19.11.10

A Pobra: nova visita teatralizada ao Museo Valle-Inclán este sábado 20 de novembro


Otero Pedrayo e Valle-Inclán, por Ourense

A Pobra do Caramiñal, 19 de novembro de 2010. Mañá, sábado 20 de novembro, continuando co que vén sendo habitual no serán dos sábados desde o pasado 16 de outubro, o Museo Valle-Inclán recibirá unha nova visita teatralizada como parte dunha xornada máis das rutas literarias.
Estas actividades están organizadas pola Mancomunidade Arousa Norte, e coa colaboración do grupo Xarelo. Pretenden achegar o mundo Valle-Inclán a un novo grupo de persoas, neste caso turistas.

Se o pasado sábado houbo unha visita de nenos (cun obradoiro de pintura dirixido a eles) e os seus pais (que coñeceron de cerca as instalacións deste museo), nesta nova visita, serán 20 persoas de distinta procedencia as que vivan esta ruta literaria acompañados polo Cego de Gondar e a Marigaila. Logo, xa fóra das instalacións, prosegue o roteiro.

O vindeiro sábado día 27 está programada unha nova visita doutras tantas 20 persoas.
Nos dous casos a chegada ó Museo está prevista para as 18:15 horas.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical