- García Gómez, de Política Lingüística, resaltou a importancia da etiquetaxe en galego para a promoción dos nosos productos no exterior
Ao acto asistiron un cento de persoas, entre elas os alcaldes de Ribeira, Boiro, A Pobra, Rianxo e Lousame; presidentes de patronais, patróns maiores, xornalistas, empresarios, etc., así como o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González. Fernandez-Couto destacou a importancia desta iniciativa do Club Exxpopress para a promoción empresarial, "que sen dúbida será tomada como exemplo en Galicia". García Gómez resaltou a importancia da etiquetaxe en galego para a promoción dos nosos productos no exterior. O alcalde de A Pobra e anfitrión dos asistentes, Isaac Maceiras, animou aos empresarios a colaborar na promoción dos seus productos no exterior con actos conxuntos e o presidente do Club Exxpopress, Suso Souto, resaltou "non só a colaboración, senón a interacción das tres empresas na Cea Enolóxica".
Ribeira Sacra, un dos lugares de Galicia onde se practica a "viticultura heroica" Ás 20.30 horas tivo lugar unha charla a cargo do xornalista Víctor Furelos (coordinador da sección Área de Compostela de El Correo Gallego e do semanario Terras de Santiago), titulada Viticultura heroica, que falou sobre os selos distintivos dos viños galegos, da súa importancia na promoción de Galicia fóra de España e das paisaxes vinícolas declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Furelos reivindicou a mesma declaración para a Ribeira Sacra, polas súas terrazas vertixinosas debruzándose sobre o río Sil.
Posteriormente, ás 21.00 horas, deu comezo a cea, na que o enólogo Rubén Pérez comentou as características dos cinco viños de Ponte da Boga que se foron degustando con outros tantos pratos elaborados en base ás conservas de Luis Escurís Batalla. O acto foi organizado polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia. Tamén, na Pobra:
A Pobra: denuncian o depósito de entullos nas Xunqueiras, zona de alto valor ecolóxico post.ly/73cqg
— Certo (@Certo) April 29, 2012
- Transparencia esixida polo Bng: nas contratacións do Concello
- Confraternidade: o xantar da vellez é o 4 de maio
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario