Ribeira, 13 de abril.- O alcalde de Ribeira e senador José Luis Torres Colomer visitou hoxe en Madrid o XXIV Salón Internacional do Club de Gourmets a invitación da firma Pescaldía: unha das tres empresas do municipio que está a participar dende onte neste certame. Ademais de desprazarse ao stand de Pescaldía, o rexedor ribeirense visitou tamén os módulos expositivos que teñen no parque feiral de Ifema as conserveiras Frinsa e Lou.
A presenza de tres firmas ribeirenses nun referente feiral a escala internacional nos sectores da gastronomía e da alimentación "constata a importancia de Ribeira como primeiro porto de baixura de España e de Europa, con cifras tan relevantes como os 38,2 millóns de quilos de peixe e mariscos descargados no 2009 e, igualmente, os 38,2 millóns de euros de facturación, destacando a captura de especies como a caballa, o xurel, o lirio ou a merluza", apuntan en nota de prensa dende o Concello.
Torres Colomer, senador e alcalde de Ribeira polo PP
No transcurso desta visita, José Luis Torres, departiu co xerente de Pescaldía, Ignacio Vázquez Abad, e salientou o gran esforzo que está a realizar esta empresa na comercialización de produtos pesqueiros frescos de calidade, con innovadores sistemas nos labores de transformación e procesado.
Así mesmo, quixo salientar a presenza no Salón dun empresa líder no sector conserveiro como é Frinsa, e doutra conserveira que se ben posúe carácter artesanal destaca igualmente polos seus produtos de calidade: Lou, con sede na parroquia de Castiñeiras.
Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario