Rufino Regueira ten un longo historial de éxitos na natación galegaBoiro, 7 de novembro de 2010. O nadador de Abanqueiro Rufino Regueira voltou acadar o mellor posto nun campionato galego de natación. Desta volta foi en Pontevedra, na fase territorial do Campionato de España de Longa Distancia en piscina. O seu club, o Natación Riveira, quedou de terceiro a puntos, por detrás do Galaico de Pontevedra (primeiro) e o Pabellón Ourense, segundo. Como nos teñen acostumados, o club barbanzano fixo de novo un gran papel cos nadadores que levou.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia