- No auditorio, ás sete da tarde. Indicado para nenas e nenos dende os 5 anos
- A rapazada levará de agasallo un libro de contos
Ribeira, 4 de decembro de 2012.- O vindeiro domingo día 9 de decembro vai ter lugar no Auditorio Municipal o último dos espectáculos que, enmarcados no programa FalaRedes da Rede de Dinamización Lingüística, desembarcan en Ribeira neste ano 2012: trátase de “”O Señor das Dunas”, unha actividade pensada para a toda a familia, e moi especialmente para os nenos e nenas con idades a partir dos 5 anos, que se poderá presenciar ás 19 horas.
A concelleira de Educación, Mª Carmen Vizcaya, e a responsable do servizo municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín, deron conta do contido deste evento, no que un narrador oral (Mani Braga) e un artista plástico (Dani Bousolla) colaboran na narración de fantásticas historias recreadas dende as dunas de Corrubedo.
Así, mentres o contacontos relata as distintas historias, o pintor realizará unha sorprendente e fermosísima animación simultánea sobre area, onde irán aparecendo debuxados os personaxes e accións de cada historia.
Agasallo para a rapazada: un libro de contos
O acceso é gratuíto ata completar aforo. Os nenos e nenas recibirán ao remate do espectáculo un libro de contos.
Durante a presentación da actividade lembrouse outras accións desenvolvidas durante este ano no marco de FalaRedes, como foron TítereHop en abril e Galego de Cine en xuño.
Pode que tamén lle interese:
- Ribeira: Ámbar celebrou o Día das Persoas con Diversidade Funcional
- Ribeira: ata o 28 de decembro, obras da IX Bienal do Eixo Atlántico
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario