14.2.13

Porto do Son: máis de cen mil euros para saneamento con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental

  • As obras leváronse a cabo a través do Fondo de Compensación Ambiental, que permite aos concellos beneficiarse do canon eólico
  • Os labores incluíron a dotación dunha rede de colectores de saneamento para recoller as augas residuais da parte baixa do núcleo de Beneso

Porto do Son, 14 de febreiro de 2013.- A delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o alcalde de Porto do Son, Luís Oujo, asinaron esta mañá o documento de conformidade para a concesión da subvención destinada á execución de diversos traballos de recuperación medioambiental e mellora do entorno. O Goberno galego, a través da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, financiou integramente esta actuación cunha achega de 101.657 euros correspondente ao Fondo de Compensación Ambiental, que permite aos concellos beneficiarse do canon eólico.

Acompañada polo rexedor, a máxima representante do Executivo autonómico na provincia supervisou o resultados das actuacións levadas a cabo con estes fondos. Por unha banda, o proxecto consistiu na construción dunha rede de saneamento na parte baixa do núcleo de Beneso para recoller as augas residuais das vivendas a través das correspondentes acometidas. A intervención neste punto serviu para completar a función do colector xeral, permitindo frear a degradación ambiental na zona e aumentando, en consecuencia, a calidade de vida dos habitantes desta zona.

Nove municipios do Barbanza benefícianse destas axudas
Na súa visita á localidade, Do Campo recordou que este é o terceiro ano consecutivo no que nove concellos da comarca do Barbanza (A Pobra, Boiro, Carnota, Lousame, Mazaricos, Muros, Outes, Porto do Son e Rianxo) optan ás subvencións en réxime de concorrencia non competitiva do Fondo de Compensación Ambiental, ao atoparse o seu territorio municipal dentro dunha poligonal de delimitación dun parque eólico ou estar afectados pola correspondente instalación de conexión ou vía de evacuación. Estes municipios suman un total de 363 aeroxeradores dentro dos seus límites, mentres que cinco deles dispoñen de ata 53.010 metros de liñas de conexión, polos que recibirán 680.860 euros.

As axudas concedidas polo Goberno autonómico están destinadas a financiar iniciativas orientadas á conservación da biodiversidade, ao impulso da eficiencia, ao uso sostible das enerxías renovables e á restauración e reposición do medio ambiente e reequilibrio territorial. Segundo destacou a delegada territorial, o fondo reflicte un triplo compromiso da Xunta de Galicia, pois, explicou, “resulta unha clara mostra da implicación do Goberno galego cos concellos e co medio ambiente, pero tamén da aposta polo reequilibrio territorial”. “A distribución do canon eólico, en definitiva, beneficia sobre todo a municipios pequenos e do interior e suponlles, ano tras ano, unha importante fonte de ingresos nestes momentos de dificultades económicas”, concluíu.

O alcalde de Ribeira, en Santiago

Por outra banda, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, reuniuse esta mañá co alcalde do concello de Ribeira, Manuel Ruíz Rivas. Na xuntanza tamén estivo presente a directora xeral de Familia e Inclusión, Amparo González. No transcurso do encontro, abordáronse temas de interese para a localidade, así como posibles proxectos futuros de colaboración.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Poesía: o roteiro poético Slam Arousa, que comezara en Taragoña, chega a Cambados

Cartel_slam_cambados_coas_norm

Barbanza, 14 de febreiro de 2013. O tren poético Slam Arousa atraca en Cambados este domingo de Piñata. Será ás 19.30, no Pub-Brothers, onde se decidirá o novo finalista que se xuntará con Ramón Blanco, Celia Parra, Pedro Campos e Silvia Penas para recitar na illa de Arousa no mes de marzo.

Pero slam.arousa ten máis novidades este mes: o venres 22 vaise instalar de novo en Rianxo para unha xornada máis quente do normal. Trátase dun slam.erótico organizado en colaboración co Concello de Rianxo, enmarcado dentro do programa cultural Ferveiro Amarzo, de poesía erótica. O gañador deste slam particular será tamén finalista de slam.arousa, na Illa de Arousa.


Hai que lembrar que o gañador de Slam Arousa competirá na final estatal, en Madrid, con viaxe subvencionada.

Pode que tamén lle interese:






Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: o xoves 28 de febreiro, xornada técnica sobre a financiamento da eficiencia enerxética

Boiro xornada técnica.pdf Download this file

  • De 18:30 a 20:30 no Centro Social
  • Organiza EQA (European Quality Assurance)
  • Falarase de auditorías enerxéticas, empresas de servizos enerxéticos e sistemas de xestión de enerxía
  • Para inscribirse, necesario enviar correo electrónico a formacion@eqa.es cos datos: Nome e apelidos / Cargo / Empresa / Teléfono / E-mail.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Sociedade: "Stop Desafiuzamentos" chama á poboación do Barbanza a manifestarse este sábado 16 en Santiago ou Vigo


LA PLATAFORMA "STOP DESAHUCIOS" DEL BARBANZA HACE UN LLAMAMIENTO PÚBLICO A LA POBLACIÓN DE LA COMARCA PARA LA PARTICIPACIÓN ACTIVA EN LAS DIFERENTES MANIFESTACIONES QUE SE CELEBRARÁN ESTE PRÓXIMO SÁBADO, DÍA 16, A LAS 18:00 HORAS, EN SANTIAGO ( PLAZA ROJA) O VIGO (RÚA DEL PRÍNCIPE) PARA DEJAR PATENTE LA REPULSA POR EL GENOCIDIO FINANCIERO Y EL DERECHO A UNA VIVIENDA DIGNA ASÍ COMO MANIFESTAR LA SOLIDARIDAD CON LAS FAMILIAS DE LAS PERSONAS QUE PERDIERON LA VIDA, COMO CONSECUENCIA DE UN PROCEDIMIENTO DE EJECUCIÓN HIPOTECARIA O DESAHUCIO, A TRAVÉS DEL SUICIDIO.

#16F manifestaciones:

Por el derecho a la vivienda. Contra el genocidio financiero, señalamos a los responsables y exigimos dación en pago retroactiva, alquiler social y stop desahucios ya!

La presión ciudadana ha conseguido que se admita a trámite la ILP por la dación en pago con efectos retroactivos, el alquiler social y una moratoria de desahucios.

El #16F más de 50 ciudades convocan manifestaciones por el derecho a la vivienda. El #16F tenemos una cita con la conquista de nuestros derechos.

Lee el manifiesto

Video de la convocatoria
videos de convocatorias locales

Kit para que el #16F sea un éxito

Busca la convocatoria de tu ciudad

El 16F salimos a las calles por el derecho a la vivienda, porque el genocidio financiero tiene los días contados. Porque los derechos humanos no se negocian

¡Sí se Puede!

La presión popular fuerza el cambio de la posicion del grupo parlamentario mayoritario en el congreso


La admisión a trámite es un primer paso importante para parar la sangría de los desahucios. Ha sido la presión ciudadana quién ha forzado este cambio. La PAH no aceptará que el trámite parlamentario desvirtue o rebaje una ILP que contiene tres demandas de mínimos para acabar con el genocidio financiero y garantizar el derecho a la vivienda.

Lee la noticia de la victoria ciudadana completa




:: La ILP para la dación en pago recoge 1.402.854 firmas de apoyo

:

: Nueva campaña de la PAH: escraches. Pongámosle nombre y apellido a los responsables del #genocidioFinanciero. Lee la notícia aquí

:: Habla la PAH en el Congreso. Los derechos humanos no se negocian. Videos de la comparecencia de Ada Colau

:: Los sobres de la PAH llegan al Congreso. Lee las cartas enviadas a los diputados aquí.

:: Asesoría y recursos compartidos.


Facebook Twitter
.

 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: campaña informativa de Novas Xeracións sobre axudas a emprendedores

Emprendedores

A Pobra, 14 de febreiro de 2013. No día de onte, a mocidade de Novas Xeracións da Pobra do Caramiñal deu comezo a unha campaña informativa sobre a última medida anunciada pola ministra Fátima Bañez para os emprendedores. Esta campaña estenderase ata fin de mes.

Eloy Sobrido García, presidente dos mozos populares, explicou que a campaña que levarán a cabo consistirá en informar sobre todos os aspectos nos que esta reforma pode beneficiar e axudar a emprender aos mais xóvenes do municipio que teñan a idea de formar o seu propio negocio. Para conseguir que a información chegue a todos, tamén informou que repartirán panfletos, así como diferentes carteis que foron pegados xa polo
municipio e tamen a través das redes sociais.
Entre os diferentes puntos da medida o líder de NNXX da Pobra destacou dous en especial:

  1. Que durante os 6 primeros meses pagaran solo 50 euros en cotizacións
  2. Que se aplicarán reducións do 30% das cotizacións sociais durante dous anos
Os mozos populares cren que esta medida "demostra que o goberno está traballando pola
creación de emprego entre os xoves, sector que está sufrindo moito esta crise". Ademais,   destacaron "o labor do goberno municipal en materia de emprego, xa que A Pobra do Caramiñal é un dos municipios da comarca con menos paro, cunha cifra por baixo dos 800 desempregados" (o municipio ten unha poboación total de menos de 10.000 persoas). Aínda así recoñecen que "débese seguir traballando para que esta cifra sexa aínda menor".




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: comezou a instalación de saneamento en Lombas, Palmeira

COMEZARON AS OBRAS DE INSTALACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO E AUGA NO LUGAR DE LOMBAS, NA PARROQUIA DE PALMEIRA

 

Santa Uxía de Riveira, 14 de marzo de 2013- O Concello de Riveira informa do comezo das obras de instalación de rede de saneamento e auga no lugar de Lombas, na parroquia de Palmeira, moi preto de onde está situada a subestación eléctrica de Fenosa.

 

A actuación está sendo acometida pola empresa Río Sieira, S.L., e supón un investimento de de 118.916,23 euros, IVE incluído. O seu prazo de execución é de tres meses.

 

A zona obxecto da obra non dispuña ata o momento de servizos urbanísticos básicos de alcantarillado e auga potable. De aí o interese do Goberno Municipal de Riveira en executar esta acción, que comprende os seguintes apartados:

 

  • Abastecemento: unha vez realizadas as escavacións en zanxa, instalaranse dúas tuberías de auga potable de polietileno de 75 milímetros de diámetro no camiño de Lombas, e outra de polietileno de 50 milímetros nun ramal existente. A rede será completada coa colocación de válvulas comporta, ventosa e de baleirado, coas súas correspondentes arquetas de rexistro.

 

  • Saneamento: tras efectuar as escavacións en zanxa, instalarase unha tubería de PVC de 315 milímetros e outra de 250 milímetros de diámetro. Construiranse 9 pozos de rexistro, dispostos cada 30 ou 35 metros aproximadamente.
  • Pavimentación: unha vez finalizadas as instalacións citadas, procederase á reposición do pavimento asfáltico.

A actuación está enmarcada no canon de saneamento derivado da adxudicación do servizo de augas.

Tamén, en Palmeira:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Plan de Mobilidade Urbana para acadar un transporte máis seguro e accesible ao tempo que sostible

Zona_de_confluencia_porto_-_ci

  • Enmarcada no macro-proxecto Riveira Atlántica 2015, a redacción da actuación conta cun orzamento total de 147.620 euros
  • Establécese un período máximo de 30 semanas para a súa execución desde a sinatura do contrato 
  • O proxecto Riveira Atlántica 2015, cofinanciado nun 70% con Fondos FEDER da Unión Europea,  ten por obxecto fundamental facer do concello riveirense un referente turístico de Galicia en base a criterios de rendibilidade e sustentabilidade

 

Ribeira, 14 de febreiro de 2013. Hoxe abre o prazo para a contratación dos servizos de “Redacción dun plan de mobilidade urbana sostible do municipio de Ribeira”, cofinanciado nun 70% con Fondos FEDER da Unión Europea, dentro do eixo 5 de “Desenvolvemento sostible rural e urbano”. Encadrada no proxecto paraugas Riveira Atlántica 2015, conta cun orzamento total de licitación de 147.620 euros.

O prazo de execución marca un máximo de 30 semanas para a redacción do estudio contadas desde a firma do contrato. O procedemento é  aberto e de tramitación ordinaria, con multiplicidade de criterios de adxudicación. O 28 de febreiro de 2013, xoves, é a data límite para achegar as ofertas.

Mellorar a mobilidade e seguridade viaria

A mobilidade sustentable tense convertido nunha preocupación compartida pola maioría de cidades europeas, que pretenden sensibilizar á poboación sobre a importancia que supón a adopción de medidas que respondan ao desafío que entraña o desenvolvemento urbano. O Concello de Riveira non é alleo a este contexto e marcouse como prioridade un uso coordinado e adecuado dos distintos medios de transporte para procurar unha cidade máis accesible e segura e na que a mobilidade supoña un menor impacto ambiental . Isto materializarase de distintos xeitos:

  • Integrando as políticas de desenvolvemento urbano e sostible con políticas de mobilidade, de modo que se propicie a accesibilidade dos cidadáns ás súas actividades con menor impacto ambiental e de xeito máis seguro.
  • Reducindo a contaminación atmosférica e acústica e o consumo de enerxías non renovables.
  • Mellorando a accesibilidade en xeral e, en particular, reducindo a necesidade de mobilidade mediante o vehículo privado, favorecendo as condicións que propicien e prioricen á mobilidade en transporte público colectivo e de modos non motorizados.
  • Desenvolvendo e mellorando a oferta dos diferentes modos de transporte público e formulando propostas que contribúan á mellora de seguridade viaria.
  • Fomentando a mobilidade a pé e en bicicleta mediante a construción ou reserva de espazos e a supresión de barreiras arquitectónicas ao peón e a bicicleta, nun entorno axeitado, seguro e agradable para os usuarios.
  • Xestionando a mobilidade en aspectos relativos a grandes centros de atracción de tráfico, como o porto ou a área industrial.

 

Catro fases de traballo

O PMUS será elaborado a través de catro fases de traballo, consistentes na recollida de información básica e análise, nunha segunda fase de diagnose, nunha terceira de definición do marco operativo de toma de decisións e, por último, na redacción do documento final.

O Concello será o encargado da dirección técnica do PMUS, constituíndo unha Comisión Municipal presidida polo alcalde (ou concelleiro en quen delegue) e formada ademais polos edís de Urbanismo e Seguridade Cidadá, a enxeñeira municipal, o técnico de medio ambiente, un aparellador do Departamento de Urbanismo, un representante da Policía Local e persoal responsable do Plan de Comunicación do PMUS.

Valorizar os atributos turísticos de Ribeira, puntal para o crecemento socio-económico

O propósito xeral deste proxecto de longo percorrido, Riveira Atlántica 2015, é a transformación  do Concello nun destino turístico de primeira orde baseado nos seus propios recursos naturais, patrimoniais e industriais. O desenvolvemento integral do proxecto contribuirá de forma directa ao crecemento do emprego e á diversificación da actividade económica, partindo da rexeneración de dúas unidades paisaxísticas con identidade diferenciada: a dinámica fluvial propia da área litoral interior da contorna rural e a dinámica marítima do espazo urbano.

Os principais obxectivos estratéxicos céntranse na promoción económica, na creación de emprego e oportunidades comerciais a través da diversificación produtiva e mellora das infraestruturas e servizos locais, na calidade ambiental e a protección da contorna natural e o patrimonio cultural, fomentando ao mesmo tempo a Sociedade da Información e universalización do acceso ás TIC, facendo fincapé na conciliación familiar e a cohesión social.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia e Muros: o Bng comarcal presentou as emendas aos Orzamentos da Xunta para este ano

P2140063

  • Entre as partidas que se piden están os 300.000 euros que se reclamaron para o Coliseo Noela no Entroido o pasado luns
  • Tamén se pide a ampliación do museo das laudas e a restauración do cinema París en Muros
  • Asemade, piden escolas infantís novas para Noia, Porto do Son e Muros


Laudas gardadas na sacristía de Santa María a Nova por falta de espazo

Noia, 14 de febreiro de 2013. Na rolda de imprensa dada polo BNG este xoves, 14 de febreiro, a sua responsábel comarcal, Ánxela Franco, manifestou que o BNG está preocupado pola situación de desemprego que se dá na comarca de Muros-Noia, a  consecuencia da falta de investimentos  que xeren emprego por parte das distintas Administracións. Por isto presentou unha serie de emendas que, de ser aprobadas, asegura o Bng, "contribuirían a paliar esta grave situación". 

Crítica ao deputado do PP e ex alcalde de Lousame, Santiago Freire

Por outra banda, o Bng criticou "o nulo interese sobre os problemas desta comarca por parte de deputados como o señor Santiago Freire (ex alcalde de Lousame), que nestes orzamentos non fixo nen o máis mínimo esforzo por acadar algún investimento".

A deputada nacionalista polo Bng no Parlamento Galego Ana Pontón deu conta das propostas de emenda presentadas polo BNG e que fan referencia a esta comarca:

PLAN MARISQUEIRO RIA DE MUROS-NOIA………………….700.000€

Desenvolvemento de espazos culturais:

COLISEO NOELA…………………………………………………..300.000€

AMPLIACIÓN MUSEO LAUDAS GREMIAIS……………………100.000€

CINE PARÍS (MUROS)……………………………………………. 200.000€

 

VARIANTE PORTOSIN (para comezo da obra)………………...300.000€

ESCOLAS INFANTÍS, PTO. DO SON, NOIA E MUROS…….1.500.000€


Antes, en Certo:




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: convocado o VI certame fotográfico "Se eu podo, ti tamén", sobre igualdade de xénero

  • Mil euros en premios para as tres mellores fotos
  • Prazo de presentación ata o 4 de marzo
Media_httpfarm3static_gdflh

Noia, 14 de febreiro de 2013. Con motivo da celebración o vindeiro día 8 de marzo do “Día da Muller Traballadora”, a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Noia, a través do Centro de Información á Muller (CIM) convoca o VI CONCURSO FOTOGRÁFICO “SE EU PODO, TI TAMÉN“.

Bases:

-TEMÁTICA DAS FOTOGRAFÍAS
As fotografías deberán tratar sobre a corresponsabilidade de homes e mulleres no espazo público, privado e/ou doméstico. Nelas poderán aparecer tanto persoas do sexo masculino como feminino, ou calquera outra imaxe que reflicta o espírito do concurso. O xurado resérvase o dereito de aceptación das obras segundo se axeiten ou non á temática requerida.
As fotografías presentadas deberán ser inéditas, e non se aceptarán as que foran seleccionadas noutro concurso ou certame. As imaxes deberán ser orixinais, non se admitirá ningunha fotografía con dereitos de propiedade intelectual que non pertenzan integramente e sen excepción ao propio participante.
- PARTICIPANTES
Poderá participar no concurso todas aquelas persoas afeccionadas interesadas que o desexen.
-PRESENTACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS
A participación no concurso é gratuíta e realizarase mediante a presentación dun sobre dirixido ao Centro de Información á Muller do Concello de Noia (CIM), edificio de Servizos Sociais, ubicado na Rúa do Curro, nº 4, coa inscrición: VI CONCURSO FOTOGRÁFICO “SE EU PODO TI TAMÉN”.
Únicamente se admitirá un máximo de catro fotografías por participante.

Dentro do sobre deberán estar presentes tres elementos:
1. A fotografía presentada a concurso.
2. Un CD ou DVD que conteña a fotografía que se presenta.
3. Dentro deste sobre incluirase un sobre pequeno, tamén pechado, que levará escrito por
fóra o título da fotografía e no seu seu interior: unha fotocopia do DNI, o número de
teléfono de contacto e, de ser o caso un enderezo electrónico.

-REQUISITOS TÉCNICOS
A medida máxima das fotografías será de 50 x 70 cm e presentaranse en cartón pluma , o cal e deberá ter no reverso da fotografía un pequeno enganche para poder expoñela.
As imaxes presentadas en CD ou DVD deberán estar en formato JPG ou JPEG, cunha resolución superior a 2048 X1536 píxeles. A técnica usada será libre, en branco e negro ou cor, e cos retoques que o autor/a estime necesarios para transmitir o obxectivo do concurso.

- PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS
O prazo de recepción das fotografías estará aberto dende a data de publicación das presentes bases no BOP, ata as 14:00 horas do luns 4 de marzo de 2013.

- PREMIOS
Concederanse tres premios ás tres mellores fotografías:
1º premio, dotado cunha cantidade de…………………………… 500 €.
2º premio, dotado cunha cantidade de…………………………….300 €
3º premio, dotado cunha cantidade de…………………………… 200 €

*O contido completo das bases poderase consultar nos taboleiros de anuncios do Concello de Noia e no edificio onde se ubica o CIM




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: este domingo 17 de febreiro, I Carreira de San Alberte

Media_httpwwweniacinf_etqpp

Ribeira, 14 de febreiro de 2013. A Escola de Boxeo "El Canario", en colaboración con Arousa Natureza e Ocio, o Centro Recreativo de Artes, a Asociación de Veciños de Carreira e o Concello de Ribeira, organizan para o vindeiro 17 de febreiro, este domingo, a Iª Carreira de San Alberte no monte e a carón da ermita do mesmo nome. Son 9 quilómetros de terra, cun trazado apto para os habituais do running, pero co seu punto de dificultade.

Queres participar?

Tes toda a información en www.arousa.com

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical