19.11.10

A Pobra: nova visita teatralizada ao Museo Valle-Inclán este sábado 20 de novembro


Otero Pedrayo e Valle-Inclán, por Ourense

A Pobra do Caramiñal, 19 de novembro de 2010. Mañá, sábado 20 de novembro, continuando co que vén sendo habitual no serán dos sábados desde o pasado 16 de outubro, o Museo Valle-Inclán recibirá unha nova visita teatralizada como parte dunha xornada máis das rutas literarias.
Estas actividades están organizadas pola Mancomunidade Arousa Norte, e coa colaboración do grupo Xarelo. Pretenden achegar o mundo Valle-Inclán a un novo grupo de persoas, neste caso turistas.

Se o pasado sábado houbo unha visita de nenos (cun obradoiro de pintura dirixido a eles) e os seus pais (que coñeceron de cerca as instalacións deste museo), nesta nova visita, serán 20 persoas de distinta procedencia as que vivan esta ruta literaria acompañados polo Cego de Gondar e a Marigaila. Logo, xa fóra das instalacións, prosegue o roteiro.

O vindeiro sábado día 27 está programada unha nova visita doutras tantas 20 persoas.
Nos dous casos a chegada ó Museo está prevista para as 18:15 horas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: o PP esixe responsabilidades á tenente de alcalde por rexeitar unha praza de orientadora laboral


Dodro, 19 de novembro de 2010. O Partido Popular de Dodro quere pór de manifesto "a gravísima irresponsabilidade coa que vén actuando o BNG e especialmente a súa voceira e máxima representante, a tenente de alcalde Victoria Rey". Segundo os populares, "tal e como ésta respostou a unha pregunta do Partido Popular o Concello de Dodro renunciou a unha subvención da Consellería de Traballo para contratar a unha orientadora laboral porque “levaría demasiado tempo ordenar os medios técnicos para que poidera facer o seu traballo e lle quedaría moi pouco para facer o seu traballo tendo en conta que o contrato remataría en decembro”.

      Para o Partido Popular tal actitude é  sinónimo da "total improvisación coa que vén gobernando o BNG, que solicita unha subvención sen prever as posibles necesidades materiais para poder desenvolver a actividade subvencionada. Pero é que ademáis esta improvisación repercute DIRECTAMENTE NOS VECIÑOS DE DODRO, POIS A FUNCIÓN DA ORIENTADORA LABORAL CONSISTE PRECISAMENTE EN AXUDAR A BUSCAR EMPREGO A AQUELAS PERSOAS QUE O NECESITAN. RENUNCIAR A QUE O CONCELLO DE DODRO DISPOÑA DE ORIENTADORA LABORAL É TANTO COMO DECIR QUE Ó BNG LLE IMPORTA MÁIS OUTRAS COUSAS QUE AXUDAR A ENCONTRAR TRABALLO ÓS DESEMPREGADOS. A ORDEN DE RENUNCIAR A ESTA SUBVENCIÓN POR PARTE DE VICTORIA REY, DEMOSTRA QUE ESTÁ MÁIS INTERESADA EN OBTER TODO TIPO DE RÉDITOS POLÍTICOS QUE EN SOLUCIONAR OS VERDADEIROS PROBLEMAS DO CONCELLO".

      Por outra banda, coa actuación de Victoria Rey, continúan os conservadores, "queda ao descuberto a absoluta HIPOCRESÍA do discurso do BNG, que por un lado critica a actuación do Partido Popular de Galicia pola reducción dos orzamentos da Xunta de Galicia, e por outro lado, despreza absolutamente as subvencións para contratar a persoal, e o que é máis importante, as axudas para facilitar a contratación de traballadores e reducir o nivel de desemprego".

      Pero para o PP dodrense "o máis grave con carácter inmediato é que coa renuncia á subvención da Consellería de Traballo O BNG ESTÁ IMPEDINDO QUE UNHA PERSOA POIDA TRABALLAR AÍNDA QUE SÓ FORA POR UNS MESES. TENDO EN CONTA OS NIVELES DE DESEMPREGO DO NOSO PAÍS, IMPEDIR QUE UNHA PERSOA POIDA TRABALLAR PORQUE O BNG NON SEXA CAPAZ DE ENCONTRAR UNHA MESA E UN ORDENADOR NO CONCELLO, CONSTITUIE UN INSULTO E UN ABSOLUTO DESPRECIO A TODAS AQUELAS PERSOAS QUE ESTÁN NA PROCURA DUN TRABALLO, E ESPECIALMENTE A AQUELAS QUE XA TIÑAN PRESENTADA A SÚA SOLICITUDE PARA A PRAZA DE ORIENTADORA LABORAL. O CONCELLO DE DODRO NON SE PODE PERMITIR QUE OS SEUS GOBERNANTES ACTÚEN CON ESTA PREPOTENCIA IGNORANDO POR COMPLETO OS INTERESES DOS VECIÑOS E DESPRECIANDO ABSOLUTAMENTE AS DIFICULTADES POLAS QUE ESTÁN PASANDO MOITAS PERSOAS  POR CAUSA DA CRISE ECONÓMICA".

      Por esta razón, o Partido Popular de Dodro vai denunciar estes feitos ante a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia "co fin de evitar que se volvan repetir", e que se lle exixa responsabilidades á Concelleira do Bng, Victoria Rey.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: xornada contra a violencia de xénero, o mércores 24 de novembro no Ateneo

Ribeira: o luns comezan as obras para separar residuos urbanos e industriais entre Xarás e O Touro

Ambos tipos de lixo están unidos ata o de agora, e a súa mestura provoca cheiros en determinadas zonas da cidade


Ribeira, 19 de novembro de 2010.- O Concello informa de que está previsto que este luns 22 comecen os traballos da liña separativa dos residuos urbanos e industriais entre Xarás e O Touro. Cun orzamento de 834.755,17 euros, a actuación será desenvolvida pola empresa CRC Obras y Servicios, adxudicataria do concurso convocado pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia.

Como xa é notorio e coñecido, esta era unha obra moi demandada polos veciños e veciñas da cidade, pois cabe lembrar que ata o momento os residuos industriais e urbanos estaban canalizados de xeito conxunto: circunstancia que en ocasións provocaba unha determinada reacción química que derivaba en cheiros en certas zonas de Santa Uxía.

Así e logo, con esta nova actuación eliminaranse esas molestias de malos olores, e propiciarase así mesmo un mellor rendemento das bombas existentes en Cerqueiras, ao non ter que soportar tanta carga como viñan facendo ata agora. Os traballos contribuirán tamén a mellorar a desodorización nas instalacións do Touro.

Por mor de cuestións técnicas, as obras comezarán na zona do Touro e a liña separativa descorrerá hermeticamente todo ao longo do paseo de Malecón en dirección ás Carolinas, sempre pola banda pegada ao porto.

Novo bombeo

Cabe destacar así  mesmo que se situará un novo bombeo xunto ao Paseo das Carolinas, enclavado dentro do propio recinto portuario. Esta instalación disporá dun sistema de desodorización e unha reixa automática de desbaste para a protección das bombas fronte a sólidos de gran tamaño. No bombeo entrará un colector de PVC de 500 mm e sairá unha impulsión de fundición de 300 mm de diámetro. 

Sobre este bombeo instalarase unha caseta debidamente acondicionada na que estarán situados os equipos de desodorización, os cadros eléctricos, un grupo electróxeno, un polipasto para elevar as bombas e un contedor de recollida de sólidos. 

Dende o Concello de Riveira quérese pedir desculpas polas molestias ocasionais que poida producir esta importante actuación que, en todo caso, non impedirá a circulación viaria no paseo do Malecón ao ocupar un dos catro carrís existentes.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Industria: o Bng acusa á Xunta de "falta de vontade política" por non facer o macropolígono da Barbanza

Para a  deputada do BNG Ana Pontón a Xunta está a amosar  “unha grande irresponsabilidade” ao paralizar, durante máis de 16 meses, un polígono industrial cunha importante demanda empresarial e utiliza como “escusa” a clasificación do solo


Barbanza, 19 de novembro de 2010. A deputada do BNG Ana Pontón reclamou hoxe na Comisión de Industria, a través dunha Proposición non de lei, instar á Xunta de Galicia a retomar de “maneira inmediata a tramitación do solo empresarial previsto na comarca da Barbanza” nos concellos de A Pobra do Caramiñal e Ribeira, axilizando a tramitación administrativa e garantindo unha dotación orzamentaria para a operatividade do polígono no ano 2012.

O Partido Popular rexeitou esta proposta, utilizando, din que como “escusa” os nacionalistas, a necesidade de modificar a clasificación do solo ao que  a deputada nacionalista respondeu que, no ano 2009 non se desenvolveu  este polígono porque “a Xunta non quixo” e durante este ano tampouco se desenvolverá pola mesma razón  e engadiu que  “de terse feito a tramitación no seu momento”, na actualidade, o polígono industrial estaría a pleno rendemento.

Pola súa parte, o portavoz do PP, Pedro Arias,  presentou unha emenda ao texto nacionalista coa intención de modificar a clasificación do solo, a través da Lei de Acompañamento dos orzamentos galegos, emenda rexeitada polo BNG por considerar que “ o Partido Popular leva ano e medio co plan sectorial aprazado” a pesar  das moitas visitas realizadas polo director do Instituto de Vivenda e Solo á Comarca do Barbanza onde  afirmou que comezarían  as obras. Polo tanto, aseverou a deputada “non é un problema de clasificación de solo: é falta de vontade política” que non se constrúa o polígono industrial do Barbanza.

Pontón asegurou que os pasos dados para a execución destes proxecto contou co apoio de toda a comarca, por entenderen que esta actuación ía solucionar os problemas do solo empresarial e incentivaría o asentamento de novas empresas ou o dimensionamento das existentes pero, unha vez máis a Xunta  pon atrancos “converténdose nun tapón para a creación de emprego nesta zona” a pesar da demanda das empresas conserveiras de Ribeira e dunha empresa construtora de aeroxeradores.

Pontón pediu que o PP non siga “manipulando” e facendo “falsas promesas” cando en realidade nos  orzamentos para o ano 2011 non existe ningunha consignación para a construción do polígono. A iniciativa defendida pola deputada do BNG foi rexeitada polo Partido popular.

Relacionada:


Polígono industrial de Porto do Son: pequeno e tarde, di o Psoe

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Unicef: "Si no es ahora: ¿cuándo?" por el Día Universal del Niño

Ribeira: a Coral Polifónica de Carnota e a local dan un concerto este domingo por Santa Icía


Ribeira, 19 de novembro de 2010. O Auditorio acubillará este domingo, día 21 de novembro, un Festival en homenaxe a Santa Icía, patrona dos músicos, no que actuarán a Coral Polifónica de Carnota e a Coral Polifónica Municipal de Ribeira. 

A actuación está organizada pola Concellería de Cultura e Festexos e comezará ás 20 horas. A entrada é libre e gratuíta, e poderanse retirar as entradas media hora antes, ata completar aforo. 

A Coral Polifónica de Carnota, dirixida por Isidro Caamaño, interpretará as seguintes obras: “Signore de Llecime”, “A vella chalana”, “A branca gaivota”, “A Rianxeira”, “No tardes Tom” e “Inaranjitay”. 

A Coral Polifónica Municipal de Ribeira, dirixida por Enrique Paisal, cantará as seguintes pezas: “La sirena”, “El lobo soñador”, “Échame a mí la culpa”, “Miña nena”, “Libertad” e “Unha noite na eira do trigo”.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: o Psoe confirma no Parlamento que o parque empresarial vai ter menos de 30.000 metros cuadrados

Construirase no horizonte do 2012-2015, segundo a Xunta de Galicia. O parque empresarial do Barbanza (entre Pobra e Ribeira) está paralizado "por estar situado en zona de especial protección forestal", di o director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo

Porto do Son, 19 de novembro de 2010. O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Jose Manuel Lage Tuñas interviu hoxe na Comisión 6ª do Parlamento para preguntar pola situación na que se atopa o proxecto de construcción dun polígono industrial en Porto do Son. O deputado do PSdeG-PSOE aproveitou a ocasión para manifestar o seu malestar “polo abandono do Barbanza, en materia de solo empresarial, por parte do goberno galego”  

Na comisión parlamentaria e respecto ao macropolígono industrial do Barbanza, Lage Tuñas considerou “decepcionante a falta de decisións do goberno de Feijóo para darlle un impulso ao polígono do Barbanza (sito entre Ribeira e A Pobra do Caramiñal), xa que dende comezos do ano 2009 non se fixo absolutamente nada”. 

O deputado do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Jose Manuel Lage Tuñas preguntoulle hoxe ao director xeral de Vivenda e Solo Empresarial polas previsións do goberno galego para a execución do polígono industrial de Porto do Son e tamén denunciou a paralización do macropolígono empresarial do Barbanza dende a chegada de Núñez Feijóo á Presidencia da Xunta. 

O director xeral do IGVS confirmou que o comezo das obras de execución do parque empresarial de Porto do Son se abordaría entre os anos 2012 e 2015, “confirmando así o que xa tiñamos denunciado os socialistas galegos, e que suporá unha vez máis retrasos neste proxecto longamengte reivindicado pola Asociación de Empresarios e Empresarias de Porto do Son e polo Goberno Municipal”. 

O goberno galego, confirmou hoxe a través do director xeral do IGVS, que o parque empresarial terá unha superficie de menos de 30.000 metros cuadrados. O director xeral dixo concretamente que “é unha cifra orientativa”, e replicado polo deputado socialista, volveu a confirmar a cifra. 

Lage Tuñas dixo que “a resposta do director xeral confirma o que xa sabíamos, que se resume en que Porto do Son terá que seguir esperando esta ansiada infraestrutura para a instalación e ubicación de empresas”.

"Fume, moito fume"

Lage recordou na súa intervención que o concello de Porto do Son "leva anos agardando por unha resposta da Xunta de Galicia sobre o posible desenvolvemento dun polígono industrial neste termo municipal. Asegura que a reivindicación permanente por parte da Asociación de Empresarios e do Goberno municipal ten atopado atrancos que teñen imposibilitado nos últimos dez anos a consecución do citado complexo empresarial".  Lembrou que o 9 de maio do ano 2009 a asociación de empresarios de Porto do Son facía público o requirimento ao goberno presidido por Núñez Feijóo para que comezaran os trámites para a execución dun Polígono Industrial neste concello. 

Lage Tuñas recorda que aínda neste mesmo ano en maio os empresarios de Porto do Son queixábanse ao goberno pola parálise do polígono, e explica que “os empresarios e o goberno municipal o que poden ver é que dezaoito meses despois da chegada de Feijóo ao goberno sigue todo igual. Fume, moito fume, e pouca concreción”. 

Macropolígono Empresarial do Barbanza


O Director Xeral do IGVS tamén se posicionou sobre a situación na que se atopa o macropolígono empresarial do Barbanza a raíz dunha pregunta formulada polo deputado noiés José Manuel Lage na que se interesaba pola situación de parálise na que se atopa este proxecto. 

Antonio Boné respondeu a Lage Tuñas alegando que o parque empresarial do Barbanza “está paralizado porque está situado en zona de especial protección forestal”. Lage Tuñas valorou como “moi preocupante que o único que poida facer o goberno de Feijóo é botar balóns fóra cando se lle pregunta por unha cuestión tan relevante, máis si temos en conta que leva casi dous anos de goberno”. 

Na comisión parlamentaria e respecto ao macropolígono industrial do Barbanza, Lage Tuñas considerou “decepciónante a falta de decisións do goberno de Feijóo para darlle un impulso ao polígono do Barbanza (sito entre Ribeira e A Pobra do Caramiñal), xa que dende comezos do ano 2009 non se fixo absolutamente nada”. 

Tamén o deputado do PSdeG-PSOE aproveitou a ocasión para manifestar o seu malestar“polo abandono do Barbanza, en materia de solo empresarial, por parte do goberno galego” e recordou que “nos orzamentos do ano 2011 da Xunta de Galicia o goberno só contempla 5.000 euros para solo empresarial no Barbanza”.

Relacionada:
Industria: o Bng pide axilidade co polígono entre Ribeira e Pobra

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: organizan unha recollida de lixo este sábado 20 de novembro na praia de Barraña

O colectivo Boiro Verde é o responsable desta performance limpadora, que contará coa colaboración dun artista que "reciclará" todo o recollido nunha estatua (agardamos que efémera).

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical