18.1.10
Rianxo: Un grupo de veciños do Pazo xuntan máis un cento de sinaturas na fin de semana para protestar polo estado de correos
Sr. Xefe Provincial de Correos
Rúa Alférez Provisional s/n
15006 A CORUÑA
Sr. Xefe Provincial de Correos:
Os abaixo asinantes veciños e veciñas do Pazo, no Concello de Rianxo, queremos facerlle chegar o noso máis firme rexeitamento polas deficiencias dun servizo que no noso caso leva máis dun mes sen funcionar. Queremos reclamar perante esa xefatura provincial de Correos a mellora urxente e o restabelecemento das prestacións do servizo de correos na nosa zona. Unha situación que xerou ao longo deste último mes non poucos quebrantos persoais, afectando a familias, profesionais e aos negocios aquí radicados.
Como veciños e veciñas máis que as causas temos que demandar que o persoal sexa abondo para realizar o reparto diario da correspondencia que a Lei Postal prevé, incumprimento que neste último mes chega a ser de auténtico escándalo.
Con independencia das actuacións individuais ou colectivas polos danos e perxuizos que se exerzan debido a ineficacia e a parálise do servizo de correos, esixímoslle dea as instrucións oportunas para solucionar esta situación. Non valen excusas de numeracións, de dispersión, de buzóns: vivendas correctamente sinaladas e numeradas foron castigadas neste mes pola empresa que vostede representa.
Atentamente
Grupo de veciñosRelacionado: mal servizo de Correos en varias zonas de RianxoO Bng leva ao Congreso en Madrid o mal servizo de Correos en RianxoPosted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira: xa hai lista firme das seis vivendas protexidas que faltaban por adxudicar en Xarás
O próximo trámite será o sorteo das vivendas entre os adxudicatarios, que despois disporán dun mes para pagar o IVE (Vía IGVS) Ribeira, 18 de xaneiro de 2010.- A Comisión Provincia da Coruña aprobou hoxe a lista definitiva firme de seis vivendas que non foran adxudicadas nun grupo de 21 construídas na localidade de Ribeira. Con esta lista dáse fin á vía administrativa e completase a adxudicación das 21 vivendas construídas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo na zona de Xarás, na localidade coruñesa de Ribeira. A lista estará exposta nos taboleiros do Concello e do IGVS na Coruña e na súa web (http://igvs.es/web/actuamos/adxudicacion-sorteos-vpp). O próximo trámite, que se realizará en breve, será o sorteo das vivendas entre os adxudicatarios, o que permitirá realizar os estudos económicos, dado que o prezo de venda ou alugueiro de cada vivenda varía en función da composición e os ingresos da unidade familiar adxudicataria. Unha vez realizado dito sorteo, os adxudicatarios disporán do prazo dun mes para aceptar a vivenda que lles correspondeu e ingresar o IVE e a provisión de fondos para os gastos de notaría e rexistro da propiedade ou a fianza, no caso de vivendas en alugueiro.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Ribeira: xa hai lista firme das seis vivendas protexidas que faltaban por adxudicar en Xarás
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Saúde: haberá Unidade de Saúde Mental no hospital da Barbanza ou non?
O anterior Goberno da Xunta de Galiza tiña iniciado o desenvolvemento do Plan Estratéxico de Saúde Mental que, entre outros, contemplaba a construción do Centro de Saúde Mental do Barbanza. Este Centro, que integraría a actual Unidade de Asistencia a Drogodependentes (UAD), tiña xa partida orzamentaria e lugar de ubicación que sería na actual parcela do Hospital da Barbanza; así o ten expresado mesmo o Alcalde diante do Pleno da Corporación Municipal en máis dunha ocasión.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Saúde: piden que se cree dunha vez a categoría de celador no Hospital da Barbanza
A posta en marcha do Hospital Comarcal do Barbanza, en outubro de 1997, como Fundación Pública ao marxe do Servizo Galego de Saúde consentiu, entre outras deficiencias, a súa posta en funcionamento sen as preceptivas prazas de Celador coas que si contan todos os hospitais do SERGAS.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
A Pobra do Caramiñal: o camiño do Cagulo, a pleno
O de ter que saír da casa en katiuskas e logo deixalas na casa do veciño para ir ao pobo tíñao que relatar Valle Inclán nun dos seus relatos da literatura do Esperpento. Ramón María tamén coñecía este tipo de situacións: no pazo da Mercé (outro exemplo flagrante de desleixo do patrimonio no Barbanza) abría o paraugas na casa de tantas pingueiras que tiña.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Fotografía: fervenzas do Niágara xeadas, en 1911
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia