4.12.12

Ribeira: divulgan o Banco de Tempo no colexio "O Grupo"

  • No proxecto piloto participan 43 escolares de Sexto de Primaria

Banco_tempo_infantil

Herminia Dios, Aroa Fernández e Dolores Crujeiras

Ribeira, 4 de decembro de 2012.- A concelleira de Igualdade e Xuventude do Concello, Aroa Fernández Cadórniga, informou no día hoxe da posta en marcha dun proxecto piloto consistente na implantación dun banco de tempo escolar que sirve para inculcar os beneficios e valores inherentes a este servizo de intercambio entre rapaces do municipio.

A iniciativa púxose en marcha en colaboración co CEIP O Grupo, e nela están a participar 43 rapaces de sexto de Primaria, con idades de once e doce anos. O banco arrancou o pasado 5 de outubro e xa se levan celebradas catro sesións de 50 minutos cada unha, quedando outras tres para a finalización do proxecto.

Segundo informou a axente de tempo encargada do banco, Herminia Dios, producíronse ata o momento doce intercambios individuais (un alumno intercambia unha habilidade ou coñecemento con outro) e outros cinco grupais (son varios os rapaces que interactúan transmitindo ou recibindo habilidades ou coñecementos).

En canto ao tipo de intercambios realizados ata o momento, figuran dende o aprendizaxe do xadrez ata tocar o piano, pasando polo baloncesto, a informática, o debuxo ou a confección de pulseiras.

Os resultados da experiencia están a ser positivos, pois se erixe nunha ferramenta moi útil, versátil e innovadora para poder interiorizar entre os cativos valores como a reciprocidade, a confianza e a axuda mutua. Ademais, os datos son moi alentadores en canto á planificación de futuras intervencións empregando unha metodoloxía máis participativa e interactiva.

Pola súa parte, a directora do CIM, Dolores Crujeiras, destacou a idoneidade da iniciativa como base para a futura implicación dos pequenos no banco de tempo adulto.

Relacionada:





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Porto do Son: este xoves, 6 de decembro, "Zapatos", obra de Caramuxo Teatro para nenos ata 4 anos

Zapatos1
Zapatos

Máis información aquí

Pode que tamén lle interese:

 

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este domingo, 9 de decembro, "O Señor das Dunas"

  • No auditorio, ás sete da tarde. Indicado para nenas e nenos dende os 5 anos
  • A rapazada levará de agasallo un libro de contos

O_senor_das_dunas_1600x1200
Ribeira, 4 de decembro de 2012.- O vindeiro domingo día 9 de decembro vai ter lugar no Auditorio Municipal o último dos espectáculos que, enmarcados no programa FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística, desembarcan en Ribeira neste ano 2012: trátase de “”O Señor das Dunas”, unha actividade pensada para a toda a familia, e moi especialmente para os nenos e nenas con idades a partir dos 5 anos, que se poderá presenciar ás 19 horas.

A concelleira de Educación, Mª  Carmen Vizcaya, e a responsable do servizo municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín, deron conta do contido deste evento, no que un narrador oral (Mani Braga) e un artista plástico (Dani Bousolla) colaboran na narración de fantásticas historias recreadas dende as dunas de Corrubedo.

Así, mentres o contacontos relata as distintas historias, o pintor realizará unha sorprendente e fermosísima animación simultánea sobre area, onde irán aparecendo debuxados os personaxes e accións de cada historia.

Agasallo para a rapazada: un libro de contos

O acceso é gratuíto ata completar aforo. Os nenos e nenas recibirán ao remate do espectáculo un libro de contos.

Durante a presentación da actividade lembrouse outras accións desenvolvidas durante este ano no marco de FalaRedes, como foron TítereHop en abril e Galego de Cine en xuño.

Pode que tamén lle interese:

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical