Barbanza e Noia, 29 de abril de 2012. "Sabemos tirar os penaltis e non facemos como o Barça e o Madrid" afirmaron os de Terbutalina no festival de Vitaminas para o galego que se celebrou na noite do pasado venres na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela. Ademáis do enerxético "gastro punk" dos de Muros, a xornalista Xiana Arias coordenou con palabras fermosas e precisas un acto no que se deron cita xornalistas, músicos e a vangarda da intelectualidade compostelán.
O recitado vibrante do rianxeiro Gonzalo Hermo, da vivariense Olalla Cociña e da luguesa Alicia Fernández abriu o lume dun acto no que Ubaldo Cerqueiro (Quepasanacosta) deu leitura ao manifesto que "Vitaminas para o galego" lanza para o vindeiro 17 de maio, Dia das Letras. No texto faise fincapé na necesidade de medios de comunicación que empreguen o idioma galego se se quere garantir a continuidade e a transmisión interxeneracional da lingua, a contribución máis importante de Galicia á construción da humanidade". Por iso afirman que queren "reforzar os medios de comunicación en galego, coa criación efectiva dun espazo galego de comunicación, como plataforma de defensa da identidade común".Os 26 medios que participan das "Vitaminas" afirman que "Galicia quere información de proximidade en galego, mass media que no século XXI difundan e prestixien o idioma, altofalantes que ensinen a nosa visión do mundo, peten nas conciencias e fagan visible a sensibilidade e a creatividade existente na sociedade galega".Vídeos do Festival. Pedimos disculpas polo son dalgúns, pois os aparellos acopláronse:
Ademais de residuos plásticos, latas e envases tamén se quitaron distintas artes de pesca esquecidas, especialmente perigosas pola súa capacidade de atrapar fauna de forma indiscriminada
Vionta é unha das illas que pertence ao Parque Nacional Marítimo Terreste das Illas Atlánticas
Un grupo de persoas percorreu toda a illa nunha xornada de traballo, retirando de forma manual e con precaución de non afectar á sensible vexetación das dunas
Ribeira, 29 de abril de 2012.- A Xunta de Galicia, a través do persoal do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, vén de excutar na illa de Vionta, en Ribeira, unha operación de limpeza, que concluíu coa retirada de preto de 4.000 kilos de lixo. En total retirásonse 50 sacos (dun media de 75 litros) entre o que se recolleron residuos plásticos, como envases e botellas de auga. Tamén se quitaron artes de pesca abandoadas, que constitúen un elemento moi perigoso pola súa capacidade de atrapar fauna de maneira indiscriminada.
Esta operación levouse a cabo antes do comezo da tempada de cría das aves mariñas e, en total, para evitar calquera afección a este proceso reproductor ao tempo que se elimana perigos para os animais. Así, un grupo de persoas percorreron a totalidade da illa para retirar de forma manual e con precaución de no afectar á sensible vexetación das dunas os residuos presentes.
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas lembrar a necesidade e importancia de comportarse de forma responsable co medio ambiente, evitando deixar restos de lixo nas saídas ao aire libre e reducindo ao mínimo posible os residuos que xeremos, reempregando e reciclando.
Así mesmo, é importante recordar a aquelas institucións responsables da limpeza de praias a necesidade de facer estas operacións de forma coidadosa, polo que debe priorizarse a limpeza manual sobre a mecánica e evitar a retirada de restos orgánicos de orixe natural, que son fonte de alimento de moitas especies. Tamén debe evitarse limpar naqueles lugares e épocas en que nidifiquen especies sensibles.
Nesta paraxe, ao igual que noutros areais do Parque Nacional, tende a acumularse lixo de moi distinto tipo, pero, sobre todo, restos plásticos, traídos polo mar e o vento. A acumulación de lixo supón un importante problema para os ecosistemas mariños en xeral, e para o Parque Nacional en particular, posto que os plásticos teñen unha vida longuísima na natureza, tardando en degradarse centos de anos, ademais son causa de moitos problemas ambientais, xa que se enganchan nas extremidades das aves ou dos cetáceos, ou son consumidas por distintos animais, provocando importantes lesións ou incluso a morte. Supoñen tamén unha fonte de contaminación química para os hábitats nos que se acumulan, permanecendo neles a longo prazo.
Características da illa A illa de Vionta forma parte do archipélago de Sálvora, no concello de Ribeira, incluído no Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia, trátase dunha pequena illa dunhas 12 hectáreas (preto de 24 campos de fútbol) de forma alargada e de relevo baixo, é un espazo cun carácter moi singular, pois está formado, case exclusivamente, por area, que conforma unha duna interior e praias en todo o seu perímetro.
Este lugar é unha zona de reserva integral dentro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, ten un gran valor ecolóxico por acoller unha importante colonia de cría de aves mariñas e pola vexetación que cobre a súa duna interior, que entre outras especies inclúe á xesta de Ons (Cytisus insularis), un endemismo do Parque Nacional. Tanto as colonias de cría de aves mariñas como a flora dunar son especialmente sensibles á presenza humana, motivo polo que se declarou reserva integral, o que impide calquera acceso a ela, excepto por motivos xustificados de investigación ou conservación.
Entre os especialistas estaban, ademais de Manuel Miranda de Mariña Patrimonio, os autores de "Herdeiros pola forza", o arqueólogo Xurxo Ayán e o xornalista e divulgador Manuel Gago
O castro de Fazouro é unha coña ao pé do que hai no Carreiro en Foz. Xurxo Ayán. Os da Xunta non recoñecen o de Foz. #desleixo#vergoña
Foz, 29 de abril de 2012. Unha actividade cultural de balde e polos cantís da costa luguesa, con especialistas explicando as nosas orixes e os castros: como resistirse? Alá que fomos, con dous nenos de oito anos que non pararon de xogar e facer novos amigos durante o percorrido.
Na imaxe, a punto de subir ao bus, Xurxo Ayán, Manuel Gago, Antón Lado, Xurxo Mariño e Soledad Felloza
Ao fondo, na parede da igrexa, "Rente ao mar ese camiño", mural co verso de Celso Emilio Ferreiro
O primeiro destino foi o castro do Carreiro, non recoñecido por Patrimonio, da Xunta. Nas imaxes, Antonio Miranda, de Mariña Patrimonio explica a ubicación clarísima do castro, incluso comparando na ortofoto do famoso voo americano do 1957-1959. Segundo esta asociación, trátase dun castro interesantísimo, dos maiores da Mariña luguesa, con seis hectáreas, e cunha mina de ferro da que se descubriron galerías xa hai uns anos. Teñen toda a información sobre este xacemento aquí.
Na imaxe superior, Miranda amosa unha pedra con material de ferro atopada ao pé da mina, unha de cuxas bocas se observa na foto seguinte
Os cantís da costa focega están tapizados coa invasora sudafricana unlla de gato (carpobrotus edulis), agora en plena floración e unha tentación constante para calquera que leve unha cámara. Na imaxe, Soledad Felloza, contacontos, actriz e fotógrafa
Ao longo de todo o percorrido, Manuel Miranda foi explicando as partes do castro do Carreiro e mesmo amosando materiais cerámicos, escouras de ferro e outras pezas que se atopan alí
O punto onde se desatou a maior indignación dos que alí nos achegamos foi no lugar no que se atopa a simple vista un muíño "castrexo" de granito esquecido nun dos muros dunha choupana das varias que se aprezan por fóra dos novísimos muros do paseo marítimo que sen ningún rubor fixo Costas enriba de todo o xacemento, en tempos do agora defenestrado Jaume Matas. "Non hai peor cego que o que non quere ver", foi o refrán máis manoseado nese intre, xa que é inconcebible que "expertos" de Patrimonio da Xunta viñeran ata aquí e non se decatasen nos seus mesmos fuciños que todo isto é un castro. Logo de que saia en "prensa tradicional", os de Mariña Patrimonio supoñen que o muíño que sae nestas imaxes será expoliado e pasará "a facer bonito nun chalé, como tantas pedras do noso patrimonio máis antigo".
No pequeno -en comparanza co do Carreiro- castro de Llas atopouse un torques semellante ao de Burela, pero máis pequeno. Ao fondo poden observar unha casa chantada enriba do xacemento.
Xoán Ramón Fernández Pacios, historiador e tamén integrante de Mariña Patrimonio, fíxolle varias preguntas a Xurxo Ayán para provocalo [[posterous-content:JobFqsmBpejFDAiaqjzc]] [[posterous-content:ErIcGtDDptFFqDdkysnq]] Xurxo Ayán lanzou no castro de Fazouro unha "chapísima" como el mesmo dixo, sobre a chamada cultura castrexa. Poden escoitala e mirala no seguinte vídeo: é imprescindible para estar á última sobre esta parte da nosa historia, pois Ayán fixo a súa tese doutoral -Suma Cum Laude- sobre este complexo asunto.
[[posterous-content:vBpjHfeJlpifJgdBrmAw]] A costa da parroquia de Fazouro tamén está chea de carpobrotus edulis [[posterous-content:EotxnpJiJDdEyCChsdeG]] Xa en Nois, no castriño que alí hai, os nenos foron agarimar a un cabalo que pastaba
[[posterous-content:mqrDFyreemsqkyearrGx]] Ao percorrido, ademais do microbús que ía cheo, sumáronse particulares en turismos
[[posterous-content:sqgJcGgezBbfEDGpAvBH]]
O roteiro polo patrimonio pétreo de Foz rematou na zona chamada do Bispo Santo, onde se conserva unha capela adicada ao bispo San Gonzalo (que en realidade non é santo). Nela contouse a lenda da invasión viquinga de Foz que foi combatida polos rezos daquel bispo. Agora é unha das festas principais de Foz, con acampada incluída. No lugar suponse que había cultos á auga que foron cristianados e convenientemente aproveitados polos poderes eclesiásticos para o seu peto. Tamén preto había una Fonte dos Mouros e, na parte superior, nun lugar chamado Pico da Lebre, o especialista Manuel Gago aclarou que se pode observar a estrutura dun castelo-mirador altomedieval.
[[posterous-content:owbEuvrzwkCwshaxpfqb]]
A viaxe rematou coa volta á casa de cultura de Foz, onde se presentou o libro "Herdeiros pola forza", de Xurxo Ayán e Manuel Gago. Nel analízase a relación -ás veces patética, outras deprimente e as máis das veces incómoda- entre os galegos, os seus gobernantes e o patrimonio que fica neste país.
Poden ollar os discursos de Gago e Ayán na presentación do libro nestes vídeos:
Os cruceiros e as mámoas póñenas pola noite os do Bloque para molestar. Páx 22 de "Herdeiros pola forza", de @XurxoA e @magago LOLAZO!
Para Noia piden que se cambie o destino dos cartos que ían para retirar a escolleira e se adiquen a estudos para rexenerar o esteiro do interior da ría noiesa, para facelo navegable e aproveitable para o marisqueo
Para Muros solicitan que se rehabilite o vello cine París e se recupere a praia de Parameán en Esteiro
Muros-Noia, 29 de abril de 2012. Das 177 emendas formuladas polo BNG aos Orzamentos Xerais do Estado para o presente ano 2012, tres delas versan sobre cuestións desta bisbarra. Trátase de actuacións que lle afecta aos Concellos de Muros e Noia. No relativo ao Concello de Noia, os deputados nacionalistas en Madrid defenderán unha emenda destinada á Dirección Xeral de Sostibilidade da Costa e do Mar, do Ministerio de Agricultura, mediante a cal solicítase da citada Dirección Xeral o abandono do proxecto de demolición da escollera de acceso ao Peirao do Marqués, cambiando a finalidade orzamentaria do mesmo, a fin de destinala á elaboración dos estudos que permitan unha verdadeira rexeneración do esteiro interior da ría que nos conduza de xeito paulatino á posibilidade da retirada dos fangos e limos que colmatan o esteiro desde hai décadas. O obxectivo desta pretensión non é outro que o da recuperación da navegabilidade pola mencionada contorna, e ao mesmo tempo que se recuperen espazos produtivos marisqueiros, hoxe improdutivos polo efecto do aterramento da ría. A contía que se solicita engadir aos orzamentos deste ano é de un millón de euros. No caso de Muros as emendas fan mención a partidas correspondentes ao Ministerio de Cultura e ao de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. A primeira delas, a que corresponde ao Ministerio de Cultura, vai dirixida á rehabilitación do Cine Paris. O citado inmoble foi mercado na pasada lexislatura con fondos que proviñan do propio Ministerio e tamén da Deputación de A Coruña. O Cine París é un inmoble situado na fachada marítima do casco histórico muradán e data da década dos anos 40 do pasado século. Constitúe unha mostra de arquitectura ecléctica e a contía que se demanda do Ministerio para a súa recuperación é de 500.000 euros. A segunda emenda que lle afecta ao Concello de Muros, vai dirixida ás partidas do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Concretamente trátase de inserir nas mesmas unha consignación orzamentaria por importe de un millón de euros para destinar á recuperación ambiental da praia de Parameán, na parroquia de Esteiro do Concello de Muros.
Noia: Chelo Rodríguez colgou "Entre recunchos e xogos" no Liceo durante marzo e abril post.ly/73oIO
García Gómez, de Política Lingüística, resaltou a importancia da etiquetaxe en galego para a promoción dos nosos productos no exterior
Fotos de Pablo SilvaA Pobra do Caramiñal, 29 de abril de 2012. Os secretarios xerais de Montes e Medio Rural, Tomás Fernández Couto, e de Política Lingüística, Valentín García Gómez, asistiron este xoves pasado á I Cea Enolóxica Club Exxpopress, que tivo lugar no Restaurante A Terraza de Chicolino, en A Pobra, e na que a adega Ponte da Boga presentou cinco dos seus viños en maridaxe coas conservas da gama Fuera de Serie, da firma Luis Escurís Batalla, postas en valor polo citado restaurante.
Ao acto asistiron un cento de persoas, entre elas os alcaldes de Ribeira, Boiro, A Pobra, Rianxo e Lousame; presidentes de patronais, patróns maiores, xornalistas, empresarios, etc., así como o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González. Fernandez-Couto destacou a importancia desta iniciativa do Club Exxpopress para a promoción empresarial, "que sen dúbida será tomada como exemplo en Galicia". García Gómez resaltou a importancia da etiquetaxe en galego para a promoción dos nosos productos no exterior. O alcalde de A Pobra e anfitrión dos asistentes, Isaac Maceiras, animou aos empresarios a colaborar na promoción dos seus productos no exterior con actos conxuntos e o presidente do Club Exxpopress, Suso Souto, resaltou "non só a colaboración, senón a interacción das tres empresas na Cea Enolóxica".
Ribeira Sacra, un dos lugares de Galicia onde se practica a "viticultura heroica" Ás 20.30 horas tivo lugar unha charla a cargo do xornalista Víctor Furelos (coordinador da sección Área de Compostela de El Correo Gallego e do semanario Terras de Santiago), titulada Viticultura heroica, que falou sobre os selos distintivos dos viños galegos, da súa importancia na promoción de Galicia fóra de España e das paisaxes vinícolas declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Furelos reivindicou a mesma declaración para a Ribeira Sacra, polas súas terrazas vertixinosas debruzándose sobre o río Sil.
Posteriormente, ás 21.00 horas, deu comezo a cea, na que o enólogo Rubén Pérez comentou as características dos cinco viños de Ponte da Boga que se foron degustando con outros tantos pratos elaborados en base ás conservas de Luis Escurís Batalla. O acto foi organizado polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia. Tamén, na Pobra:
A Pobra: denuncian o depósito de entullos nas Xunqueiras, zona de alto valor ecolóxico post.ly/73cqg
Boiro, 29 de abril de 2012. A Agrupación Local de Boiro das Xuventudes Socialistas amosa o seu "rexeitamento e preocupación ante a intención de privatizar o uso das pistas deportivas da Avenida da Constitución por parte do actual goberno local, rexido por Juan José Dieste, alcalde do PP". Dende este colectivo consideran que a posibilidade dos cidadáns de disfrutar destas instalacións de forma gratuita "é un dereito", polo que esixen ao goberno local "non só o mantemento e conservación destas pistas senón tamén o fomento da actividade deportiva para tódolos boirenses garantindo o seu uso gratuíto". A Secretaria Xeral da agrupación da mocidade socialista, Adriana Castro, sinalou que “o Partido Popular de Boiro amosou nesta última semana claras intencións de privatizar o uso da zona deportiva situadas na praza de Boqueira de A Negral coa finalidade de que se convirta nunha actividade de rendemento económico para o municipio e o seu uso sexa selectivo para aqueles usuarios e usuarias que paguen pola súa utilización”. É por iso que, dende as Xuventudes Socialistas de Boiro denuncian a pretensión do actual executivo de realizar un negocio con estas instalacións públicas, reducindo dereitos a tódolos cidadáns pero véndose máis perxudicados o colectivo de xóvenes.
As pistas foron nos últimos tempos pintarraxeadas por túzaros
Adriana Castro tamén quixo incidir en que “unha vez máis, dende a agrupación socialista boirense rexeitamos a política do Partido Popular baseada na desigualdade social, e no interese político de fomentar a privatización dos bens públicos e dos dereitos dos cidadáns”. Estas instalacións —que naceron no ano 2010 financiadas con Fondos Estatais de Inversión Local do anterior goberno socialista polo que, en consecuencia, non lle supuxo ningún gasto ao Concello de Boiro— xurdiron coa finalidade de cubrir a necesidade existente no municipio de dispoñer dun espazo para a práctica deportiva ao aire libre. Relacionada:
Xesús Manuel Valcárcel foi o encargado de glosar a figura do homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas
Ribeira, 29 de abril de 2012.- Satisfacción na Concellería de Educación ante o resultado colleitado pola iniciativa Xoves Literarios que se estreou este ano,no marco da programación do Abril Mes dos Libros do Concello.
Para poñer fin a este ciclo de charlas literarias, o escritor Xesús Manuel Valcárcel disertou sobre a figura multifacética de Valentín Paz-Andrade, o homenaxeado deste ano no Día das Letras Galegas. O relator fixo partícipe ao público congregado no Conservatorio da intensa actividade despregada por Paz-Andrade nos campos empresarial, intelectual, político e literario e a súa contribución ao progreso de Galicia
A disertación de Valcárcel estivo acompañada por unha proxección foto-biográfica con interesante material sobre o homenaxeado, que incluíu unha curiosa fotografía na que Paz-Andrade posa en xesto de amizade cun xoven Carlos García Bayón.
A responsable municipal de Normalización Lingüística, Alicia Padín, fora a encargada de presentar ao conferenciante (fundador de Sentimentalismo, Vangarda Artística Galega), mentres que a concelleira de Educación, Maricarmen Vizcaya, pechou o evento agradecendo ao público congregado -nesta e nas outras dúas conferencias de que constou a iniciativa- a súa sensibilidade para coa temática literaria que se quixo poñer en valor a través deste ciclo.
Ribeira: mercarán un vehículo con fins sociais e axilizarán microcréditos para pequenos emprendedores post.ly/73enj
Ribeira, 29 de abril de 2012.- O Concello informa de que a Concellería de Servizos Sociais, Promoción Social, Sanidade e Consumo ten intención de emprender un novo proxecto consistente na dotación desta Área Municipal cun novo vehículo de 9 prazas co obxecto de ser empregado como medio de transporte con propósitos sociais. O financiamento deste vehículo tería lugar mediante a venda de módulos publicitarios entre as empresas e entidades que quixeran prestar a súa colaboración. De cara a xestionar a adquisición deste medio de transporte, o Departamento que dirixe edil Vicente Mariño de Bricio chegou a un acordo coa empresa Vehículos Sociales Móviles, S.L. (cuxo apoderado comercial é Segundo López López) a efectos de que esta última se encargue de realizar as oportunas xestións e recabar a colaboración de empresas e entidades. Un representante da citada firma visitará a partir da próxima semana distintos establecementos a fin de explicar en detalle como se pode cooperar e procurar que cristalice o proxecto. Convenio para conceder microcréditos a pequenos emprendedores Entre os asuntos que serán sometidos á consideración da Corporación no próximo pleno ordinario previsto para o día 2 de maio (ás 20 horas) figura a aprobación dun convenio marco de colaboración promovido polo Concello de Ribeira co obxecto de facilitar que os pequenos emprendedores do municipio teñan acceso a microcréditos concedidos por entidades financeiras. O Concello adoptou esta iniciativa na conciencia da necesidade de mellorar o financiamento e a promoción das microempresas e o fomento do emprego autónomo a través de microcréditos, como medio para favorecer a creación e consolidación de emprego e facilitar soporte aos proxectos empresariais viables. Con tal motivo, o obxecto do convenio é establecer unha liña de financiamento dirixida a unha dobre intención: - Potenciar o autoemprego e incentivar a actividade emprendedora favorecendo a igualdade de oportunidades de homes e mulleres, novos residentes, persoas con discapacidades e con especial atención as colectivos vulnerables en situación de exclusión financeira. - Financiar o establecemento, consolidación ou ampliación de microempresas, negocios de autónomos e proxectos de autoemprego con el obxectivo de contribuír ao desenvolvemento do tecido produtivo, a creación e consolidación de emprego e a contribución ao progreso social. En virtude do convenio, o Concello comprométese a detectar as necesidades de financiamento das microempresas e negocios de autónomos, facilitar servizos de apoio e asesoramento empresarial, analizar a viabilidade de cada proxecto presentado e dirixir ás persoas físicas e xurídicas asesoradas a aquela entidade ou entidades financeiros que subscriban o acordo. Pola súa parte, as entidades financeiras que se adhiran a este convenio comprometeranse a crear a liña de financiamento en cuestión, estudar as solicitudes que se presenten e informar á Deputación sobre os microcréditos formalizados.
Rematan obras de rúa Cervantes en Bandourrío O Concello informou tamén da finalización da actuación dirixida á pavimentación e renovación de servizos de abastecemento de auga potable, saneamento e pluviais na rúa Cervantes e o seu entorno, no antigo barrio riveirense de Bandourrío. Xa se procedeu á recepción da obra, que foi executada pola empresa Construcciones Jenaro Cadaval, S.L. Hai que recordar que a actuación tivo un importe de 168.120,16 euros. En canto ás accións realizadas:
No que se refire ao abastecemento de auga, suplantáronse as tubaxes existentes por outras de polietileno de alta densidade tanto na rúa Cervantes como nunha vía adxacente.
Polo que respecta ao saneamento de residuos fecais, colocouse un colector de PVC de 315 milímetros de diámetro nas rúas adxacentes á Cervantes e nesta última instalouse un tubaxe tamén de PVC pero de 400 milímetros.
En canto ao saneamento de pluviais, dispúxose dun colector de PVC de 400 milímetros de diámetro que conduciu a auga ata a rede existente na rúa Manzanares. Nas rúas adxacentes instalouse un colector de 315 milímetros.
Ademais, a zona de actuación foi obxecto dunha nova pavimentación combinando adoquín de granito con lousas de granito abuxardado cunhas dimensións de 60 x 40 x 8 centímetros, proporcionando un acabado de pedra acorde cunha vía que está situada nun dos barrios orixinais de Ribeira.
Na zona de Xarás tamén hai vivendas protexidas, ademais de empresas
Ribeira, 29 de abril de 2012. O responsable local e o portavoz municipal do BNG de Ribeira explicou esta semana en rolda de prensa a presentación da alegación do BNG á Estación Depuradora de Residuos de Ribeira.
"É unha vella demanda do BNG, e para nós algo prioritario, que Ribeira conte co necesario saneamento integral das súas augas residuais. Augas de Galicia non ten previsto facer a depuradora para os residuos do Polígono de Xarás. A pesares de recoñecer e saber que teñen unha alta carga contaminante e que son, polo menos, a metade das augas residuais do concello de Ribeira", argumentan os nacionalistas ribeirenses.
"A solución que se ofrece é levalas por separado ó emisario do Touro e botalas directamente a ria sen depurar. Lembremos que na actualidade o emisario está roto e contamina zonas de marisqueo e baño. O BNG considera que pretender depurar só as augas residuais urbanas, deixando sendepurar as augas industriais, dista moito de ser unha depuración integral e tamén unha solución racional dos vertidos neste concello", continúa o Bng.
Desde o BNG demandan do alcalde e do seu equipo de goberno que "antepoñan os intereses dos cidadáns de Ribeira ós do seu partido e esixan ante a Xunta de Galicia e a Consellería de Infraestruturas e Medio Ambiente, como fai o BNG na súa Alegación,que a depuración das augas residuais se faga con todas as garantías e que se respecte o acordo acadado por unanimidade de todos os grupos (PP, BNG, PSOE, IPdR) polo Pleno do Concello de Ribeira do día 30 de Xullo do 2007, que incluía entre outros puntos,” que se solicite da Xunta de Galicia unha depuradora específica para o Polígono Industrial de Xarás”, xa que é a expresión da vontade de toda a cidadanía de Ribeira".
Demandan tamén o cumprimento do compromiso tal como se recolle na acta do dia 25-03-2010: “O Sr. Alcalde asegura que a solución dos vertidos urbanos irá de forma paralela á solución e confirmación da depuración industrial”
"Se todos os Grupos Municipais fomos capaces de chegar a este acordo de mínimos, non se entendería agora posturas contrarias por parte do goberno local e autonómico. Consideramos que Ribeira ten unhas enormes potencialidades tanto no ámbito dos sectores vencellados ao mar, á industria e ao turismo e que a vía de desenvolvemento económico ten que asentarse en converter eses sectores en punta de lanza para crear emprego. A vertedura directa ó mar sen depurar non contribúe a iso", rematan Vicente Paz e Xosé Antonio Vázquez.
Ribeira: o venres 18 de maio presentan no Ateneo Valle-Inclán o libro de Emilio Alonso "Vigo a 80" post.ly/72YKp