Download now or preview on posterous
05-02-10 Regularización embarcacione spesqueras Registro buques.pdf (91 KB) (Nota do Bng)
Das 2.270 embarcacións en situación irregular, unicamente do 28% se enviou solicitude á Secretaria Xeral do Mar
Soamente o 30% completou o proceso de regularización
Porén, o Goberno recoñece que “até o momento unicamente se rexistraron na Secretaría Xeral do Mar para o seu informe menos dun 30% do total, quedando por tanto máis do 70% dos expedientes presentados pendentes de tramitar pola Xunta de Galiza”. En concreto, “recibíronse 2.270 solicitudes, as que 644 (28,45%) foron remitidas á Secretaría Xeral do Mar, quedando por recibir para informe o 71,6%, que corresponde a 1.626 expedientes”.Pola contra, no resto do Estado os dados son sensiblemente mellores, Así, o número de solicitudes presentadas ante as autoridades das Comunidades Autónomas responsábeis da súa xestión ascende a 2.958 embarcacións, das cales a Secretaría Xeral do Mar recibiu para o seu informe 1.144 expedientes, que representan o 38,7%, e faltan por recibir 1.817 expedientes, que supoñen o 61,3%. Con todo estes datos están distorsionados polo enorme peso da flota galega sen rexistrar xa que das 2.958 embarcacións pesqueiras en situación irregular nada menos que 2.270 son galegas. Sen descontáramos estas últimas, os dados do conxunto do Estado serían moito mellores, o que evidencia que se trata dun problema moi específico de Galiza.
“Unha normativa que non se adapta á realidade galega”

Neste sentido, a deputada do BNG, Olaia Fernández Davila critica que a Lei 9/2007 “demóstrase que non se adapta á realidade galega e confirma o que xa advertíamos cando se debateu no Congreso dos Deputados: que supuña un agravio para a flota galega polas medidas e polas toneladas de rexistro bruto que se esixen para o rexistro”. Davila critica que a normativa estatal “non ten en conta a singularidade da flota galega, que non se adecúa aos marcos legais estatais, máis pensados para a flota do Mediterráneo que para o mar de Galiza”.En concreto, a deputada nacionalista denuncia os límites marcados para a potencia propulsora polo que pide que se cambie a lei para que as embarcacións de baixura poidan utilizar motores de até 100 cabalos de potencia”.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario