7.10.11

Cultura: a revista "Cuadrante" dedica o seu último exemplar íntegro á vida e obra de Valle-Inclán

  • A publicación, realizada pola Fundación Valle Inclán e a Asociación de Amigos de Valle Inclán, é outra contribución aos estudos sobre o escritor de Vilanova de Arousa que tamén viviu e escribiu na Pobra do Caramiñal

Santiago, 7 de outubro de 2011.- O director xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, Francisco López, interveu esta mañá na presentación do número 22 da revista ‘Cuadrante’ realizada pola Fundación Valle Inclán e a Asociación de Amigos de Valle Inclán e que supón "unha valiosa contribución aos estudos sobre o escritor de Vilanova de Arousa". O director xeral amosou o compromiso da Xunta de Galicia “co máis universal dos nosos creadores” e lembrou as iniciativas levadas a cabo con motivo do 75 aniversario do pasamento de Valle Inclán como o “patrocinio do congreso que celebraremos do 25 ao 28 deste mes de outubro, organizado pola Cátedra Valle Inclán da Universidade de Santiago; a colaboración na exposición iconográfica sobre Valle Inclán no Museo de Pontevedra nas mesmas datas ou a firma do convenio coa propia Fundación”. Na nota de prensa non se menciona en ningún momento A Pobra do Caramiñal, aínda que nesta vila barbanzana hai un museo adicado á súa figura e agora mesmo unhas xornadas, que van pola súa XIII Edición, que se adican a louvar a súa figura.

Francisco López destacou nas súas verbas “a gran calidade da publicación” que hoxe presentaba a súa tirada número 22 e gabou o “longo labor” da Fundación e a Asociación Valle Inclán “en prol da figura e da obra do gran renovador da dramaturxia e da narrativa contemporánea”. Na opinión do director xeral, ambas entidades “realizaron esta fusión creativa de intereses e plasmaron nestas páxinas a súa capacidade común para abrir novos puntos de vista sobre un dos nosos clásicos máis destacados da literatura universal”.

O responsable da Dirección Xeral do Libro manifestou o seu apoio “ás iniciativas que conduzan a situar a Galicia no contexto mundial que se merece”. Deste xeito, Francisco López recordou a “inmensa nómina de autores de agora mesmo cunha magnífica saída ao panorama internacional” e lembrou, asemade, “aos mestres que construíron unha imaxe de Galicia como identidade nunha lingua distinta ao galego”. “Na nosa acción de goberno móvenos esa capacidade de integración de todos os elementos que nos representan”, concluíu.

Revista Cuadrante
A Revista Cuadrante leva editándose desde o mes de xaneiro do ano 2000. Neste primeiro número apareceron por primeira vez e de forma ordenada, unha serie de documentos como a partida de nacemento ou outros documentos significativos como o da chamada a filas, as cualificacións académicas ou a acta matrimonial entre outros, salientados e estudados en varios artigos.

A Asociación de Directores de Escena de España, na súa reunión do 3 de marzo de 2006, tomou la decisión de conceder a Medalla da A.D.E. á Revista Cuadrante, "pola súa tenaz e valiosa contribución aos estudos en torno a Valle Inclán, unha das figuras máis relevantes da literatura dramática contemporánea".

A Revista Cuadrante faise cunha tirada de 1.500 exemplares, que se distribúen entre os socios e subscritores, e envíase a 48 universidades españolas: Huelva, Almería, Málaga, Madrid, Navarra, Zaragoza, Lleida, León, Salamanca, Deusto ou a Universidade Pontificia de Comillas. Cuadrante tamén traspasou as nosas fronteiras, xa que reciben a publicación en Dublín (Trinity College), Polonia (Institute Iberoamericano), Alemaña (Instituto Iberoamericano de Berlín), Italia (Universitá degli Studi di Milano) e nos Estados Unidos, onde profesan gran interese pola revista, en Colorado (University of Colorado at Boulder), Pennsylvania (State University).

Relacionadas:


Madrid co Museo Valle-Inclán: novos grupos en outubro


Xornadas Valle-Inclán: imaxes da presentación e da exposición


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Dodro: actividades en outubro e novembro a prol da igualdade e contra a violencia de xénero

Dodro, 7 de outubro de 2011. A concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Dodro que dirixe Marisol Boga Grela está a facer unha Campaña de promoción da igualdade con actividades de coeducación e outra Campaña de prevención da violencia de xénero.

Dentro da campaña de promoción da igualdade, neste mes de outubro, realizanse diferentes Obradoiros para a Igualdade (pintura, camisetas, gymkana,...) na escola infantil A Galiña Azul e nas escolas unitarias de Teaio, Bexo, Vigo, Lestrobe e Chenlo. Estos obradoiros realizanse dende o día 3 ata o 11 de outubro, que se poden ver no cartel con horarios e datas.

A partires do luns día 10 haberá Obradoiros de coeducación tanto para rapaces de primaria como da ESO. Estes obradoiros serán na biblioteca municipal da Casa da Cultura do concello en horario de tarde, que tamén figuran no cartel adxunto.

Dentro deste mesmo programa esta concellería realiza o 11 de novembro o obradoiro "A transmisión de roles a través da publicidade" para rapaces a partires de 5º de primaria na Biblioteca Municipal da Casa da Cultura en horario de tarde.

TRABALLANDO A AUTOESTIMA:

Dentro da campaña de prevención da violencia de xénero os días 17, 19 e 21 de outubro de 18h a 20h realizaránse diversos obradoiros de autoestima e autovaloración a través dos mitos sobre a violencia de xénero. Estes obradoiros incluirán un taller de habilidades sociais, taller de risoterapia, dinámicas de autoestima,...etc. Serán nas aulas da Paxareira e as inscripcións podense realizar nas dependencias de servizos sociais ou no telefono 981 802 466.

Videofoo o 4 de novembro

Dentro da mesma campaña esta concellería ten programado o Videoforo "O ciclo da violencia" para o día 4 de novembro de 18h a 21h, no que se realizara o visionado da película "Te doy mis ojos". Será nas aulas da Paxareira e as inscripcións no teléfono 981802466 ou nas dependencias de servizos sociais.

Para pechar a campaña de prevención da violencia de xénero, a concellería de servizos sociais está elaborando un díptico de sensibilización sobre a violencia de xénero que sacará á rúa este mes de outubro dirixido a toda a poboación de Dodro.

Traballos artesanais, novo obradoiro

Co nome de «Seráns de traballos artesanais e labores con fíos» a Concellería de Cultura volve convocar unha nova edición do seu taller de labores con fíos dirixido a todos os públicos. Abordaranse traballos de todo tipo: calceta, ganchillo, vainicas e calados, Inscrustacións, encaixe de Camariñas, bordado á man, colchas de retais (patchwork)...

A actividade realizarse na Casa de Cultura a partir do 17 de outubro de 2011. As clases contarán con profesorado especializado e atención personalizada para as e os asistentes. Debido a isto existe un límite de persoas para inscribirse. O horario previsto é de 19.15 a 21, 15 horas.


Antes, en Certo:


Exposición: ata o 17 de outubro, sobre Cambio Climático


Un xoguete, unha ilusión: novo programa solidario



CRA E GALIÑA AZUL. CARTEL.odt Download this file

CARTEL OBR.COEDUCACION.odt Download this file

Artesanais.pdf Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: veciños de Madrid, entre os visitantes máis asiduos ao Museo de Valle-Inclán

A Pobra, 7 de outubro de 2011. Nun ano especialmente relevante en canto a número de grupos orixinarios da comunidade madrileña e en plena celebración dunha nova edición das xornadas de homenaxe a Valle-Inclán, que coinciden este ano co 75 aniversario do deceso  do escritor, un novo colectivo de 35 persoas, chegado desde as terras madrileñas, con representantes de tres universidades de Madrid, programou como un dos destinos entre as visitas da viaxe que están a realizar, as instalacións do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal.

Alí foron recibidos pola técnica Begoña Olveira Sanisidro, encargada de conducilos polas distintas salas do emblemático edificio e explicarlles o seu contido, onde tamén fixeron unha fotografía de recordo.

Previamente viñan de facer outra das visitas obrigadas na Pobra do Caramiña, o miradoiro do monte de A Curota, onde tamén disfrutaron das vistas sobre a plenitude da ría de Arousa.

Antes, en Certo:


Xornadas Valle-Inclán: imaxes da presentación e da exposición


Turismo: o Museo de Valle recibe un grupo de Palencia


Turismo: visitantes de Carral no Museo Valle Inclán


Valle Inclán: primeiro acto de homenaxe polo 75 cabodano


Documental: "Este que veis aquí", sobre Valle. Rodouse na vila

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Muros-Noia: o Psoe denuncia a falla de control absoluto de Mar e Medio Ambiente na morte dos salmóns das gaiolas contaminantes

56 POC salmóns mortos ria de noia e muros 051011 SONIA 71715-asinado.pdf Download this file

  • A portavoz de Pesca Marisol Soneira quere saber si a Consellería do Mar ten algún estudo sobre a orixe dos salmóns mortos que apareceron aboiados na ría de Muros e Noia
  • Tamén pregunta as medidas que vai tomar a Consellería do Mar para evitar episodios desta natureza no futuro
Media_httpfarm4static_emfqv

Muros-Noia, 7 de outubro de 2011. A deputada do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Marisol Soneira anunciou hoxe que rexistrou unha pregunta na Cámara Autonómica na que reclaman explicacións pola aparición de máis de cincocentos salmóns mortos aboiados a todo o longo e ancho na ría de Noia e Muros.

Soneira dixo que este feito é "dunha gravidade tremenda xa que implica unha falta absoluta de control, por parte da Consellaría do Mar, sobre as gaiolas alí instaladas para a cría e engorde destes peixes. A deputada advirte que supón unha absoluta neglixencia por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que descoñece o trato que a empresa acuícola dá aos peixes mortos, e as consecuencias que estes cadáveres poden ter para o ecosistema da ría".

Por todo esto a portavoz de Pesca quere saber si a Consellería do Mar ten algún estudo sobre a orixe dos salmóns mortos que apareceron aboiados na ría de Muros e Noia e  tamén que medidas tomará para evitar episodios desta natureza no futuro.

Ademais quere coñecer que controis fai, habitualmente, a Consellería do Mar sobre as gaiolas fondeadas na ría de Noia e de Muros para producir salmón en cautividade, e sobre as gaiolas e a súa incidencia no ecosistema da ría.

Antes, en Certo:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra: o novo presidente de Portos de Galicia visitou a zona da lonxa, onde se farán melloras

Visita_presidente_portos_de_ga

  • José Juan Durán visitou o municipio e informou de que xa está contratada a redacción do proxecto que dará resposta ás necesidades do sector profesional
  • O ente público encargará, ademais, un estudo dos posibles beneficios para os bancos marisqueiros da apertura de canles entre o peirao comercial e a praia de Raposiños

A Pobra, 7 de outubro de 2011.- Portos de Galicia executará melloras nas instalacións do sector profesional do porto da Pobra do Caramiñal e desenvolverá estudios para favorecer a actividade pesqueira e mariñeira na zona. Así o anunciou onte o novo presidente do ente público, José Juan Durán, que substitúe a Álvarez-Campana, nunha visita ao municipio.

Durán informou de que o seu departamento xa ten contratada a redacción do proxecto de mellora da lonxa da localidade e o seu entorno. Deste xeito o organismo portuario pretende dar resposta ás necesidades do sector profesional pobrense, trasladadas polos representantes do Concello, a confraría e o colectivo de mexilloeiros, nunha recente reunión co presidente do ente en Santiago. 

Asemade, Portos de Galicia continuará a avanzar na tramitación da petición de apertura de canles para as correntes entre o peirao comercial e a praia de Raposiños. O ente público elaborara xa un estudio técnico da obra e agora encargará un estudio de biolóxico e ambiental para coñecer os posibles beneficios desta actuación para os bancos marisqueiros existentes na zona. 

Pode que tamén lle interese:









Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: Renacer organiza a súa cea benéfica o vindeiro venres 28 de outubro

Cea_benefica_renacer

Ribeira, 7 de outubro de 2011. O vindeiro 28 de outubro terá lugar a Cea Benéfica da Asociación Antidroga Renacer que se vén celebrando dende o ano 2001. O obxectivo da mesma é recadar fondos para continuar co desenvolvemento dos programas de prevención e inserción social das drogodependencias, que esta entidade ten en funcionamento dende hai máis de vinte anos.

Nunha época de crise coma a que estamos vivindo, na que a administración vese obrigada a realizar continuos recortes, é mais importante ca nunca poñer en práctica valores coma a solidarizade e o compromiso social, explican dende Renacer.

Invitan, entón, á poboación a participar neste acto e a colaborar. Para iso, os/as que o desexen poden mercar unha entrada para asistir o acto, facerse con algunha das rifas que dende hai uns días están xa a venda ou ben, se se trata dun comercio, doar algún articulo para o sorteo.

A cea terá lugar no Restaurante Baiuca sito no lugar de Goda en Artes, ás dez da noite. Durante a mesma celebrarase un sorteo no que se rifarán obxectos e lotes de produtos doados por establecementos comerciais. "Agradecemos de antemán todo o apoio e colaboración que nos poidan prestar", rematan.

Máis información:

O prezo de das rifas é 1 € e o das entradas de 35 € por persoa. Estas pódense mercar na Farmacia Sanmamed, no local da Asociación ou facer un ingreso na Cta. Nova Caixa Galicia:2080-0385-92-3040001082. Ref. Cea Benéfica.

Para doazóns pódense poñer en contacto chamando o 981 87 40 86 ou acercándose o local social, en horario de 9 a 14:00 horas.

Web de Renacer:

http://www.asociacion-renacer.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: a renovación da praza Uxío Novoneyra debería estar rematada a primeiros do vindeiro ano

Uxo_novoneyra

  • Onte comunicou o Concello a adxudicación á empresa Obras y Viales de Galicia, que concorría con outras 33 a esta obra
  • Para a vindeira semana está previsto o comezo das obras, que teñen como prazo de execución tres meses (entón, de cumprirse os prazos, deberían ter rematado a primeiros de xaneiro de 2012)


Ribeira, 7 de outubro de 2011.- O Concello informou de que, reunida a mesa de contratación, acordouse propoñer a adxudicación da obra de renovación da praza Uxío Novoneyra á empresa Obras y Viales de Galicia, S.L. Oviga, de entre as 34 empresas que se presentaron ao concurso público. Está previsto que na próxima semana dea comezo a actuación. 

Cabe recordar que o prazo de realización da obra é de 3 meses e o orzamento base de licitación, de 299.553,16 euros. 

Con 1.400 metros cadrados de superficie, a praza Uxío Novoneyra está situada no centro do casco urbano e constitúe unha das de máis actividade comercial do municipio, existindo grande número de establecementos comerciais e de hostalería. A actuación ten como obxecto mellorar esta zona comercial peonil, creando un espazo continuo que poida ser disfrutado polos cidadáns e garantindo ademais a accesibilidade ás persoas con mobilidade reducida.  

A actuación prevista inclúe a demolición do pavimento, rampas e escaleiras existentes e a posterior reconstrución destes dous últimos elementos conforme ao disposto na Lei de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. 

Impermeabilización

Unha das accións máis importantes das englobadas na obra de renovación é a da impermeabilización da superficie da praza. Isto terá lugar mediante a aplicación de impricación asfáltica a rodillo e colocación de dúas láminas impermeabilizantes. 

O proxecto contempla tamén a instalación dunha rede de pluviais, a pavimentación con lousas rectangulares de pedra de granito silvestre de diversas tonalidades e a substitución dos puntos de luz existentes por lámpadas de 150 watios de VSAP. 

Ademais vanse instalar diversos elementos de mobiliario urbano, como bancos, xardineiras ou papeleiras. 

Cabe recordar que a praza está formada por dúas zonas independentes comunicadas entre si a través dun pasadizo. Unha primeira zona ten unha forma sensiblemente rectangular e pódese acceder á mesma dende as rúas Otero Pedrayo, Mariño de Rivera e do Frade. Este espazo está distribuído en dúas áreas situadas a diferentes alturas, unidas mediante unha escaleira e dúas tampas. A segunda das zonas é trapezoidal e pódese acceder dende Mariño de Rivera.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical