A categoría prebenxamín súmase ás outras cinco xa existentes
Ribeira, 9 de abril de 2010.- Máis de 400 rapaces repartidos en 34 equipos, pertencentes á súa vez a seis categorías, loitarán por facerse co XV Campionato de Fútbol Base do Concello de Riveira.
As devanditas categorías son as xa tradicionais benxamín (9 equipos), alevín (8), infantil (4), cadete (5) e xuvenil (4), máis, como novidade, a categoría prebenxamín (4 equipos inscritos), que nace coa particularidade de que os dous partidos incluídos en cada xornada se celebrarán nun único campo para así acaparar a atención do público e o seguimento desta liga.
O concelleiro de Deportes, Miguel Ángel Vidal, lembrou que este Campionato pretende servir de complemento ás ligas que organiza a Federación Galega de Fútbol, de tal xeito que os rapaces podan disfrutar alomenos de oito ou nove meses de competición. Así, o calendario de cada unha destas ligas locais adáptase ás competicións oficiais, celebrándose unha vez rematadas estas últimas.
O calendario e os equipos participantes en cada unha das ligas pódese consultar na páxina web do Concello (
www.riveira.es), na súa sección de Ligas Deportivas.
Na edición do ano pasado os gañadores nas diferentes categorías foron o Sálvora (Benxamín), o CD Artes (Alevín), o Carreira (Infantil), o Atlético Oleiros (Cadete) e o Xuventú Aguiño (Xuvenil).
Supercopa
Por outra parte, á clausura das diferentes competicións que integran o Campionato de Fútbol Base se disputará un trofeo de copa que leva a denominación de Supercopa e que tamén rexistra unha interesante novidade, xa que se vai ampliar o número de categorías, sumando as modalidades infantil e cadete ás xa existentes benxamín e alevín, O ano pasado, a victoria recaeu no Sálvora (benxamín) e no CD Artes (alevín).
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario