- Mil euros en premios para as tres mellores fotos
- Prazo de presentación ata o 4 de marzo
As fotografías deberán tratar sobre a corresponsabilidade de homes e mulleres no espazo público, privado e/ou doméstico. Nelas poderán aparecer tanto persoas do sexo masculino como feminino, ou calquera outra imaxe que reflicta o espírito do concurso. O xurado resérvase o dereito de aceptación das obras segundo se axeiten ou non á temática requerida.
As fotografías presentadas deberán ser inéditas, e non se aceptarán as que foran seleccionadas noutro concurso ou certame. As imaxes deberán ser orixinais, non se admitirá ningunha fotografía con dereitos de propiedade intelectual que non pertenzan integramente e sen excepción ao propio participante.
- PARTICIPANTES
Poderá participar no concurso todas aquelas persoas afeccionadas interesadas que o desexen.
-PRESENTACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS
A participación no concurso é gratuíta e realizarase mediante a presentación dun sobre dirixido ao Centro de Información á Muller do Concello de Noia (CIM), edificio de Servizos Sociais, ubicado na Rúa do Curro, nº 4, coa inscrición: VI CONCURSO FOTOGRÁFICO “SE EU PODO TI TAMÉN”.
Únicamente se admitirá un máximo de catro fotografías por participante.Dentro do sobre deberán estar presentes tres elementos:
1. A fotografía presentada a concurso.
2. Un CD ou DVD que conteña a fotografía que se presenta.
3. Dentro deste sobre incluirase un sobre pequeno, tamén pechado, que levará escrito por
fóra o título da fotografía e no seu seu interior: unha fotocopia do DNI, o número de
teléfono de contacto e, de ser o caso un enderezo electrónico. -REQUISITOS TÉCNICOS
A medida máxima das fotografías será de 50 x 70 cm e presentaranse en cartón pluma , o cal e deberá ter no reverso da fotografía un pequeno enganche para poder expoñela.
As imaxes presentadas en CD ou DVD deberán estar en formato JPG ou JPEG, cunha resolución superior a 2048 X1536 píxeles. A técnica usada será libre, en branco e negro ou cor, e cos retoques que o autor/a estime necesarios para transmitir o obxectivo do concurso. - PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS FOTOGRAFÍAS
O prazo de recepción das fotografías estará aberto dende a data de publicación das presentes bases no BOP, ata as 14:00 horas do luns 4 de marzo de 2013.- PREMIOS
Concederanse tres premios ás tres mellores fotografías:
1º premio, dotado cunha cantidade de…………………………… 500 €.
2º premio, dotado cunha cantidade de…………………………….300 €
3º premio, dotado cunha cantidade de…………………………… 200 € *O contido completo das bases poderase consultar nos taboleiros de anuncios do Concello de Noia e no edificio onde se ubica o CIM
Fumata branca: Leo Bassi xa no @gconfidencial na entrevista que lle fixemos en Noia. galiciaconfidencial.com/nova/13233.html O dito: católicos absterse.
— Certo (@Certo) February 14, 2013
Noia: xa vistes o parque infantil remocicado da Alameda? flic.kr/p/dUB799 Agora falta que haxa polo menos un cuberto!
— Certo (@Certo) February 13, 2013
Noia: o Liceo acolle este mes de febreiro unha mostra de óleos de Tino Poza. Amosámoslles catro das pinturas. post.ly/A9y89
— Certo (@Certo) February 13, 2013
Noia: últimos tres minutos da actuación de Leo Bassi, co berro pedindo que dunha vez se abra o Coliseo Noela youtu.be/gsSD5F23qiU
— Certo (@Certo) February 13, 2013
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario