4.5.12

Noia: o pleno apoia por unanimidade e por lóxica a nova demarcación xudicial ao consider a vila como centro xeográfico


Os xulgados de Noia, con adobíos da Feira Medieval que se celebra na localidade

Noia, 4 de maio de 2012. Esta mañá celebrouse unha reunión extraordinaria urxente da Xunta de Voceiros para tratar a proposta do Consello Xeral do Poder Xudicial sobre a nova demarcación xudicial. A reunión estivo presidida polo alcalde Rafael García Guerrero, estiveron presentes Antonio Pérez Ínsua, voceiro do PP; Bernabé Piñeiro Santos, voceiro do PSdeG-PSOE; Xosé Bieito González Domínguez, voceiro do BNG; e Mónica González Eiras, voceira do NOIA.

Os catro grupos municipais do Concello de Noia acordaron por unanimidade apoiar a proposta de Noia como cabeceira do novo Partido Xudicial recollido no informe do Consello Xeral do Poder Xudicial. Segundo se explica no xornal municipal do Concello de Noia, "os partidos políticos noieses non pretenden unha “guerra” de localismos con outras vilas, nin politizar o tema, pero coinciden en que en caso de reordenación de partidos xudiciais o centro xeográfico é Noia, e que polo tanto a cabeceira debe ser Noia".

Os voceiros dos grupos municipais consideran que a designación de Noia como cabeceira do novo Partido Xudicial sería "a solución menos prexudicial para todos os veciños e veciñas, xa que de todas as localizacións posibles é a que tería un menor desprazamento global por ser o centro xeográfico, ademais é o único punto que cumpre co criterio técnico de ter todos os núcleos de poboación a menos dunha hora de desprazamento ata a cabeceira".

Os grupos municipais no Concello de Noia do PP, do PSdeG-PSOE, BNG e NOIA manifestan "vontade de actuar unidos e colaborar nun tema de tanta importancia".

Onte publicamos:


Ribeira: iranse os xulgados para Noia?

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: programación do Maio Cultural en homenaxe a Paz Andrade

Fotos da presentación do programa do Maio Cultural 2012, coas concelleiras de Cultura e Educación, Elvira Pisos e Maricarmen Vizcaya, acompañados polo técnico de Cultura Unai González e polo arquiveiro municipal Unai González.
 
Cabe resaltar que o Maio Cultural serve para conmemorar o mes no que se celebra o Día das Letras Galegas, que este ano cumpre 50 anos (instaurouse por iniciativa da Real Academia Galega no ano 1963).
 
A programación é moi variada e inclúe diversos tipos de manifestacións artísticas como teatro, contacontos, obradoiros literarios, concertos, cinema, clow, baile, exposicións, certames e ata espectáculos de rúa.
Unha das súas novidades é a programación dos Sábados do Libro na Biblioteca, coas que se pretende ademais fomentar o uso desta instalación municipal.

 


Maio Cultural 2012.doc Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Rianxo: o VII Serán "Mar de Rianxo" é o sábado 26 de maio. O día anterior, macro-recital de Airiños

Rianxo, 4 de maio de 2012. Bailadores, bailadoras, músicos, amigos/as da festa, do baile e da música tradicional, da boa comida... Amigos/as de Vai de Roda e deste Serán, ide preparándovos: o 26 de maio xa está ao caer. Ese é o día do VII Serán Mar de Rianxo. A cita será das oito da tarde en diante no Campo de Arriba de Rianxo.

Comezará ás 8 co SERANCIÑO, para que os máis novos/as, toquen, canten, bailen e monten festa da boa, como eles/as saben. E ás dez empezarán a subir ao escenario os máis grandes, para que a festa non pare.

Os grupos que queiran actuar no VII Serán Mar de Rianxo (Seranciño ou Serán) pódense anotar mandando un correo ao enderezo:

vaiderodarianxo@gmail.com

Pode que tamén lle interese:

Recital o 25 de maio: O Cadro Artístico Airiños vai realizar un RECITAL "AO SON DAS LETRAS VIVAS" o próximo venres 25 de maio, ás 21.00 h, no que fará un macro-recital de autores vivos con música de compositores vivos, e para iso animan aos rianxeiros/as a participar. Se estás interesado/a escolle un autor vivo e un texto e ponte en contacto co Cadro Artístico Airiños.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical