Esta compañía procesa en Galicia miles de toneladas anuais de mexillón (10.407 t no 2008), que chegan á factoría en camións procedentes das rías galegas. Con máis de 50 anos de experiencia no sector de procesado e distribución de produtos do mar, a
empresa desenvolve a actividade de cocción, transformación e elaboración de diferentes produtos, incluíndo a preparación de precociñados, así como a súa conxelación e comercialización. A factoría posúe viveiros de cultivo de mexillón fondeados na Ría de Arousa e, desde 1997 participa maioritariamente en dúas sociedades que operan en Chile: Sociedad Huimar Limitada e Galaico Chilena de Pescados y Mariscos. Ademais, a compañía ten unha forte orientación internacional e está presente en practicamente todos os mercados europeos, sendo os principais España, Francia, Italia, Portugal, Grecia, Turquía, Alemaña, Bélxica, Suíza, Reino Unido, Holanda, Dinamarca e Rusia, e ten establecidos vínculos comerciais con moitas cadeas maioristas e de distribución, onde compite en prezo. O 60% do seu produto
comercializado vai destinado á exportación.Podería estar relacionada:
Polémica: a Xunta subvenciona unha empresa dun armador ao que acusan de pirata pesqueiro
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia