9.4.10

Tecnoloxía: vídeo do Ipad para xogar ao Scrabble, con Iphones de apoio para as letras

Un aparello que une xente para xogar... e logo din que a tecnoloxía tende sempre a aillarnos!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: uns 400 rapaces entre 34 equipos xogarán o XV Campionato de Fútbol Base do Concello


A categoría prebenxamín súmase ás outras cinco xa existentes
 
Ribeira, 9 de abril de 2010.- Máis de 400 rapaces repartidos en 34 equipos, pertencentes á súa vez a seis categorías, loitarán por facerse co XV Campionato de Fútbol Base do Concello de Riveira.

As devanditas categorías son as xa tradicionais benxamín (9 equipos), alevín (8), infantil (4), cadete (5) e xuvenil (4), máis, como novidade, a categoría prebenxamín (4 equipos inscritos), que nace coa particularidade de que os dous partidos incluídos en cada xornada se celebrarán nun único campo para así acaparar a atención do público e o seguimento desta liga.

O concelleiro de Deportes, Miguel Ángel Vidal, lembrou que este Campionato pretende servir de complemento ás ligas que organiza a Federación Galega de Fútbol, de tal xeito que os rapaces podan disfrutar alomenos de oito ou nove meses de competición. Así, o calendario de cada unha destas ligas locais adáptase ás competicións oficiais, celebrándose unha vez rematadas estas últimas.

O calendario  e os equipos participantes en cada unha das ligas pódese consultar na páxina web do Concello (www.riveira.es), na súa sección de Ligas Deportivas.

Na edición do ano pasado os gañadores nas diferentes categorías foron o Sálvora (Benxamín), o CD Artes (Alevín), o Carreira (Infantil), o Atlético Oleiros (Cadete) e o Xuventú Aguiño (Xuvenil).

Supercopa

Por outra parte, á clausura das diferentes competicións que integran o Campionato de Fútbol Base se disputará un trofeo de copa que leva a denominación de Supercopa e que tamén rexistra unha interesante novidade, xa que se vai ampliar o número de categorías, sumando as modalidades infantil e cadete ás xa existentes benxamín e alevín, O ano pasado, a victoria recaeu no Sálvora (benxamín) e no CD Artes (alevín).

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Pesca: o proceso de regularización de embarcacións é un fracaso en Galicia

(Nota do Bng)
Das 2.270 embarcacións en situación irregular, unicamente do 28% se enviou solicitude á Secretaria Xeral do Mar

Madrid, 9 de abril 2010 .- En resposta a unha pregunta da deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, o Goberno Central recoñece que o proceso de regularización das embarcacións pesqueiras está a fracasar en Galiza.

O prazo previsto para o cumprimento da Lei 09/2007, do 22 de xuño, de Regularización e Actualización das Embarcacións pesqueiras no Rexistro de Buques e Empresas Navieiras e no Censo de Flota Pesqueira Operativa rematou o pasado 24 de outubro de 2009. Sen embargo, na súa resposta ao BNG o Goberno recoñece que “a Comunidade Autónoma de Galiza, polas súas características de concentración de flota pesqueira, ten un número superior de embarcacións pendente de regularizar, que conforme ás cifras que se facilitaron ascende a máis de 2.270 expedientes”.

Soamente o 30% completou o proceso de regularización

Porén, o Goberno recoñece que “até o momento unicamente se rexistraron na Secretaría Xeral do Mar para o seu informe menos dun 30% do total, quedando por tanto máis do 70% dos expedientes presentados pendentes de tramitar pola Xunta de Galiza”.

En concreto, “recibíronse 2.270 solicitudes, as que 644 (28,45%) foron remitidas á Secretaría Xeral do Mar, quedando por recibir para informe o 71,6%, que corresponde a 1.626 expedientes”.

Pola contra, no resto do Estado os dados son sensiblemente mellores, Así, o número de solicitudes presentadas ante as autoridades das Comunidades Autónomas responsábeis da súa xestión ascende a 2.958 embarcacións, das cales a Secretaría Xeral do Mar recibiu para o seu informe 1.144 expedientes, que representan o 38,7%, e faltan por recibir 1.817 expedientes, que supoñen o 61,3%.

Con todo estes datos están distorsionados polo enorme peso da flota galega sen rexistrar xa que das 2.958 embarcacións pesqueiras en situación irregular nada menos que 2.270 son galegas. Sen descontáramos estas últimas, os dados do conxunto do Estado serían moito mellores, o que evidencia que se trata dun problema moi específico de Galiza.

“Unha normativa que non se adapta á realidade galega”


Neste sentido, a deputada do BNG, Olaia Fernández Davila critica que a Lei 9/2007 “demóstrase que non se adapta á realidade galega e confirma o que xa advertíamos cando se debateu no Congreso dos Deputados: que supuña un agravio para a flota galega polas medidas e polas toneladas de rexistro bruto que se esixen para o rexistro”.

Davila critica que a normativa estatal “non ten en conta a singularidade da flota galega, que non se adecúa aos marcos legais estatais, máis pensados para a flota do Mediterráneo que para o mar de Galiza”.

En concreto, a deputada nacionalista denuncia os límites marcados para a potencia propulsora polo que pide que se cambie a lei para que as embarcacións de baixura poidan utilizar motores de até 100 cabalos de potencia”.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: Caixón Desastre, nova mostra colectiva no Centro Social durante todo abril

O sábado 10 de abril inaugúrase ás oito e media da tarde "Caixón desastre", na que participan os artistas Luis Baltar, Brais Rodríguez, Lucía Romaní, Carlos Isla e Carlos Arrojo. Pecha o venres 30 de abril.

Autorretrato de Brais Rodríguez

En Certo coñecemos "un pouco" a Brais Rodríguez (o que nos pasou esta información), debido a que non para de gañar premios de cómic por todos lados. Non o cren? Miren logo aquí e aquí

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Deportes: cartel e folleto do Circuito de Carreiras Populares "Concello de Riveira"

Estades xa en forma? A primeira é a do Corgo, o sábado 17 de abril, nuns días.

Unha proba dura (bonitas paisaxes, pero os que corren teñen pouco tempo para desfrutalas). Mirade unhas imaxes de edicións anteriores:







Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Política: o Psoe insiste na petición de dimisión polo escándalo das oposicións

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmaba hoxe na Comisión Institucional do Parlamento en resposta á comparecenia do Director Xeral da Función Pública que ”o director xeral veu ao Parlamento arrastrado e agarrado polas orellas, xa que durante 15 días estivo calado sin dar nin pío. A comparecencia é decepcionante, paréceme unha farsa, xa que aquí ninguén entona o mea culpa, e aínda teñen máis que dicir, alegando que todo era correcto e legal”.

O PSdeG CONSIDERA “UNHA TOMADURA DE PELO” QUE O DIRECTOR XERAL DA FUNCIÓN PÚBLICA RECOÑEZA QUE COÑECÍA O CASO DAS OPOSICIÓNS DO GRUPO A1 DENDE O MES DE DECEMBRO DO 2009 E NON FIXO NADA ATA QUE SAIU O ASUNTO NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Santiago de Compostela, 9 de abril 2010. O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas interviu hoxe na comparecencia do director xeral da Función Pública sobre os escándalos das oposicións na Xunta de Galicia.

Lage Tuñas considerou “unha tomadura de pelo” que o director xeral da Función Pública recoñeza que coñecía o caso das oposicións do grupo A1 dende o mes de decembro do 2009 e non fixo nada ata que saiu o asunto nos medios de comunicación.

O deputado do PSdeG sinalou na súa intervención que o Director Xeral da Función Pública “recoñeceu hoxe que encubriu e foi consentidor das anomalías detectadas nas oposicións do grupo A1 da Xunta de Galicia durante tres meses e só tomou decisións cando os medios de comunicación o fixeron público, o que é unha declaración pornográfica, é decir, obscena, en boca dun representante público.” Lage Tuñas expresou que “é insostible a posición do director xeral da Función Pública“ ao ter xustificado que o encubrimento do escándalo das oposicións foi conscientemente e dende fai máis de tres meses.

O portavoz da Área Institucional do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, José Manuel Lage, reclamou hoxe ao director xeral da Función Pública que “faga un favor ao Goberno e ao país e presente a súa dimisión”. Así o dixo logo de que este alto cargo recoñecera na súa comparecencia en Comisión parlamentaria que foi coñecedor das irregularidades nas oposicións á Xunta e “optou por encubrilo, ser consentidor e non facer nada durante tres meses”.

O Viceportavoz do Grupo Socialista manifestou a súa sorpesa “ao xustificar o director xeral que as decisións que toma o goberno baseanse na revelación por parte dos medios de comunicación das sospeitas de graves irregularidades nos procesos selectivos. Daquela temos que entender que no caso de non terse coñecido os escándalos o goberno non tería feito nada, a pesares de que sabían fai máis de tres meses da existencia de serios problemas nas oposicións do grupo A1 da Xunta de Galicia ”.

O parlamentario socialista tildou de “pornografía política” e “auténtica tomadura de pelo” a actuación da Xunta e engadiu que “non se pode vir ao Parlamento a recoñecer que se coñecía o que estaba sucedendo nas oposicións do grupo A1 e que aínda así non se fixo nada”.


Lage Tuñas lamentou que “o director xeral non tomou unha soa decisión sobre o caso do escándalo no que se viron implicados dous cargos da Consellería de Facenda. Tiveron que ser os propios funcionarios membros dos Tribunais os que tomaran a decisión de renunciar en bloque á vista de que o director xeral estaba mirando para outro lado e non tomaba decisións”.


Así mesmo, criticou que o Director Xeral recoñecera filtracións nos exames dos grupos C1 e C2 da Xunta de Galicia do pasado mes de outubro de 2009 “pero non asumiu ningunha responsabilidade polo sucedido, escudándose en que xa o remtiran á fiscalía, é dicir, aquí non hai goberno nin responsable políticos das filtracións”.


Lage Tuñas preguntoulle ao Director Xeral sobre “os 32 procesos selectivos que permanecen abertos” e aos que fixo referencia na súa intervención. “Pode vostede garantizar que non hai ningunha irregularidade ou anomalía nestos procesos selectivos? Pode dar garantías de imparcialidade e limpeza nos procesos?” a resposta do Director Xeral foi o silencio a pesar da insistencia do deputado socialista.

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmaba hoxe que ”precísanse grandes cambios nos sistemas de exame das oposicións da Xunta e non parches nin remendos. A demostracción de que os escándalo son maiúsculos está na urxencia do remendo que acaba de colocar Feijóo para tentar tapar os escándalos” advertía Lage Tuñas.

Onte, publicouse:

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmaba hoxe que ”Feijóo intenta tapar cun remendo buratos demasiado grandes nas oposicións da Xunta de Galicia. O Presidente da Xunta faría ben en preocuparse da posible existencia de máis casos de irregularidades ou incluso nepotismo na Administración Autonómica.”

O PSdeG DENUNCIA QUE “O REMENDO PRESENTADO HOXE POR NÚÑEZ FEIJÓO NON SIRVE PARA TAPAR OS BURATOS QUE HAI NAS OPOSICIÓNS DA XUNTA DE GALICIA NIN IMPIDE A APARICIÓN DE NOVOS ESCÁNDALOS”.

Santiago de Compostela, 8 de abril 2010. O Viceportavoz do Grupo Parlamentario Socialista, José Manuel Lage Tuñas, explicou hoxe que “o acordo tomado hoxe polo consello da Xunta non resolve o grave problema de alarma social que existe ó redor das oposicións da Xunta de Galicia, e non dan satisfacción ao grupo parlamentario socialista, que vén denunciando a existencia de graves sospeitas de irregularidades en diferentes procesos selectivos de acceso á función pública galega.”

Lage Tuñas afirmaba hoxe que ”Núñez Feijóo intenta tapar cun remendo buratos demasiado grandes nas oposicións da Xunta de Galicia. O Presidente da Xunta faría ben en preocuparse da posible existencia de máis casos de irregularidades ou incluso de nepotismo na Administración Autonómica.”

Dende o PSdeG denuncian que “o remendo presentado hoxe por Núñez Feijóo non sirve para tapar os buratos que hai nas oposicións da Xunta de Galicia nin impide a aparición de novos escándalos, por iso os socialistas galegos defendemos unha reforma en profundidade da función pública e dos procesos selectivos para acceder a un emprego público. Nestos momentos o goberno galego non ofrece garantías suficientes de limpeza nos procesos selectivos, como xa se ten demostrado nos pasados quince días e como se volverá a ver seguramente coa aparición de novos escándalos ó redor das oposicións”.

os socialistas galegos creen que “Feijóo estase convertindo en cómplice dos escándalos das oposicións ao non cesar ao Director Xeral da Función Pública (man dereita de Carlos Negreira no PP da cidade da Coruña, onde é o secretario xeral local) e mirar para outro lado diante de situación claramente irregulares e inmorais”.

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas expesaba despois de coñecer o acordo do consello da Xunta que “as situacións irregulares que se están vivindo en diferentes procesos selectivos na Xunta de Galicia non se resolven con remendos nin reformiñas, xa que o alcance das mesma é insuficiente ao non abarcar tódolos supostos posibles, e evitan o cese do responsable político da función pública, cando é unha medida imprescindible”.

Lage Tuñas considera que “Feijóo quere saír de rositas sin romper un só prato na cúpula do goberno, pero recórdolle que xa tiveron que dimitir varios Tribunais e mesmo dous cargos da Consellería de Facenda, e só queda que por hixiene democrática cese ao Director Xeral da Función Pública (man dereita de Carlos Negreira no PP de A Coruña), xa que este sujeto foi encubridor e consentidor do escándalo das oposicións do grupo A1 da Xunta, onde se mezclaban nos tribunais examinadores e examinados”.

Lage Tuñas dixo hoxe que “a conselleira de Facenda foi desautorizada por Carlos Negreira e polo aparato do Partido Popular cando intentou cesar ao director xeral da Función Púlica, o que a deixa en mal lugar ao verse que non ten autoridade para tomar decisións sobre o equipo da propia consellería de Facenda”.

O Viceportavoz socialista no parlamento galego preguntouse ”por qué remendan as instruccións sobre Tribunais senón hai nada irregular como din Feijóo e Rueda?.”

“O goberno galego non pode decir que non houbo irregularidades cando falar das oposicións da Xunta está asociándose perigósamente a palabras como filtraccións, irregularidades, nepotismo ou escándalo”.

Lage Tuñas defenderá en nome do PSdeG-PSOE no vindeiro pleno do Parlamento unha Proposición Non de Lei que inclúe “cambios profundos no sistema de selección dos tribunais das oposicións na administración pública galega, para evitar cambalaches e trapicheos coma os que xa se teñen producido”.

O responsable da Área Institucional do Grupo Socialista recordaba hoxe que “José María Barreiro (DX Función Pública) fixo esta semana declaracións pornográficas recoñecendo que era coñecedor das irregularidades e inmoralidades que se estaban producindo nos procesos selectivos de acceso ao grupo A1 da Xunta de Galicia. Barreiro dixo que dimitían os membros do Tribunal por alarma social e non porque o Goberno vira nada ilegal, o que é unha auténtica barbaridade, ademais de resultar pornográfico e deixa claro que senón houbese alarma social seguirían mirando para outro lado”.

Lage Tuñas explica que “o director xeral da Función Pública foi consentidor e encubridor do escándalo das oposicións nas que participan dous cargos de Facenda xa que coñecía dende fai tempo a situación de desigualdade e falta de imparcialidade que se estaba producindo tal e como recoñeceu en diferentes medios de comunicación, ao terse celebrado unha proba das oposicións compartindo estos cargos de Facenda o tribunal cos mesmos que os examinaban e evaluaban a eles”.

O Viceportavoz do Grupo Socialista, José Manuel Lage afirmaba hoxe que ”precísanse grandes cambios nos sistemas de exame das oposicións da Xunta e non parches nin remendos. A demostracción de que os escándalo son maiúsculos está na urxencia do remendo que acaba de colocar Feijóo para tentar tapar os escándalos” advertía Lage Tuñas.

O Viceportavoz do Grupo Socialista afirmou hoxe que “Alfonso Rueda leva un ano sendo conselleiro da Presidencia e Admon Pública, e ata que lle puxemos luz ás sospeitas de graves irregularidades nas oposicións, non fixo nada para cambiar nin o proceso de elaboración nin o sistema de tribunais. Agora o que se precisa é unha reforma urxente e profunda da Función Pública e non remendos express para sair do paso”.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Ribeira: o Concello adica o abril literario aos monicreques

Ribeira, 8 de abril.- O tradicional Abril Literario do Concello de Ribeira vai estar dedicado este ano ao mundo dos monicreques e, con tal motivo, a Concellería de Cultura e Festexos está a organizar, coa colaboración da Concellería de Educación, un total de catro divertidas actuacións que serán representadas no Auditorio Municipal nos distintos fins de semana, baixo a denominación de Terceira Mostra “Ti-ti Ritando de Emoción”.

    A programación é a que segue:

Sábado, 10 de abril
TITERES BURATINI
Pazo de Papel

Sábado, 17 de abril
TÍTERES TITIRIMAÑA
Xoaniña Dentes Verdes

Sábado, 24 de abril
TÍTERES CACHIRULO
A guerra das Galicsias

Venres, 30 de abril
TÍTERES VIRAVOLTA
Hip, Hip, Hurra!

   Todas as funcións terán lugar no Auditorio Municipal ás 19.00 horas, que foi engalanado para a ocasión co adorno de diferentes títeres. A entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo. As entradas poderanse retirar media hora antes das funcións.

 

Día do Libro

Ademais, haberá outra función especial no Día do Libro, 23 de abril. Nesta actividade, que está programada para as 10 horas, participarán alumnos/as de Segundo e Terceiro Ciclo de Educación Primaria dos centros educativos de Riveira, para os cales se reservaron 25 prazas por colexio até encher o aforo das 278 butacas.

Segundo declarou o edil Luciano Fernández, todas estas actuacións están concebidas co obxectivo de promocionar e divulgar o mundo da literatura, con especial fincapé na lingua galega.

Teatro

Por outra parte, e complementando a programación do Abril Literario, o vindeiro mércores 14 e xoves 15 haberá unha representación teatral dirixida a Primaria e Secundaria coa colaboración de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia. Trátase da compañía “Limiar” coa obra “Os 4 da Xunqueira”, que realizarán dous pases cada un dos días, ás 10.30 e ás 12.00 h, polo que serán máis de 1.000 alumnos/as dos centros educativos de Riveira os que poidan disfrutar deste espectáculo.


Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: os socialistas editaron un novo boletín municipal ("Forte e claro") e actualizaron o seu blog

Boiro: Servizos Sociais tramita axudas non periódicas para o colectivo da terceira idade, discapacitados e en situación de dependencia


Hai axudas para próteses dentais e auditivas

Boiro, 8 de abril de 2010. O departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro informa da convocatoria de axudas non periódicas para persoas maiores, persoas con discapacidade e persoas en situación de dependencia, empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia.
A finalidade destas axudas é a de colaborar en gastos tales como:

    * Axudas técnicas ou produtos de apoio para o normal desenvolvemento da vida diaria.
    * Facilitar a adaptación funcional do fogar e a eliminación de barreiras arquitectónicas.
    * Adquisición de próteses dentais e auditivas.

Poderán ser beneficiarias aquelas persoas que cumpran os seguintes requisitos:

    * Persoas maiores cunha idade igual ou superior aos 65 anos
    * Persoas con discapacidade menores de 65 anos que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33%.
    * Persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia nos seguintes graos e niveis:

         1. grao III , nivel 1 e 2
         2. grao II, nivel 1 e 2.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o vindeiro día oito de maio do que andamos. Todas aquelas persoas interesadas poderán solicitar máis información no departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Rianxo: un sobriño neto uruguaio de Rafael Dieste conta unha anécdota do escritor

Enrique Dieste

Un breve cuento, CON Rafael.

Soy sobrino nieto de Rafael,nací y vivo en la pequeña ciudad de Artigas, al norte del Uruguay, en la frontera con Brasil... y tengo un relato gracioso sobre Rafael.

Allá por 1957 -lo estimo pensando en mi probable edad el día del episodio - encontrándose Rafael de visita en casa de mis abuelos, salió, de tardecita, a caminar por la ciudad, acompañado de su sobrino Eladio, el ingeniero del que, con seguridad, han oído hablar y que no vivía en Artigas.

Por ahí les dio sed y se detuvieron en un pequeño bar de barrio donde se tomaron un par de "Cocacolas". Cuando fueron a pagar... no llevaban dinero. De nada les sirvió tratar de aclarar que estaban en la casa de "Don Eladio", el hermano de Rafael. ¡¡Rafael tuvo que quitarse el reloj!! En aquel tiempo todos los relojes eran de valor... y dejarlo allí.

Me dieron el dinero, allá marché en mi bicicleta y, pagado el rescate, volví con el preciado reloj.

Miragres de Internet. Agradecemos o comentario e a confidencia, e celebramos que nos lean na outra ourela.
O comentario foi posto hoxe mesmo na entrevista que lle fixemos á directora de cinema Xudit Casas, pola curta que fixo sobre un relato de Rafael Dieste. En http://certo.es/index.php?page=xudit_casas

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: valoracións sobre unha foto do Antigo Hospital do Espíritu Santo de Adentro

Miren o fío de comentarios logo do concurso de adiviñar onde estaba o sitio: isto si que é facer promoción activa dun ben cultural!

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Porto do Son: charla sobre as UXFOR hoxe venres ás oito e media

(Mensaxe chegada hai 27 minutos)

O BNG convócavos á charla informativa sobre a situación actual das "UXFOR" (Unidades de Xestión Forestal creadas durante o anterior goberno bipartito da Xunta) e "Fiscalidade dos Montes". Agardando contar coa vosa asistencia, recebide un cordial saúdo.
Xosé Agapito Romeiro
Responsábel Comarcal de Organización do BNG
 
Data Día Hora Formato Ámbito Acto Comarca Localidade Lugar Oradores/as Observacións Responsábel Acto
09/04/10 venres 20:30 Charla Informativa Comarcal Muros-Noia Porto do Son Antigo Concello de Porto do Son Tereixa Paz / X. Antonio Meixide UXFOR e fiscalidade dos montes Manuel González  678325034


 

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical