18.1.10

Ribeira: xa hai lista firme das seis vivendas protexidas que faltaban por adxudicar en Xarás

Download now or preview on posterous
Xarás.pdf (16 KB)


O próximo trámite será o sorteo das vivendas entre os adxudicatarios, que despois disporán dun mes para pagar o IVE

(Vía IGVS) Ribeira, 18 de xaneiro de 2010.- A Comisión Provincia da Coruña aprobou hoxe a lista definitiva firme de seis vivendas que non foran adxudicadas nun grupo de 21 construídas na localidade de Ribeira.

Con esta lista dáse fin á vía administrativa e completase a adxudicación das 21 vivendas construídas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo na zona de Xarás, na localidade coruñesa de Ribeira. A lista estará exposta nos taboleiros do Concello e do IGVS na Coruña e na súa web (http://igvs.es/web/actuamos/adxudicacion-sorteos-vpp).

O próximo trámite, que se realizará en breve, será o sorteo das vivendas entre os adxudicatarios, o que permitirá realizar os estudos económicos, dado que o prezo de venda ou alugueiro de cada vivenda varía en función da composición e os ingresos da unidade familiar adxudicataria. Unha vez realizado dito sorteo, os adxudicatarios disporán do prazo dun mes para aceptar a vivenda que lles correspondeu e ingresar o IVE e a provisión de fondos para os gastos de notaría e rexistro da propiedade ou a fianza, no caso de vivendas en alugueiro.


Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical