar novas casas, soamente queda permitido dentro dos núcleos rurais. As persoas que teñan a súa vivenda situada na área de expansión de núcleo soamente lle van a permitir rehabilitala, sen tan sequera poder modificar o volume do inmoble se o precisara no futuro.

Hai outra nova catalogación denominada protección de corredor que ten as mesmas limitacións que a anterior, tamén se perde a área de expansión de núcleo e quedan prohibidos tódolos usos, excepto os suxeitos a explotacións agrarias. Esta protección de corredor está vinculada aos espacios por onde pasan os ríos, ou zonas como vaguadas que cualifican de interese paisaxístico, aínda que estean emprazadas dentro da zona de ordenación.


Lugares que quedan dentro desta calificación aínda que non perdan na totalidade a clasificación de expansión de núcleo, entre outros están:

Rosamonde, Tarrío, A Granxa, Paio, Colo de Arca, Lesón, Gonderande, Rego, Cortizo, Baiuca, Devesa, Banda o Río, A Canisa, San Isidro, Crocha de Poniente, entre outros. En San Roque un polígono queda seriamente danado o posible desenrolo.

Ata que o planeamento se adapte o POL quedan excluídos da súa aplicación os chans clasificados como:

·       SUELO URBANO CONSOLIDADO

·       SUELO DE NUCLEO RURAL

·       SUELOS CON INSTRUMENTOS DE DESARROLLO E DE XESTIÓN APROBADO DEFINITIVAMENTE.

Recordamos que ata o día 10 de maio o Concello pode facer suxerencias e alegacións ao POL, os particulares terán un tempo tamén para alegar que será máis adiante, cando a Consellería de Medio Ambiente o estipule.

Non entendemos como con estas graves afeccións para unha gran maioría dos habitantes da Pobra, o Concello estea mirando para outro lado, sendo incapaz de dar a información e defender ca máxima enerxía o patrimonio e o traballo de toda unha vida dos veciños do noso concello.

Se o conxunto da Corporación pelexa polos seus concidadáns, seguramente os resultados sexan máis positivos que si o facemos os Socialistas en solitario. Somos incapaces de comprender como o resto dos grupos políticos permanecen en silencio ante semellante tropelía promovida pola Xunta do PP.
 
Tivemos grandes titulares de prensa, “O primeiro concello costeiro que ten aprobado o PXOM”, agora sustituirémolo por outro, “ O primeiro concello costeiro que aprobou o PXOM e xa o ten  que adaptar”, pouco durou esa marabilla, foi efímera.

Estamos a disposición de tódolos veciños que queiran ver como lle afecta as súas propiedades o POL.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Faranji: neste capítulo Xurxo Ayán destripa un tipo de intelectual que coñecemos ben en Galicia

"Estando nestas, pregunta con curiosidade por que nos aloxamos nesta zona da cidade, neste guetto infame (verbas literais). Tocounos o típico artista-erudito-intelectual-clasista que renega do país que o viu nacer e que, sen embargo, lle facilita unha marxe rendible de éxito, xa que se presenta coma un pintor africano en New York, cos seus temas cálidos e humanos. E que o movemento o leva no sangue, o condanado.
Tan pronto coma un dos comensais cometeu o erro de preguntarlle pola súa obra, rematou a sobremesa e as pertinentes explicacións de Agnes. Comezou o triste monólogo do artista exilado que non ten quen lle escriba."
O capítulo enteiro en http://certo.es/index.php?page=falasha

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: Achuchar organiza un obradoiro de masaxe infantil o sábado 10 de abril


A web de Aemi é masajeinfantil.es


Ribeira, 8 de abril de 2010. A asociación Achuchar de Ribeira informa da organización dunha actividade de sensibilización da importancia da masaxe aos nenos pequenos, "dado o interese que mostrou algunha xente por este tema".


"Para facelo puxémonos en contacto con dúas monitoras de masaxe infantil pertencentes a AEMI (Asociación Española de masaxe infantil) que xa viñeran ao curso que fixeramos hai 2 anos", cóntannos. 


Elas, as monitoras, propuxeron o seguinte:


Un obradoiro dun día completo no que se fará na xornada da mañá a exposición da importancia da masaxe en xeral, cun descanso para o xantar, e no serán centrarase na práctica da masaxe na familia. 


Este obradoiro será o sábado 10 de abril. O horario será pola mañán de 11.30 a 14h, descanso do xantar, e no serán de 16.30 a 19h.  O prezo será de 30€ por familia para os non socios e 15€ os socios. Inclúe a comida (en plan picoteo), inda que se alguén prefire ir comer á casa tamén pode facelo.


O lugar que teñen solicitado é o Colexio de Deán Grande (O que está ao comezo de Coroso) 


O límite serán 20 familias. Para apuntarse, deben chamar ao 610 501 488.

 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical