2.3.12

Dodro: o Día da Muller Traballadora incluirá unha homenaxe de catro horas no salón de plenos

CARTEL 8 de marzo.pdf Download this file

Dodro, 2 de marzo de 2012. Con motivo da celebración o día 8 de marzo do Día Internacional das Mulleres, a Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro está a organizar unha “Homenaxe á muller traballadora de Dodro”. 

Terá  lugar o xoves 8 de marzo no Salón de Plenos do Concello de 17h a 21h.

Haberá  unha pequena mostra, a modo de exposición, de mulleres traballadoras e emprendedoras de Dodro con diferentes profesións e ocupacións, así  como un relatorio da vida de cada unha delas. Profesións tan dispares como costureira, operaria de fábrica, traballadora do campo, escritora, maestra, rosquilleira, pintora, emigrante, florista, carteira, etc,... e por suposto ama de casa. 

No acto darase lectura á unha declaración con motivo da celebración do día internacional das mulleres e todas as mulleres asistentes recibirán un pequeno agasallo. 

Esta concellería quere aproveitar este día para manifestar a vontade do Concello de Dodro de traballar decididamente polo recoñecemento das capacidades e valía das mulleres e polo seu dereito a participar de xeito igualitario en calquera ámbito de actividade, potenciando todas aquelas accións que melloren a compatibilización da vida familiar, persoal e laboral.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o Día Internacional da Muller Traballadora honrará ás perruqueiras máis veteranas

  • Será nun acto que se celebrará no Salón de Plenos o día 8 de marzo

Media_httpfarm4static_akdcq

Ribeira, 2 de marzo de 2012.- Namentres que en concellos non moi lonxanos como Lousame se optou por homenaxear ás mulleres vinculadas ao traballo sanitario, en Ribeira, o vindeiro xoves 8 de marzo, conmemórase o Día Internacional da Muller Traballadora distinguindo este ano ao colectivo das perruqueiras.

Con tal motivo, e simbolizando ás integrantes desta profesión, a perruqueira máis antiga de cada unha das parroquias do municipio (dúas no caso da cidade) vai ser distinguida nun acto que terá lugar o próximo xoves no Salón de Plenos da Casa Consistorial. Será ás 12 do mediodía e estará presidido polo alcalde Manuel Ruiz.

O Centro de Información á Muller (CIM), dependente da Concellería de Igualdade que dirixe Aroa Fernández, xa está inmersa nos preparativos do evento.

Cabe lembrar que o ano pasado recoñeceuse o labor das coidadoras de persoas dependentes.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: reordenan a circulación en Abesadas, con algunhas rúas de sentido único

Abesadas.pdf Download this file

Media_httpfarm5static_rxqax


Ribeira, 2 de marzo de 2012.- Tal e como xa adiantara a voceira Herminia Pouso, o Concello está a traballar en distintas actuacións encamiñadas á renovar o barrio de Abesadas e, nesta orde de cousas, xa se concretou a reordenación do tráfico nesta zona de cidade: unha medida que se pretende implantar neste mes e coa que se quere facer máis fluída a circulación de vehículos sen ter necesidade de diminuír por isto o número de prazas de estacionamento. 

Así e logo, a opción pola que se decantou o Executivo Local para acadar este obxectivo foi a de converter en vías de sentido único boa parte das rúas de Abesadas, principalmente as enclavadas no interior, deixando as que circunvalan o barrio como de dobre dirección. 

Así, e segundo o que se pode observar no plano adxunto, seguirán sendo de dobre dirección a avenida da Constitución (a excepción do pequeno tramo que sae de Miguel Rodríguez Bautista, que de feito xa é de dirección única na actualidade) e Xosé Ramón Barreiro. Tamén será de dobre sentido o tramo da rúa Estatuto máis próximo á rotonda de serea (9 de agosto). Pola contra, no tramo comprendido entre o colexio Galaxia e o parque de Abesadas esta rúa será dunha única dirección. 

Tamén serán vías de único sentido as rúas Clara Campoamor, Abesadas, Xohana Torres e Carlos Casares.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: o Día Internacional da Muller Traballadora celébrase o domingo 11 de marzo

Lousame_11_marzo

Estará adicado ás traballadoras da saúde

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: logo de anos estancada, pode saír adiante a ampliación do polígono da Tomada

  • Veuna presentar hoxe Lucía Molares, directora xeral de Sepes -entidade estatal do solo, non confundir cos estomatólogos-
  • Prevén amplialo en 106.000 metros cadrados "para responder á demanda de solo empresarial e crear emprego"
  • Investiranse 4,7 millóns de euros a través de Sigalsa, pero só se licitarán as obras cando se venda polo menos a metade do novo solo "para garantir así que os recursos públicos se invisten onde realmente se precisa"

A Pobra do Caramiñal, 2 de marzo de 2012. O  concello de A Pobra do Caramiñal contará con 106.350 metros cadrados máis de solo industrial, grazas á ampliación do parque empresarial A Tomada que acometerá Suelo Industrial de Galicia (Sigalsa), sociedade da que é accionista maioritaria Sepes -Entidad Estatal de Suelo-, dependente dp Ministerio de Fomento, na que tamén participan a Xunta de Galicia e Novagalicia Banco.

Unha vez concluida a ampliación de A Tomada (non aventuran datas, e non semella que sexa para logo, xa que hai que vender primeiro a metade do chan novo, e non están os tempos para ledicias financieiras), o municipio contará con cerca de 250.000 metros cadrados de solo urbanizado para actividade industrial, capaz de acubillar ata 68 empresas.

Lucía Molares puxo o dedo na ferida ao explicar que “no podemos permitirnos, como ocurre ahora mismo, ir por las carreteras de España e ir viendo un gran número de polígonos que están completamente vacíos, deteriorándose día a día y sin empresarios instalados”, ao que engadiu que “la transformación del suelo es un ejercicio muy costoso y debe atender a una necesidad y oportunidad de progreso real. Más aún si se urbaniza con fondos públicos. En este caso, sabemos que hay demanda suficiente”. Deste xeito os novos xestores queren evitar o que aconteceu na época do goberno de Manuel Fraga, onde cada concello tiña o seu polígono aínda que non houbera demanda e moitos deles seguen hoxe como ermos e lembranza dunha moi mala planificación dos cartos públicos.

Parcelas entre 500 m2 e máis de 2.200

Dos 106.350 metros cadrados que se teñen previsto engadir, o 71,8% (76.431 m2) irá ocupado polas propias parcelas de uso industrial. O resto vaise destinar a viales (14,9%, 15.900 m2), zonas verdes (11%, 11.767 m2) e equipamientos (2,1%, 2.252 m2).

Estará dotado cos mellores servizos requeridos polas empresas: abastecemento de auga, rede de saneamento, red eléctrica, alumeado, telecomunicacións e gas; e contará coas conexións viarias das que xa dispón o polígono actual, autovía de Barbanza e estrada AC-302 Ribeira- A Pobra.

120302_atomada

120302 A Tomada, plano y características.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Barbanza: Curota Sound, I certame para grupos novos da bisbarra

Cartel_curotasound

Xa están abertas as inscricións. Organiza a asociación cultural Borobó. En breve máis información

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical