24.4.13

Noia: o Bng pon en marcha unha campaña de reprobación pública das deputadas e deputados galegos do PP en Madrid por apoiar as quitas aos das preferentes

 

 

O BNG enceta unha campaña para pedir a reprobación pública dos 15 deputados galegos do PP en Madrid, por ter avalado co seu voto o contido do Real Decreto-lei 6/2013, que autoriza a quita de parte dos seus aforros a milleiros de cidadáns en toda Galiza, e a uns cuantos centos en Noia e a súa comarca.

 

A día de hoxe, lonxe de solucionarse a problemática dos estafados e estafadas polas preferentes e subordinadas, esta agravouse aínda máis, por mor da decisión do Goberno de Mariano Rajoy de proceder a unha quita sobre os aforros da cidadanía atrapada en participacións preferentes e obrigas subordinadas. Un auténtico roubo a estes pequenos aforradores e que na Galiza vai a significar a expropiación duns 600 millóns de euros, que serán transferidos desde os petos dos cidadáns para esas mesmas entidades bancarias que os estafaron. Así é como entende o Partido Popular, e as deputadas e deputados galegos do mesmo, que se debe dar solución a unha estafa en toda regra como as das participacións preferentes e obrigas subordinadas. No marco da citada campaña desenvolveranse charlas informativas a fin de explicar o alcance deste grande espolio. 

 

Hai que lembrar que a Oficina de Información ao Consumidor do Concello de Noia, leva recollido ata o día 22 deste mes de abril, un total de 450 reclamacións de cidadáns afectados, por unha contía que ascende aos oito millóns douscentos mil euros.

 

Entre os deputados e deputadas que o BNG reproba publicamente, atópase o ex alcalde da localidade, Antonio Pérez Insua, hoxe deputado no Congreso e concelleiro en Noia polo Partido Popular.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Publicar un comentario

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical