7.10.11

Ribeira: Renacer organiza a súa cea benéfica o vindeiro venres 28 de outubro

Cea_benefica_renacer

Ribeira, 7 de outubro de 2011. O vindeiro 28 de outubro terá lugar a Cea Benéfica da Asociación Antidroga Renacer que se vén celebrando dende o ano 2001. O obxectivo da mesma é recadar fondos para continuar co desenvolvemento dos programas de prevención e inserción social das drogodependencias, que esta entidade ten en funcionamento dende hai máis de vinte anos.

Nunha época de crise coma a que estamos vivindo, na que a administración vese obrigada a realizar continuos recortes, é mais importante ca nunca poñer en práctica valores coma a solidarizade e o compromiso social, explican dende Renacer.

Invitan, entón, á poboación a participar neste acto e a colaborar. Para iso, os/as que o desexen poden mercar unha entrada para asistir o acto, facerse con algunha das rifas que dende hai uns días están xa a venda ou ben, se se trata dun comercio, doar algún articulo para o sorteo.

A cea terá lugar no Restaurante Baiuca sito no lugar de Goda en Artes, ás dez da noite. Durante a mesma celebrarase un sorteo no que se rifarán obxectos e lotes de produtos doados por establecementos comerciais. "Agradecemos de antemán todo o apoio e colaboración que nos poidan prestar", rematan.

Máis información:

O prezo de das rifas é 1 € e o das entradas de 35 € por persoa. Estas pódense mercar na Farmacia Sanmamed, no local da Asociación ou facer un ingreso na Cta. Nova Caixa Galicia:2080-0385-92-3040001082. Ref. Cea Benéfica.

Para doazóns pódense poñer en contacto chamando o 981 87 40 86 ou acercándose o local social, en horario de 9 a 14:00 horas.

Web de Renacer:

http://www.asociacion-renacer.org

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical