17.7.12

Porto do Son: este xoves 19, xornada de voluntariado ambiental na praia de Areas Longas e nas lagoas

Media_httpfarm6static_pvgcg

Flor da Pampa ou "plumeiros" en Porto do Son. Está considerada especie invasora e o Concello promoveunas como ornamentais

Porto do Son, 17 de xullo de 2012. ADEGA segue a divulgar a problemática das especies invasoras, e a importancia de conservar os ecosistemas dunares. A Fundación Biodiversidad seleccionou as propostas por ADEGA no marco da iniciativa Playas, voluntariado y custodia del territorio, xunto con outras 30 actividades en todo o estado.

 As acción propostas na iniciativa “Conservando as nosas dunas” promoven accións  voluntarias que teñen por obxectivo aumentar a concienciación cidadá, divulgar  a problemática de espcies invasoras e promover iniciativas de custodia litoral. Outros dos obxectivos é facilitar ferramentas de conservación para acadar un mellor estado ecolóxico dos ecosistemas dunares.

A primeira iniciativa dentro do proxecto Conservando as nosas dunas desenvolveuse na Praia da Corna no Concello da Pobra do Caramiñal, onde se deron cita 25 voluntarios e voluntarias o día 5 de xullo.

O xoves 19 de xullo, as actuacións de voluntariado serán na praia das Areas Longas no concello de Porto do Son, co cal ADEGA vén de firmar un convenio de Custodia litoral para a preservación dos valores naturais deste concello.

Esta praia posúe un ecosistema dunar ben conservado, e dúas lagoas litorais (pertencentes ao Complexo Húmido de Corrubedo) nas que xa se traballou anteriomente en campos de voluntariado do mesmo tipo (Móllate polos humidais). Os protocolos de eliminación de invasoras recomendan traballar continuadamente (un mínimo de 3 a 5 anos) para acadar bos resultados, é por iso que será a terceira vez que un grupo de voluntariado se desprace a este paraxe para conseguir frear a ameaza das especies invasoras.

O programa será similar ao do día 5 de xullo na Praia da Corna:

9.00h          Saída dende Santiago de Compostela             

10.00          Chegada á praia de Areas Longas (Porto do Son)

10.15          Presentación da actividade

10.40          Roteiro pola Praia e as lagoas

12.00          Comezo dos traballos de eliminación e limpeza

14.30          Xantar

16.00          Continuación dos traballos

18.30          Remate dos traballos, toma de datos e foto de grupo

19.00          Regreso

Esta é unha actividade gratuíta onde o voluntariado contará con seguro de accidentes, alén de ter cubertos os gastos de transporte (dende Compostela) e comida. As voluntarias e os voluntarios que queiran participar en calquera das dúas xornadas poden apuntarse ou pedir información no seguinte enderezo.

Máis info:

Lucía Parente

Email: lucia@adega.info

Tlf: 981 57 00 99

Pode que tamén lle interese:

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical