O estranxeiro convertido nunha verdadeira atracción de circo. No século XIX os empresarios circenses levaban de xiras a xentes das colonias, que eran exhibidas nos parques zoolóxicos. En 1897 un grupo de ashantis africanos eran amosados ao público no seu hábitat natural, nunha aldea prefabricada nos xardíns do Retiro en Madrid. Tódalas tardes acodía alí a burguesía da Villa y Corte, a ver os salvaxes. Seica algúns tiñan até medo de achegarse non fose que mordesen, segundo a prensa local. Anos antes nunha macroexposición sobre as colonias asiáticas españolas, 45 indíxenas da Micronesia e de Filipinas ocuparan o mesmo escenario. De feito, o famoso lago que está diante do Pazo de Cristal no Retiro, fabricárase para que os asiáticos remasen coas súas canoas, para deleite do público da metróple. Estes etnoshows, esta humillación de barraca dáse agora en 2009 en Telecinco nun Gran Hermano no que a presentadora (ese-ser-extrano) afirma entusiasmada que vai entrar na casa unha familia recén chegada de Papua Nova Guinea, "directamente desde el Neolítico". Amigos e amigas, este é o país de merda no que vivimos.
En Certo somos fans de Mercedes Milá, como vostedes viron en
http://certo.posterous.com/medio-ambiente-mercedes-mila-pode-estar-conte
Agora Xurxo Ayán, en Arqueoneixón, vén de "louvar" o programa que segue a presentar -para vergoña de propios e alleos- nunha cadea de televisión.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario