19.3.12

Ribeira: sorteados e repartidos os 26 postos do mercado provisional

  • As portas da praza actual pechan definitivamente este sábado 24
Ribeira, 19 de marzo de 2012.- O concelleiro de Consumo, Vicente Mariño de Bricio, celebrou na mañá de hoxe unha reunión cos vendedores da praza de abastos con vistas a organizar os detalles do seu inminente traslado á carpa na que estes operadores van traballar en tanto se constrúe o novo mercado.

A sesión de traballo, que tivo lugar no salón de plenos da Casa Consistorial, serviu para decidir o reparto e adxudicación dos 26 postos en que se dividirá a carpa, de 450 metros cadrados de superficie. Na instalación haberá 16 postos de peixe fresco e outros 6 de carne que foron adxudicados hoxe por sorteo, máis 2 postos de floristería e 2 de embutidos que xa foran distribuídos de antemán.

Durante a reunión celebrada no Consistorio, de case dúas horas de duración, Mariño de Bricio incidiu na importancia de que este mercado provisional sexa un referente do desenvolvemento local e o líder do entorno en canto á venta de produtos frescos. Así mesmo, destacou que debe servir de escaparate comercial tanto para o cliente habitual como para o turista, amparándose en premisas tales como a calidade do produto e a atención ao cliente e procurando ampliar a franxa de idade do usuario potencial.

Con miras á consecución destas aspiracións, algunhas das medidas que se van impulsar coincidindo coa apertura do mercado provisional (apertura que está prevista para o martes 3 de abril pola mañá) figuran o emprego de placas identificativas polos vendedores, o uso de portaprezos nos postos e a utilización de uniformes.  No transcurso da xuntanza tamén se tomaron novas decisións, como a que por conta dos propios praceiros se alugue unha cámara frigorífica na que gardar unha parte dos produtos frescos que se vaian comercializar.

O concelleiro informoulles de que as portas da praza de abastos actual quedarán pechadas definitivamente este sábado 24 de marzo ás 14 horas e a partir de entonces terán lugar as manobras de traslado de material ata a carpa.

Viaxe á Coruña

Os praceiros que así o desexen poderán tomar parte o mércores 28 nunha viaxe a Coruña para poder coñecer de primeira man o funcionamento de dous mercados punteiros enclavados na cidade herculina, como son o mercado de Elviña e o da praza de Lugo. Así mesmo, terán a oportunidade de percorrer os lugares máis interesantes da urbe, consistorio de María Pita incluído, por invitación do Consorcio de Turismo de Coruña.

Unha vez finalizada a reunión, os praceiros, o edil de Consumo e técnicos municipais desprazáronse ata a carpa na que está a ter lugar as tarefas de acondicionamento. Alí Vicente Mariño escoitou as suxestións realizadas a pé de obra por algúns dos comerciantes, en torno a aspectos tales como a modificación dos condutos de desaugue, o cambio de material para o cortaventos situado na entrada ou as dimensións dalgúns postos. Estudaranse as suxerencias.



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Boiro: Carlos Branco segue a ser o responsable do BNG local

  • Así o revalidou a asemblea do BNG, namentres incorpora a Santos Saborido Chouza como vicerresponsable

 

Media_httpfarm6static_bvczi

O anterior alcalde de Boiro, Xosé Deira, era do Bng

Boiro, 19 de marzo de 2012. A asemblea local do BNG de Boiro, reunida o pasado sábado 17 de marzo, n de renovar os seus órganos. Re-escolleu a Carlos Branco Ansoar como responsable local, que repite de novo no cargo e incorporou a Santos Saborido Chouza como vice-responsable local. Estas designacións enmárcanse dentro da renovación habitual das responsabilidades orgánicas do BNG despois da celebración da XIII Asemblea nacional. Ambas as propostas contaron co referendo unánime do conxunto da militancia de Boiro.

A propia asemblea marcou "como obxectivos inmediatos recuperar a tensión militante para combater as políticas regresivas do PP, polo que quer amosar o seu apoio e convida á cidadanía a participar das seguintes iniciativas:

 

-Iniciativa lexislativa popular promovida pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública, que recollerá sinaturas na comarca esta semana

-Folga Xeral do 29/03/2012 en contra da reforma laboral promovida polo Partido Popular", segundo explicaron en nota de prensa.




Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

A Pobra do Caramiñal: o Psoe pide que a Pobra figure como subcabeceira de comarca nas directrices de ordenación do territorio

  • Consideran os socialistas que se está a discriminar ao municipio dentro da planificación de servizos públicos da Xunta de Galicia
  • O Portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage Tuñas, ofreceu hoxe unha rolda de prensa na Pobra do Caramiñal xunto á voceira socialista Teresa García, para presentar unha proposición non de lei do Grupo Socialista no parlamento coa que se pretende correxir  “a discriminación da Pobra do Caramiñal ao deixar fóra a este concello na clasificación de subcabeceiras do sistema urbano intermedio de Galicia”.
  • “O PP terá que explicar cal é o motivo polo que relegaron á Pobra do Caramiñal, xa que por servizos, poboación e ubicación debería ter a consideración de subcabeceira e coa norma aprobada en febreiro de 2011 desaparece do mapa de servizos da comunidade autónoma a medio e longo prazo”, explican.
Media_httpfarm5static_hahti

A Pobra, 19 de marzo de 2012. -Segundo o Psoe, "as directrices de ordenación do territorio son un instrumento básico de planificación e nese contexto é onde se pretende consolidar unha rede de vilas e de pequenas cidades capaces de dotar dunha adecuada base urbana e de servizos ao conxunto do territorio galego e aí é onde A Pobra do Caramiñal se ve completamente relegada”. Así o explicaba esta mañá o deputado socialista José Manuel Lage, quen asegura que a normativa aprobada polo goberno galego "esquece á Pobra do Caramiñal como concello e déixao relegado e nunha posición completamente secundaria afastada da súa relevancia no plano territorial e económico”.

Tamén asegura o parlamentario socialista que "houbo moito oscurantismo na definición das cabeceiras e subcabeceiras do sistema urbano intermedio, non se lle dou información á poboación e os dirixentes dalgúns concellos, como no caso da Pobra, preferiron tapar os ollos e non enfrontarse cos seus xefes políticos, que son os mesmos que dirixen a Xunta de Galicia”. Para Lage, "neste caso vese que preferiron deixar ao seu concello, A Pobra do Caramiñal, relegado e non defenderon os seus intereses e o dos seus veciños, senón que se plegaron á proposta do PP de Galicia sen rechistar”.

O Psoe da Pobra presentará unha moción ao respecto no vindeiro pleno.

77763-PNP Modificación puntual do decreto 19-2011 A Pobra.pdf Download this file

directrices.pdf Download this file

Moción Modificación das DOT.docx Download this file

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: levarán ao Parlamento de Galicia a execución do saneamento de 1994

Proposici...pdf Download this file

  • O Bng considera necesario incoar expediente de esixencia de responsabilidades pola mala execución daquel saneamento integral
  • Defenderá a proposición non de lei a deputada nacionalista Tareixa Paz este vindeiro xoves 22 de marzo

Noia, 19 de marzo de 2012.-  Este xoves, 22 de marzo, a Comisión 2ª do Parlamento Galego, debaterá unha proposición non de lei promovida polo BNG que busca o inicio dun expediente de esixencia de responsabilidades, a quen corresponda, polas obras defectuosas do saneamento integral de Noia, contratadas no ano 1994 e executadas nos anos posteriores.


A iniciativa parlamentaria púxose en marcha a partir dun acordo adoptado polo Pleno do Concello de Noia en novembro de ano 2010, a instancias do grupo municipal do BNG, á vista da necesidade de refacer o colector xeral de marxe así como tamén a dunha serie de pozos de bombeo.


A constatación desas deficiencias veñen recollidas na descrición da situación actual da rede de colectores que fan os redactores do novo proxecto de saneamento, hoxe xa en execución: ”Na actualidade só está en funcionamento, e conectada á EDAR a conca que verte ao interceptor sur, desde a piscina municipal. En xeral o resto dos tramos do colector interceptor sofren distintas problemáticas, algunhas veces combinadas, que impiden o seu correcto funcionamento: tramos en contrapendente, infiltracións de auga salgada, mal estado do tubo, etc. Por outra parte e derivado en parte do estado do colector interceptor, o sistema de bombeos que se sitúa sobre este está fóra de servizo: bombeos da Chainza, río Traba, San Lázaro, e dique-Labarta, ao sur da EDAR; e do Río do Porto e Barquiña ao norte. Só se atopa en funcionamento o bombeo previo á EDAR situado no Cruceiro de Barro”.

Máis adiante afirman: o estado xeral do colector-interceptor e do seu sistema de bombeos é inaceptable: só un tramo parcial do colector-interceptor atópase en funcionamento na actualidade (o que se desenvolve por gravidade, ata o bombeo previo á EDAR, desde a piscina municipal) , e mesmo este tramo presenta problemas xeométricos relevantes, que aconsellan a súa remodelación, establecendo como obxectivos do proxecto  reconstruír o colector interceptor xeral de forma completa, tanto as conducións, como o sistema de bombeos, e alivios, de forma que se deriven as augas en tempo seco cara á EDAR municipal”.

Logo de que o acordo municipal dirixido ao Organismo Autónomo Augas de Galicia, caese en saco roto, a proposición non de lei busca, baixo o argumento de que existindo base para reclamar por unha obra defectuosamente executada a Xunta eluda a cuestión, instar ao Goberno Galego á incoación dun expediente destinado a esixir responsabilidades –a quen determine- polos vicios ocultos na execución das obras do colector de marxe e pozos de bombeo do saneamento integral contratadas no ano 1994.





Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Política: Lola Caramés, responsable comarcal de + Galiza na comarca de Muros e Noia

Media_httpfarm8static_kfsmm

Lola Caramés (imaxe de arquivo) cando era concelleira de Cultura en Noia co Bng


Noia, 19 de marzo de 2012. Onte, domingo 18 de marzo, tivo lugar a primeira reunión entre a militancia de Máis Galiza na comarca de Muros- Noia. Nela escolleron aos responsables locais, xunto coas responsabilidades comarcais, ademáis de definir o rumbo da organización da comarca.

 

Rumbo a tomar a curto prazo:

 

Segundo explicaron en nota de prensa, ao longo deste mes de marzo irán contituindo publicamente as localidades dos concellos de Porto do Son, Noia, Outes, Mazaricos e Muros.Ademais, iniciarase unha rolda de contactos con todas aquelas persoas que queiran unirse ao proxecto que representan. "Temos moito traballo por facer e moito camiño por andar, pero hoxe todos mostramos un especial entusiasmo polo novo proxecto", aseguran.

 

Responsabilidades comarcais

 

Foron elixidos por unanimidade os referentes comarcais que guiarán o novo partido da comarca: Lola Caramés como responsable comarcal e Manolo Seijas como vicerresponsable. Ambos estaban antes no Bng de Noia.  

 

Contouse ademais coa presenza de Manuel Gónzalez, membro da executiva de +G, que foi o encargado de guiar a xuntanza.


Relacionada:


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: a Banda Crebinsky actuará polas festas de San Marcos

Crebinsky_noia

Que é á Banda Crebinsky? Toda a información aquí

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Noia: o Liceo organiza unha charla médica, un concerto de jazz e un baile estes últimos días de marzo

Rianxo: o concerto polo décimo aniversario da Escola de Música é o sábado 24 de marzo

Rianxo, 19 de marzo de 2012. A Escola de Música de Rianxo comprácese en convidar a todo o mundo ao concerto no que se vai celebrar o X Aniversario da Escola de Música de Rianxo. Será ofrecido pola Banda Infantil e a Banda da Escola de Música de Rianxo.
  • CONCERTO: X ANIVERSARIO DA ESCOLA DE MÚSICA DE RIANXO
  • DÍA: sábado 24 de marzo
  • HORA: 20h00
  • LUGAR: Auditorio de Rianxo
Pode que tamén lle interese:


Viaxe desde Rianxo: a Xerusalén e Terra Santa, en abril


Semana Santa: actividades relixiosas ata o 9 de abril


Obradoiro: de iniciación musical. Prazo para anotarse ata o 30M


Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Ribeira: o 19 de maio celebrarase unha xornada informativa sobre o Día Solar Europeo

Media_httpfarm5static_irbme

Ribeira, 19 de marzo de 2012. En dous meses, o día 19 de maio, un sábado, vai ter lugar nos locais do Liceo Marítimo unha xornada informativa sobre o Día Solar Europeo. Comezará ás seis da tarde, baixo o título "Europa coa enerxía do sol", e os organizadores agardan contar coa presenza de varias empresas e profesionais do sector enerxético e industrias auxiliares. Garantimos que un dos asuntos máis candentes a tratar será a retirada do goberno do PP das primas ás enerxías renovables.

"A Terra non a herdamos dos nosos antergos: tomámola prestada dos nosos fillos". Con lemas como este a Unión Europea busca loitar contra o cambio climático e quere establecer unha nova política integrada, coa esperanza de superar os compromisos adquiridos no anterior Consello Europeo. Os seus obxectivos primordiais son mellorar a eficiencia enerxética ata un 20% no 2020 e incrementar a participación das enerxías renovables tamén ata ese vinte por cento no mesmo ano 2020.

No que atinxe a impostos enerxéticos, a UE busca evitar comportamentos contaminantes e premiar as accións que se sexan positivas para o medio ambiente relacionados co aforro de enerxía e con actividades respetuosas coa natureza.

Máis información en http://www.diasolar.es

  
  
  
   

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical