24.4.13

CONVOC PLENO ORDINARIO ABRIL

PLENO ABRIL.pdf Download this file


Noia, 24 de abril de 2013. A seguir, a convocatoria do pleno ordinario do mes de abril, previsto para o vindeiro día 29 de abril de 2013 ás 20.30 horas.


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Bng pon en marcha unha campaña de reprobación pública das deputadas e deputados galegos do PP en Madrid por apoiar as quitas aos das preferentes

 

 

O BNG enceta unha campaña para pedir a reprobación pública dos 15 deputados galegos do PP en Madrid, por ter avalado co seu voto o contido do Real Decreto-lei 6/2013, que autoriza a quita de parte dos seus aforros a milleiros de cidadáns en toda Galiza, e a uns cuantos centos en Noia e a súa comarca.

 

A día de hoxe, lonxe de solucionarse a problemática dos estafados e estafadas polas preferentes e subordinadas, esta agravouse aínda máis, por mor da decisión do Goberno de Mariano Rajoy de proceder a unha quita sobre os aforros da cidadanía atrapada en participacións preferentes e obrigas subordinadas. Un auténtico roubo a estes pequenos aforradores e que na Galiza vai a significar a expropiación duns 600 millóns de euros, que serán transferidos desde os petos dos cidadáns para esas mesmas entidades bancarias que os estafaron. Así é como entende o Partido Popular, e as deputadas e deputados galegos do mesmo, que se debe dar solución a unha estafa en toda regra como as das participacións preferentes e obrigas subordinadas. No marco da citada campaña desenvolveranse charlas informativas a fin de explicar o alcance deste grande espolio. 

 

Hai que lembrar que a Oficina de Información ao Consumidor do Concello de Noia, leva recollido ata o día 22 deste mes de abril, un total de 450 reclamacións de cidadáns afectados, por unha contía que ascende aos oito millóns douscentos mil euros.

 

Entre os deputados e deputadas que o BNG reproba publicamente, atópase o ex alcalde da localidade, Antonio Pérez Insua, hoxe deputado no Congreso e concelleiro en Noia polo Partido Popular.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: concerto de Fdez&Quintá o venres 26 e obradoiro de poesía e proxección solidaria o sábado 27 de abril

Venres 26 de abril

Rianxo continúa coa Rede de Músicas Soltas co concerto do dúo Fdez&Quintá   seu repertorio instrumental de muiñeiras, xotas, valses, mazurkas, polcas, foxtrots,... onde dous músicos semellan catro pola natureza dos seus instrumentos (acordeón diatónico e sanfona)

Oscar Fernández e Carlos Quintá reúnen dous instrumentos que en dúo non se coñeceron entre si na música tradicional galega: a zanfona e o acordeón diatónico. Cando esmorecía a zanfona no interior da Galiza, chegaba o acordeón á costa.

O acordeón aporta a harmonía, os baixos e unha melodía dinámica e a zanfona a calidez das cordas frotadas e a percusión do bordón: unha orquestina completa con só dous músicos.

O dúo reinterpreta músicas tradicionais principalmente do cancionero instrumental  galego O reportorio complétase con composiciones orixinais e temas doutras culturas europeas.

O concerto terá lugar o próximo venres 26 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio de Rianxo. Está organizado pola Acentral Folque e cofinanciado polo Concello de Rianxo

As entradas poderán retirarse unha hora antes do comezo do concerto e terán un custe de 5 €

-------------------------------------

  • Sábado 27 de abril 
    • De 10.00 a 14.00 horas - Centro Sociocultural Auditorio de Rianxo
      • POETIZANDO (DE MINIMIS) obradoiro de creación poética sobre a exposición fotográfica de Marga Piñeiro impartido por Sther F. Carrodeguas Máis información

Máis información e inscricións en cultura@concelloderianxo.es ou no teléfono 981 100 688

Ás 13.30 horas haberá un recitado final aberto como peche simbólico á exposición.

Está organizado polo Concello de Rianxo coa colaboración de slam.arousa

Está organizada por SOGAPS, Solidariedade Galega co Pobo Saharaui coa colaboración do Concello de Rianxo.

As entradas solidarias custan 3 € e poderanse retirar unha hora antes do comezo da proxección.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical