Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
23.10.09
Boiro: historia do uso da pintura en Cabo de Cruz
Non só das cores: tamén se conta a historia doutras moitas cousas. Un interesante documento etnográfico. Fáltanos saber se rigoroso ou aproximado.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Socioloxía: Xurxo Ayán, escatolóxico coa xornalista que mexa na ducha
O estranxeiro convertido nunha verdadeira atracción de circo. No século XIX os empresarios circenses levaban de xiras a xentes das colonias, que eran exhibidas nos parques zoolóxicos. En 1897 un grupo de ashantis africanos eran amosados ao público no seu hábitat natural, nunha aldea prefabricada nos xardíns do Retiro en Madrid. Tódalas tardes acodía alí a burguesía da Villa y Corte, a ver os salvaxes. Seica algúns tiñan até medo de achegarse non fose que mordesen, segundo a prensa local. Anos antes nunha macroexposición sobre as colonias asiáticas españolas, 45 indíxenas da Micronesia e de Filipinas ocuparan o mesmo escenario. De feito, o famoso lago que está diante do Pazo de Cristal no Retiro, fabricárase para que os asiáticos remasen coas súas canoas, para deleite do público da metróple. Estes etnoshows, esta humillación de barraca dáse agora en 2009 en Telecinco nun Gran Hermano no que a presentadora (ese-ser-extrano) afirma entusiasmada que vai entrar na casa unha familia recén chegada de Papua Nova Guinea, "directamente desde el Neolítico". Amigos e amigas, este é o país de merda no que vivimos.
En Certo somos fans de Mercedes Milá, como vostedes viron en
http://certo.posterous.com/medio-ambiente-mercedes-mila-pode-estar-conte
Agora Xurxo Ayán, en Arqueoneixón, vén de "louvar" o programa que segue a presentar -para vergoña de propios e alleos- nunha cadea de televisión.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Dodro: bases do premio de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Banda deseñada: Rubín vaise a Praga coa súa maior exposición
Fotos cortesía de Iria Lago, ex directora de publicacións da editorial noiesa Toxosoutos
Teñen toda a información no portal do Consello da Cultura, en http://www.culturagalega.org/noticia.php?id=15626
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Fotografía: o presidente de Estados Unidos en familia
E no Flickr, ao alcance de todo aquel que teña Internet. Normalidade oficial nunha familia política. Non imos facer comparanzas con ningún estado. Vostedes son máis intelixentes...
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Dodro: o Premio Eusebio Lorenzo Baleirón na Wikipedia inglesa
From Wikipedia, the free encyclopedia
Jump to: navigation, search
This article is an orphan, as few or no other articles link to it. Please introduce links to this page from other articles related to it. (February 2009) The poetry prize Premio Eusebio Lorenzo Baleirón was created in 1988 by the city of Dodro, Spain, with the objective of contributing to the reaffirmation of Galician poetry and to honor the poet Eusebio Lorenzo Baleirón. The winning poems have been published, since 1992, are published in a book titled Colección de poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, which is released by Edicións do Castro.
[edit] Winners
- 2008: Xabier Xil Xardón, Cando menos, a derrota
- 2007: Nieves Soutelo, Código poético
- 2006: Rafa Villar, Escoración dos días
- 2005: Mariña Pérez Rei, Fanerógama
- 2004: Lupe Gómez, Azul estranxeira
- 2003: María Comesaña Besteiros, Zoonose
- 2002: Eduardo Estévez, Caderno apócrifo da pequena defunta
- 2001: Xosé Lois Rúa, O tránsito da auga
- 2000: Carlos Penela, Acaso o inverno
- 1999: Emma Pedreira, Grimorio
- 1998: Estevo Creus, Teoría do lugar
- 1997: Emma Couceiro, As entrañas horas
- 1996: Isidro Novo, Dende unha nada núa
- 1995: Xosé Miranda, Amantes e viaxeiros
- 1994: Xosé M. Millán Picouto, As palabras no espello
- 1993: Xabier Cordal, Fruto do teixo
- 1992: Palmira González Boullosa, Asoladamente, o teu nome
- 1991: Helena Villar Janeiro, Nas hedras da clepsidra
- 1990: Xavier Rodríguez Barrio, Alborada no muro
- 1989: Gonzalo Navaza, Fábrica íntima
- 1988: Xosé López Gómez, O matiz esmeralda na sombra
[edit] External links
Retrieved from "http://en.wikipedia.org/wiki/Premio_Eusebio_Lorenzo_Baleir%C3%B3n"Hidden categories: Orphaned articles from February 2009 | All orphaned articles
Ben, chamarlle "city" a Dodro é unha hipérbole. Con "hamlet" abondaba. Pero grazas!!!
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Necrolóxica: Anisia Miranda, d.e.p.
En Certo temos unha imaxe de Anisia Miranda (está de costas e falando con Graziella) do xa viúvo Neira Vilas (Memorias dun neno labrego). Foi tomada na Feira do Libro da Habana, nesa viaxe que deu tanto que falar -e non de literatura precisamente-
Que a terra lle sexa lene.
Perfecto Conde adícalle a entrada do seu blog hoxe: http://perfectoconde.blogspot.com/2009/10/anisia-miranda.html
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia