Ribeira, 14 de febreiro de 2013. A Escola de Boxeo "El Canario", en colaboración con Arousa Natureza e Ocio, o Centro Recreativo de Artes, a Asociación de Veciños de Carreira e o Concello de Ribeira, organizan para o vindeiro 17 de febreiro, este domingo, a Iª Carreira de San Alberte no monte e a carón da ermita do mesmo nome. Son 9 quilómetros de terra, cun trazado apto para os habituais do running, pero co seu punto de dificultade. Queres participar? Tes toda a información en www.arousa.com
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario