Boiro, 13 de xaneiro de 2011. O Consello da Xunta de Galicia autorizou á Consellería de Economía e Industria a apoiar, mediante a concesión dun aval por importe de 8.123.000 euros, o plan de negocio que prevé impulsar Paquito, S.L., coa finalidade de apoiar o mantemento do emprego na comarca da Barbanza, segundo explica a propia Xunta. Co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica, a empresa poderá acceder a préstamos bancarios que suman 16.660.095 euros para desenvolver o citado plan de negocio, centrado no mantemento do emprego. A empresa, asentada na comarca da Barbanza, dispón dun cadro de persoal integrado por mais de 200 traballadores. A Xunta de Galicia valorou a importancia deste proxecto no tecido económico da comarca, que se atopa nun sector industrial de grande importancia para a zona, como é o de manipulación, transformación, preparación e distribución de produtos do mar.
Esta compañía procesa en Galicia miles de toneladas anuais de mexillón (10.407 t no 2008), que chegan á factoría en camións procedentes das rías galegas. Con máis de 50 anos de experiencia no sector de procesado e distribución de produtos do mar, a
empresa desenvolve a actividade de cocción, transformación e elaboración de diferentes produtos, incluíndo a preparación de precociñados, así como a súa conxelación e comercialización. A factoría posúe viveiros de cultivo de mexillón fondeados na Ría de Arousa e, desde 1997 participa maioritariamente en dúas sociedades que operan en Chile: Sociedad Huimar Limitada e Galaico Chilena de Pescados y Mariscos. Ademais, a compañía ten unha forte orientación internacional e está presente en practicamente todos os mercados europeos, sendo os principais España, Francia, Italia, Portugal, Grecia, Turquía, Alemaña, Bélxica, Suíza, Reino Unido, Holanda, Dinamarca e Rusia, e ten establecidos vínculos comerciais con moitas cadeas maioristas e de distribución, onde compite en prezo. O 60% do seu produto
comercializado vai destinado á exportación.Podería estar relacionada:
Polémica: a Xunta subvenciona unha empresa dun armador ao que acusan de pirata pesqueiro

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario