Sr. Xefe Provincial de Correos
Rúa Alférez Provisional s/n
15006 A CORUÑA
Sr. Xefe Provincial de Correos:
Os abaixo asinantes veciños e veciñas do Pazo, no Concello de Rianxo, queremos facerlle chegar o noso máis firme rexeitamento polas deficiencias dun servizo que no noso caso leva máis dun mes sen funcionar. Queremos reclamar perante esa xefatura provincial de Correos a mellora urxente e o restabelecemento das prestacións do servizo de correos na nosa zona. Unha situación que xerou ao longo deste último mes non poucos quebrantos persoais, afectando a familias, profesionais e aos negocios aquí radicados.
Como veciños e veciñas máis que as causas temos que demandar que o persoal sexa abondo para realizar o reparto diario da correspondencia que a Lei Postal prevé, incumprimento que neste último mes chega a ser de auténtico escándalo.
Con independencia das actuacións individuais ou colectivas polos danos e perxuizos que se exerzan debido a ineficacia e a parálise do servizo de correos, esixímoslle dea as instrucións oportunas para solucionar esta situación. Non valen excusas de numeracións, de dispersión, de buzóns: vivendas correctamente sinaladas e numeradas foron castigadas neste mes pola empresa que vostede representa.
Atentamente
Grupo de veciñosRelacionado: mal servizo de Correos en varias zonas de RianxoO Bng leva ao Congreso en Madrid o mal servizo de Correos en RianxoPosted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario