Dodro, 8 de abril de 2010. O pasado día 31 de marzo a concellaría de Igualdade e Benestar organizou unha nova visita a Santiago, co fin de coñecer o entorno máis próximo (despois da realizada a primeiros de mes ás cubertas da catedral e ó museo Galicia Dixital) e realizar actividades complementarias ás Aulas de Educación Permanente para premiar o traballo e esforzo diario da xente maior do concello por seguir aprendendo e manterse activa.
Logo cursouse unha visita guiada á Cidade da Cultura no Monte Gaiás, para ver as obras deste espectacular complexo arquitectónico, os edificios rematados e o que queda pendente do proxecto que pudemos coñecer a través de maquetas. Se ben o tempo non acompañou, a xente mostrou a súa satisfacción xeral despois destas dúas viaxes por ter acceso a lugares tan próximos a nós en Santiago de Compostela e tan descoñecidos.
Nesta ocasión visitouse a Escola Galega de Consumo, onde houbo dous obradoiros: de Etiquetado e de Consumo Responsable, para axudar a facer a compra de forma máis consciente como consumidores, tendo en conta a información que ofrece a etiqueta dos produtos e o seu traxeto ata chegar ás nosas mans.
Logo cursouse unha visita guiada á Cidade da Cultura no Monte Gaiás, para ver as obras deste espectacular complexo arquitectónico, os edificios rematados e o que queda pendente do proxecto que pudemos coñecer a través de maquetas. Se ben o tempo non acompañou, a xente mostrou a súa satisfacción xeral despois destas dúas viaxes por ter acceso a lugares tan próximos a nós en Santiago de Compostela e tan descoñecidos.
Relacionada: Visita ás cubertas da Catedral, aquí
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario