17.7.12

Rianxo: este sábado, 21 de xullo, concerto da banda de música de Arbo

Ciclo_de_bandas_2012_arbo

Rianxo, 17 de xullo de 2012. A Escola de Música de Rianxo comprácese en convidar a todo o mundo ao VIII Ciclo de Bandas - Concello de Rianxo que 
organiza xunto co Concello de Rianxo, e que terá o seu primeiro concerto esta fin de semana dentro da programación do Verán Cultural 2012:
  • CONCERTO DA BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL DE ARBO:
    • DÍA: sábado 21 de xullo
    • HORA: 21.00 h
    • LUGAR: Praza Rafael Dieste

O resto de bandas participantes son:

28 DE XULLO ÁS 21h00 NO CAMPO DE ARRIBA
ORQUESTRA DE SOPROS DE OURÉM (PORTUGAL)

17 DE AGOSTO ÁS 21H30 NO CAMPO DE ARRIBA
NOITE DE ZARZUELA
BANDA DE MÚSICA DE SANTA CRUZ DE RIBADULLA

25 DE AGOSTO ÁS 21H30 NO CAMPO DE ARRIBA
UNHA NOITE CON LELA
BANDA DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o luns 23 de xullo comeza o XVII curso de gravado "Alfonso Costa"


Alfonso Costa, no medio da imaxe, é o autor de numerosas esculturas, gravados e pinturas en Noia, España e no estranxeiro

Noia, 17 de xullo de 2012. Segundo informou hoxe o Concello, o vindeiro luns, día 23 de xullo, dará comezo o XVII Curso de gravado "Alfonso Costa" que rematará o 3 de agosto.


As características deste curso, que leva o nome dun dos artistas noieses máis internacionais, son as seguintes:

HORARIOS: 
  • Mañáns: de 10:00h a 13:00 h
  • Tardes: de 18:00h a 21:00h
Nº ALUMNOS:
  • Total de 45 alumnos como máximo. Soamente socios
IDADES:
  • A partir de 6 anos
IMPORTANTE:
  • A asistencia a cursos anteriores non implica ningún dereito a ser admitido nesta edición
  • A asistencia ao curso dos alumnos de 6 a 15 anos e dos maiores iniciados de 0 a 2 cursos será de mañá obrigatoriamente
  • Inscrición na conserxería da Sociedade ata o día 21 de xullo actual,indicando o número de cursos realizados previamente (caso de ter algún xa feito)
  • Cada alumno deberá de traer o seguinte material:
  1. Prancha de cinc
  2. Punzón ou bolígrafo "PILOT" de punta fina, sen tinta
  3. Papel de calco: branco ou amarelo
  4. Lápis do nº 2 e goma de borrar
  5. Papel para estampar os gravados
  6. Barra ou lápis litográfico do nº 1

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: Son de Seu actúa o venres 24 de agosto nas Festas de San Bartolomeu

Noia_son_de_seu

Entrada de balde

Antes anunciamos:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a igrexa de Santa María a Nova acollerá "Comer, rezar, namorar..." en setembro

  • Trátase de músicas dos cancioneiros ibéricos do renacemento arredor de tres temas universais
  • Vai interpretar este concerto o grupo de música antiga 1500 e o artista convidado Marco Ambrosini, dentro da iniciativa da Xunta "Espazos sonoros"

Anxo_lorenzo_e_belen_bermejo_noia

O secretario xeral de Cultura presentou a programación de Espazos Sonoros, unha experiencia única de descuberta da música en diálogo con diversos espazos arquitectónicos de especial interese do patrimonio cultural galego

   

Noia, 17 de xullo de 2012.- A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pon en valor o patrimonio cultural a través dun ciclo de música de estilos diversos que percorrerá diferentes espazos arquitectónicos de toda Galicia, entre o 8 de setembro e o 18 de outubro de 2012. Trátase da iniciativa Espazos Sonoros, que foi presentada onte polo secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e pola responsable do ciclo, Belén Bermejo, no Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), un dos escenarios deste proxecto que pon en diálogo a música co patrimonio.

“Con esta programación, desde a Consellería de Cultura e Educación pretendemos alentar unha oferta diferente para o lecer musical das galegas e dos galegos, que contribúa a difundir o interese polo noso patrimonio arquitectónico”, afirmou Anxo Lorenzo. “Este diálogo que propoñemos –dixo– permítenos ofrecer unha vivencia diferente do patrimonio, vinculada ao interese pola música e con formatos de proximidade cos artistas que favorecen tamén un maior coñecemento e unha vivencia musical singular”.

Implicación na preservación do patrimonio
O secretario xeral considerou o aprecio polo patrimonio como “un aspecto fundamental para a implicación de todos na súa preservación”. “Ten, polo tanto, este ciclo unha intención de lecer, de gozo musical, pero tamén unha vertente didáctica, de sensibilización e de posta en valor do moito que temos e tantas veces descoñecido”, concluíu.

Espazos Sonoros foi consolidando ao longo destes anos a posta en valor do patrimonio histórico e do potencial artístico, musical e creador do noso país, mediante a programación de concertos en diferentes espazos de interese cultural, e foi engadindo obxectivos como a captación de novos públicos para a música clásica, a descentralización das programacións polos espazos da xeografía galega, a dinamización de públicos e o fomento da súa mobilidade a través do territorio e entre diferentes estilos musicais, a contribución á recuperación dos instrumentos musicais históricos e a promoción dun turismo e dun lecer de calidade en Galicia.

Propostas musicais variadas e de calidade
Nesta nova edición, mantén a súa aposta pola variedade de propostas musicais de calidade, ofrecendo música para órgano, música antiga, de cámara e outras músicas. Conta para isto con algunhas das máis salientables formacións que traballan no país, como Germán Díaz, Fernando Abreu ou o Grupo 1500, que comparten cartel con artistas convidados do nivel do arpista Andrew Lawrence-King, o polifacético músico especialista no instrumento nórdico da nyckelharpa, Marco Ambrosini, ou o quinteto de frautas holandés Seldom Sene.

Os espazos
Espazos Sonoros propón diversas citas coa música e o patrimonio no tempo de lecer para para ver, escoitar, aprender e deixarse sorprender. A selección de espazos procura casar as características do lugar coa música que se vai interpretar nel. En 2012, o programa chegará ata a reitoral de Gundivós en Sober, á igrexa de Santa María a Nova de Noia, á antiga conserveira de Bueu rehabilitada en Museo Massó, á igrexa de Santa María de Cambre, á Casa Grande de Vilancosta, na Estrada –da familia do estudoso das letras e da tradición oral de Galicia Marcial Valladares–, á Igrexa de San Pedro de Lugo, ao Liceo de Ourense, a San Martiño Pinario, á igrexa de Santa María do Campo de Ribadeo, ao CGAC e ao Parque Arqueolóxico de Arte Rupestre de Campo Lameiro.

Media_httpfarm4static_rjchf

Escea da adoración dos Magos, en Santa María a Nova, igrexa que xa é célebre en medio mundo grazas ao libro de Javier Sierra "El ángel perdido", do que falamos aquí

Revitalización do patrimonio organístico
A música para órgano é unha das especificidades do festival. Por iso, Espazos Sonoros ofrece nesta edición unha vivencia musical completa arredor deste instrumento. A organista Marisol Mendive e o zanfonista Iván Abal ofrecerán un singular concerto para órgano e zanfona na igrexa de Santa María do Campo, en Ribadeo, unindo así o mundo tradicional e o relixioso e académico. Será a estación final dunha xornada de roteiro pola paisaxe organística da Mariña.

Actividades paralelas
A captación e formación de públicos segue a ser un dos obxectivos básicos do proxecto e, arredor deste, constrúense os contidos musicais pero tamén o conxunto de actividades que axudan a ampliar o interese do festival. Neste sentido, a programación conta con actividades que teñen por finalidade achegar o público á música desde perspectivas diferentes ás que ofrecen os concertos ao uso, como obradoiros, charlas-concerto, roteiros musicais e roldas pola paisaxe organística galega.

Diálogo entre a música e os espazos arquitectónicos
A través desta iniciativa, a Secretaría Xeral de Cultura desenvolve unha diversa programación musical en espazos de especial interese do patrimonio cultural, aberta a múltiples manifestacións artísticas e estilos. Deste xeito, propíciase un frutífero diálogo entre xéneros e estéticas musicais diferentes, ao tempo que se favorece o interese e un maior coñecemento dos espazos arquitectónicos de Galicia.

espazos_sonoros_NOia.pdf Download this file

Relacionadas:


 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: Aturuxo celebra o Día da Patria este venres 20 de xullo

Boiro_dia_da_patria


Boiro, 17 de xullo de 2012. Este ano o local social Aturuxo celebra o  Día da Patria o venres 20 a partir das 20:30 da noite, cunha pequena charla sobre as orixes e a historia do Día da Patria e unha pequena cea, na que se pode anotar aquela interesada ou aquel interesado no correo electrónico localsocialbarbanza@gmail.com. Sortearán tamén varios facsímiles de publicacións históricas do nacionalismo galego como a Nosa Terra, A Fouce...

Máis info en http://aturuxa.blogspot.com.es

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este domingo, 22 de xullo, campionato de caza "Cidade de Riveira"

  • A proba, que xa vai pola cuarta edición, é puntuable para a Copa Galicia da especialidade e vai ter lugar no monte San Amedio, de Oleiros
 

Ribeira, 17 de xullo de 2012.- Uns trinta deportistas cos seus cans van participar este domingo día 22 de xullo na quinta edición da Campionato de Caza San Huberto “Cidade de Riveira”: unha iniciativa puntuable para a Copa Galicia que está organizada pola Sociedade de Caza e Pesca do Barbanza e conta coa colaboración do Concello.

Para explicar os pormenores deste certame, que se desenvolverá no monte San Amedio pertencente á parroquia de Oleiros, déronse cita no Consistorio Eloy Rodríguez en representación da devandita Sociedade e da Federación Provincial de Caza; e os concelleiros de Deportes e Mobilidade, Juan Luis Martínez e Víctor Reiriz.

Segundo explicou Eloy Rodríguez, a finalidade do evento é valorar o espírito do cazador, que saiba destacar os aspectos técnicos do exercicio da paza e o respecto da natureza e do medio ambiente. Trátase dun campionato de caza onde vai primar a seguridade, a compenetración cazador-can e a efectividade.

Así, o cazador e o seu can efectuarán un turno de 20 minutos, podendo realizar catro disparos e levar con el seis cartuchos. Poderá abater e cobrar un máxima de dúas pezas de caza. A arma durante a proba debe ir sempre cargada.

Puntuación

Haberá unha puntuación e os xuíces poderán dar un máximo de 100 puntos en base a tres apartados: tiro e habilidade do cazador -20 puntos-, conduta do cazador -50 puntos-; e actividade do can -30 puntos. A participación do can será avaliada segundo estes criterios: aspectos de adestramento -15 puntos- e calidades naturais do can -15 puntos-.

Eloy Rodríguez definiu ao certame como “unha proba de gran nivel na que está prevista que acudan campións de España, de Galicia e mesmo do mundo na modalidade”.

Convidan a ir ver este "espectáculo" con total seguridade

O edil Víctor Reiriz convidou á veciñanza do municipio a que se achegue ata o monte San Amedio para presenciar este espectáculo e garantiu que todos os asistentes poderán admirar o desenvolvemento da proba con total seguridade. Ademais, explicou que as razas que se poderán contemplar no torneo son o setter inglés, pointer, epagneul bretón, braco alemán e springer spaniel, entre outras. O concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez, salientou as cualidades do campionato para exhibir a “perfecta sincronía” que se dá entre can e cazador. A cita dará inicio ás 9 horas. A entrega de premios será en torno ás 16 ou 17 horas.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: este xoves 19, xornada de voluntariado ambiental na praia de Areas Longas e nas lagoas

Media_httpfarm6static_pvgcg

Flor da Pampa ou "plumeiros" en Porto do Son. Está considerada especie invasora e o Concello promoveunas como ornamentais

Porto do Son, 17 de xullo de 2012. ADEGA segue a divulgar a problemática das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares. A Fundación Biodiversidad seleccionou as propostas por ADEGA no marco da iniciativa Playas, voluntariado y custodia del territorio, xunto con outras 30 actividades en todo o estado.

 As acción propostas na iniciativa “Conservando as nosas dunas” promoven accións  voluntarias que teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar  a problemática de espcies invasoras e promover iniciativas de custodia litoral. Outros dos obxectivos é facilitar ferramentas de conservación para acadar un mellor estado ecolóxico dos ecosistemas dunares.

A primeira iniciativa dentro do proxecto Conservando as nosas dunas desenvolveuse na Praia da Corna no Concello da Pobra do Caramiñal, onde se deron cita 25 voluntarios e voluntarias o día 5 de xullo.

O xoves 19 de xullo, as actuacións de voluntariado serán na praia das Areas Longas no concello de Porto do Son, co cal ADEGA vén de firmar un convenio de Custodia litoral para a preservación dos valores naturais deste concello.

Esta praia posúe un ecosistema dunar ben conservado, e dúas lagoas litorais (pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo) nas que xa se traballou anteriomente en campos de voluntariado do mesmo tipo (Móllate polos humidais). Os protocolos de eliminación de invasoras recomendan traballar continuadamente (un mínimo de 3 a 5 anos) para acadar bos resultados, é por iso que será a terceira vez que un grupo de voluntariado se desprace a este paraxe para conseguir frear a ameaza das especies invasoras.

O programa será similar ao do día 5 de xullo na Praia da Corna:

9.00h          Saída dende Santiago de Compostela             

10.00          Chegada á praia de Areas Longas (Porto do Son)

10.15          Presentación da actividade

10.40          Roteiro pola Praia e as lagoas

12.00          Comezo dos traballos de eliminación e limpeza

14.30          Xantar

16.00          Continuación dos traballos

18.30          Remate dos traballos, toma de datos e foto de grupo

19.00          Regreso

Esta é unha actividade gratuíta onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte (dende Compostela) e comida. As voluntarias e os voluntarios que queiran participar en calquera das dúas xornadas poden apuntarse ou pedir información no seguinte enderezo.

Máis info:

Lucía Parente

Email: lucia@adega.info

Tlf: 981 57 00 99

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: "Mergúllate no océano", do 19 ao 21 de xullo na praza do Concello

O recinto expositivo está promovido polo Campus do Mar para dar a coñecer aos cidadáns as ciencias e tecnoloxías mariñas máis actuais


En 2009 houbera unha exposición sobre animais mariños no veleiro Nieves, atracado no peirao ribeirense

Ribeira.- 17 de xullo de 2012.- Os cidadáns terán a oportunidade de sentirse auténticos científicos mariños grazas ao recinto divulgativo “Mergúllate no Océano”, que se instalará na praza do concello de Riveira os próximos días 19, 20 e 21 de xullo. Esta proposta pretende achegar o mar á sociedade, a través de oito obradoiros relacionados coas ciencias e as tecnoloxías mariñas. Os participantes poderán descubrir, por exemplo, cómo funcionan as correntes mariñas ou a importancia das dunas. As actividades, dirixidas a todas as idades, buscan  implicar aos asistentes plantexándolles pequenos retos e, tamén, espertar a súa curiosidade con sinxelos experimentos que poderán realizar coas súas propias mans.

Os visitantes recibirán á entrada do recinto, que conta con máis de douscentos metros cadrados, un pasaporte que deberá ir selando en cada un dos obradoiros nos que participe. Unha vez que acaden todos os selos poderán trocar o seu pasaporte por un agasallo.

Alén diso, o día 20 ás 22.30 horas haberá una proxección de cine diante do concello, con películas documentais como “Islas Atlánticas de Galicia” de RTVE e “O Mar das Cíes”, de José Irisarri, que darán a oportunidade aos espectadores de coñecer algo máis sobre o mar da costa galega dende un punto de vista pouco común.

Ribeira é a terceira parada desta acción, que está a percorrer Galicia e Portugal ao longo de todo o verán e que forma parte do programa de divulgación científica do Campus do Mar. O proxecto está promovido polas tres universidades galegas, o Consejo Superior de Investigaciones Científicas e o Instituto Español de Oceonagrafía e no que participan un total de 23 universidades, centros e plataformas tecnolóxicas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: este xoves 19, "Amodiño vai de teatro", ás oito da tarde na Paxareira

Dodro_amodino

Dodro, 17 de xullo de 2012. A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade de Dodro, dentro do programa AMODIÑO. DODRO organiza para este xoves día 19 TEATRO para as persoas dependentes, con minusvalía ou con problemas de mobilidade e os/as seus/súas coidadores/as, actividade subvencionada pola Deputación da Coruña.

A obra titúlase "Anacos de Castelao",.. un pequeno espectáculo do Cadro Artístico Airiños de Rianxo. Será o xoves día 19 de xullo ás 20 horas na Paxareira.

AMODIÑO VAI DE TEATRO.... pretende ser unha actividade lúdica máis de distración, divertimento e de pasar "un día diferente" para este colectivo.

Máis de 13.000 euros en subvencións para igualdade e convivencia

Media_httpfarm5static_fmtei

O Concello de Dodro leva anos implicándose contra a violencia de xénero

O Concello de Dodro informou, por outra banda, que solicitou no mes de febreiro deste ano, a través da Concellería de Servizos Sociais e Igualdade dúas subvencións á Secretaría Xeral de Igualdade da Consellería de Presidencia, Administracións Publicas e Xustiza, para conciliación da vida laboral e familiar e para a promoción de igualdade e prevención da violencia de xénero.

Esta semana o concello tivo coñecemento da resolución das mencionadas subvencións, concedéndose por parte da Secretaría Xeral por un lado  6.000€ para a promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero e 7.200€ para a conciliación da vida laboral, familiar e persoal.

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello con estas subvencións porá en marcha por un lado  o “ Programa de Fomento de Conciliación” e por outro desenvolverá un programa de “Promoción de Igualdade e Prevención da violencia de xénero”, que incluirá charlas, talleres de ocio e tamén saídas e convivencias entre outras moitas actividades.

Dsc08300

Viaxe a Cerceda

O pasado 12 de xullo o Concello de Dodro, a través da Concellería de Deportes
que dirixe José Núñez, organizou unha excursión ó Aquapark de Cerceda.

Así, saíron ás 11:00 horas dende a praza do concello dous autobuses con máis
de cen persoas. Xa no parque acuático, os excursionistas puideron disfrutar dunha xornada de sol nos tobogáns  e piscinas, sendo os preferidos dos nenos a
piscina de ondas e as multipistas nas que se fartaron de realizar carreiras.
O grupo chegou de regreso a Dodro ás 20:30 horas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical