13.4.10
Ribeira: o alcalde visitou o Salón Internacional do Gourmet en Madrid, no que participan tres empresas da Centenaria

Ribeira, 13 de abril.- O alcalde de Ribeira e senador José Luis Torres Colomer visitou hoxe en Madrid o XXIV Salón Internacional do Club de Gourmets a invitación da firma Pescaldía: unha das tres empresas do municipio que está a participar dende onte neste certame. Ademais de desprazarse ao stand de Pescaldía, o rexedor ribeirense visitou tamén os módulos expositivos que teñen no parque feiral de Ifema as conserveiras Frinsa e Lou.
A presenza de tres firmas ribeirenses nun referente feiral a escala internacional nos sectores da gastronomía e da alimentación "constata a importancia de Ribeira como primeiro porto de baixura de España e de Europa, con cifras tan relevantes como os 38,2 millóns de quilos de peixe e mariscos descargados no 2009 e, igualmente, os 38,2 millóns de euros de facturación, destacando a captura de especies como a caballa, o xurel, o lirio ou a merluza", apuntan en nota de prensa dende o Concello.
Torres Colomer, senador e alcalde de Ribeira polo PP
No transcurso desta visita, José Luis Torres, departiu co xerente de Pescaldía, Ignacio Vázquez Abad, e salientou o gran esforzo que está a realizar esta empresa na comercialización de produtos pesqueiros frescos de calidade, con innovadores sistemas nos labores de transformación e procesado.
Así mesmo, quixo salientar a presenza no Salón dun empresa líder no sector conserveiro como é Frinsa, e doutra conserveira que se ben posúe carácter artesanal destaca igualmente polos seus produtos de calidade: Lou, con sede na parroquia de Castiñeiras.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Rianxo: un interesante artigo sobre Santa Columba
Um dos meus lugares preferidos de Rianjo é a atalaia que sobre a praça de Rafael Dieste forma o adro da igreja. Esta plataforma permite-nos ver o varandão do paço de Martelo à altura dos nossos olhos, estar por cima do cruzeiro e ter uma perspectiva única do conjunto da praça.
A igreja é uma autêntica jóia, uma mistura de estilos bem engastados formando um conjunto harmónico e de indubitável beleza. Mália não ser um templo muito grande há numerosos elementos ornamentais que impressionam ao visitante, emanando como um perfume a mistério sem desvelar. Não conheço muitos trabalhos em profundidade sobre a igreja rianjeira; destacar, se calhar, o de Begoña Fernández Rodríguez, El Tema del Juicio Final : el ejemplo de Santa Columba de Rianxo.
Quem visite Santa Columba tem a obriga de prestar atenção na cruz cumial que pintara Castelao; na decoração duma janela na parede norte com imagens de São Blas e Santa Águeda; numa Piedade possivelmente do s. XII que se encontra no interior, conservando parte da policromia original e sobre tudo, ao meu ver, deambular ao redor do templo gozando da maravilhosa colecção de modilhões que povoam a cornija. Paga a pena jogar a ser Panofsky e tentar adivinhar que representam esses rostos que nos contemplam desde as alturas, perguntar-se que pretendeu ensinar-nos o artista com a sua lição pétrea. Com a minha câmara compacta tirei umas fotos de não muita qualidade mas suficiente como invitação a contemplação e entretenimento da imaginação.
Foto en Flickr de Amaianos, en http://www.flickr.com/photos/aamaianos/2710404597/
Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Cultura: o ribeirense Xosé Ramón Barreiro Fernández, premio Trasalba 2010

Xosé Ramón Barreiro Fernández na Galipedia Ribeira, 13 de abril de 2010. A Fundación Otero Pedrayo, que convoca e outorga o premio Trasalba, decidiu premiar nesta edición de 2010 a Xosé Ramón Barreiro Fernández pola súa traxectoria como historiador renovador da historiografía galega e pola liña do seu traballo, que segundo a Fundación "representa a memoria de Otero Pedrayo e a Xeración Nós". O galardón será concedido nunha cerimonia prevista para o 27 de xuño.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira: alumnos do colexio de Palmeira axudan a limpar as ourelas do río Azor
Desprazáronse á zona obxecto dos traballos a concelleira de Medio Ambiente de Ribeira, Elvira Pereira; e o tenente de alcalde Vicente García, quen avanzou que se seguirá adecuando o entorno substituíndo a pasarela existente para cruzar o canle do río por unha ponte de madeira. A actuación será realizada pola brigada municipal de obras.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia