11.1.13

Rianxo: a editora Axóuxere terá, de xeito excepcional, a tres escritores na súa residencia entre febreiro e abril

  • É unha decisión motivada pola "alta concorrencia e a calidade das propostas presentadas"
  • A casa de Axóuxere en Xens configúrase como un espazo creativo "aberto para o despregue persoal e comunitario"

Media_httpfarm9static_xfiab

A última escritora que pasou pola residencia de Axóuxere foi Nerea Pallares

Rianxo, 11 de xaneiro de 2013. A iniciativa cultural de Nora Viéitez, Rafael Xaneiro, Roberto Abuín e Xosé Manuel Tubío, Axóuxere Editora, está a ter un éxito enorme nas súas convocatorias. O boca a orella para ocupar un dos cuartos na casa da aldea rianxeira espallouse como o centeo nun día de vento e tamén as redes sociais (http://axouxerestream.com) contribuíron a que a convocatoria para a Residencia de Inverno 2013 recibise un número alto de propostas, "a maior parte delas interesantes", aseguran. Mais iso implica unha gran responsabilidade e explican que "coñecendo que a nosa tarefa como xestores culturais debe ser a de dinamizar e facer medrar o espectro contemporáneo na arte, na literatura e no pensamento, finalmente decidimos seleccionar non só unha proposta senón tres. A excepcionalidade desta decisión débese, como xa dixemos, á alta concorrencia, e á calidade das propostas presentadas. Deste xeito, lamentando ter que deixar outras -tan válidas ou tan interesantes como as elixidas- á marxe, presentamos as candidaturas que seleccionamos. Estas candidaturas concorrerán entre o mes de Febreiro e o de Abril (tres meses, polo tanto), mantendo a editora contacto cos elixidos a fin de determinar o tempo da súa estancia".

As candidaturas elixidas son:

Media_http4bpblogspot_ygnci

Amilcar Bettega Barbosa (escritor e tradutor de Brasil)

Chiara Bertin (artista visual de Italia, agora en USA)

Elisa Iglesias Gil (Galiza)

Un espazo aberto e de benvida

Segundo argumentan os responsables de Axóuxere, "a intención da Residencia de Escritores é a de permitir o desenvolvemento dun espazo e tempos propicios para o despregue persoal, comunitario e creador. É por iso que, malia ter que seleccionar unha ou unhas poucas propostas de cada Convocatoria, a idea é que o espazo de Axóuxere estea aberto á convivencia comunal. É deste xeito un espazo ao que quen quixera coñecernos e compartillar con nós pode achegarse; a este noso pequeno, pero confortable lar. Océano-Universo".

Relacionada:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: remataron as obras nas escolas unitarias de Chenlo, Bexo e Vigo

Media_httpfarm4static_hrtiw

Imaxe dunha unitaria reconvertida en centro social. A arquitectura das unitarias galegas é semellante en todas

Dodro, 11 de xaneiro de 2013. Nestes últimos días o Concello de Dodro rematou pequenas obras de acondicionamento nas escolas unitarias de Chenlo, Bexo e Vigo. Nas escolas de Bexo e Vigo instaláronse dúas bombas de calor co fin de sustituir as estufas eléctricas tradicionais e que supoñían un alto consumo polo elevado número de horas que debían estar acesas sobre todo no inverno. Ao mesmo tempo, e no tempo máis caluroso, o uso destas bombas permitirá manter un mellor ambiente nas aulas.

    Na escola de Chenlo foi sustituido o chan por un novo, xa que o anterior facía prácticamente impracticable o seu uso para as actividades dos máis cativos. O importe total destas obras foi de 2.400 euros, ao que se sumaron 940 euros que o CRA de Dodro asumeu para poder completar xa neste ano a reforma do chan nas dúas aulas da Escola de Chenlo, en lugar dunha, tal e como estaba previsto nun inicio.

    O estado no que se atopan as escolas unitarias de Dodro esixe continuas reparacións dado que nos derradeiros anos as inversións de mantenemento foron moi escasas, provocando o seu deterioro, e encarecendo agora as reformas necesarias. "Nembargantes, o goberno do Concello de Dodro mantén o seu compromiso, dentro das súas posibilidades económicas, de atender as demandas no eido educativo", asegurou Marisol Boga, tenente de alcalde polo Partido Popular.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: a confraría relixiosa "Irmandade da Paixón de Cristo" pide axuda para restaurar imaxes

Procesion_irmandade_de_cristo

Rianxo, 11 de xaneiro de 2013. A IRMANDADE DA PAIXÓN DE CRISTO de Rianxo vén de emitir un comunicado no que pide colaboración veciñal para o arranxo e restauración das imaxes de Semana Santa.

Poden facerse donativos na conta de La Caixa nº 2100 4694 97 0100221227
ou informarse nos teléfonos 981860611 e 662070579.

"A IRMANDADE DA PAIXÓN DE CRISTO agradece de antemán a xenerosidade e esforzo para mellorar estas imaxes tan queridas por todos", remata.

Creada en 2011

A organización ou confraría "Irmandade da Paixón de Cristo" é unha iniciativa popular tan importante e mesmo diría transcendental para que a Semana Santa se celebre co esplendor e devoción populares que se ven celebrando que, sen ela, case seguro que iriía esmorecendo algo tan esencial na tridición relixiosa de Rianxo. Recordo tempos nos que toda a Comarca da Barabanza, desde Padrón ata Ribeira, incluídas xentes da montaña (Vilar, Campelo Bustelo, Teao, etc. vilña á Semana Santa de Rianxo lucindo as súas mellores vestimentas para vela a Semana Santa de Rianxo para ver escoita os cantos relixiosos interpretados, como masa coral tres voces polo pobo de Rianxo. Grazas a esta irmadade, continúa. Parabéns, pois, e perdure.

Escrito no seu día por Manuel Dourado Deira, recén finado.
Vía http://semanasanta.galiciadigital.com

Facebook desta confraría relixiosa:
http://www.facebook.com/pages/Irmandade-Da-Paixon-De-Cristo/279917485395441

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: ata fin de xaneiro para anotarse aos obradoiros de risoterapia de febreiro para mulleres

Noia, 11 de xaneiro de 2013. A Concellería de  Benestar e Igualdade do Concello de Noia, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza uns obradoiros de “RISOTERAPIA” orientados ás mulleres veciñas da nosa localidade.

Con esta actividade preténdese promover tanto o benestar físico coma o psicolóxico e social das mulleres, dende unha perspectiva integral, educativa e lúdica, que proporcione espazos de participación e favorezan a dinamización comunitaria.

Todas aquelas mulleres que desexen participar, podrán inscribirse no Centro de Información as Mulleres do Concello de Noia ata o 31 de xaneiro do 2013; edificio de  Servizos Sociais, sito na rúa do Curro nº2 , 1º andar.

Os obradoiros son de carácter gratuíto e a súa realización terá lugar a mediados do vindeiro mes de febreiro (data por definir). Estarán formados por seis talleres cunha duración de hora e media  cada un de eles.

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical