- Data límite para presentar obras: 28 de setembro de 2012
- O rianxeiro Antón Alcalde gañou varios anos a categoría para banda de música: recuncará?
Barbanza-Noia, 30 de marzo de 2012. A Xunta de Galicia a través de AGADIC e a Federación Galega de Bandas de Música Populares convocan o V Concurso Galego de Composición para Bandas de Música e Sección Sinfónica, sendo a data límite de presentación de obras o 28 de setembro de 2012.
O éxito acadado nestes catro anos pode verse nas obras premiadas para banda sinfónica:
- O Soñ de Breogán de Juan Durán
- Irmandiños de Juan Fernández Gúzman
- Marea Negra de Antón Alcalde
- A Pedra da Serpe de José L. Represas
- A lenda da Santa Compaña de David Cuevas
- O misterio do Castelo de Pambre de Víctor Enguídanos Royo
- Na Galiza de Paulino Pereiro Martínez
ou para banda de música:
- A Revolta Irmandiña de Raúl Martín Niñerola
- Terra de Oestrimnios e Monte Medulio de Andrés Álvarez
- Pórtico, Dolmen, Camiños da Fin da Terra e Noite de defuntos de Antón Alcalde
- Auga levada de Juan M. Eiras
- Espírito Galego de Santiago Quinto Serna
- A Batalla de Elviña de Manuel A. López Pérez
O concurso consta de tres categorías ás que poder presentarse:
* 1ª categoría: sección Sinfónica (a partir de 71 músicos)
* 2ª categoría (até 70 músicos)
* 3ª categoría (até 50 músicos)
Máis info: http://fgbmp.net
Relacionada:
- Antón Alcalde é rianxeiro e compositor e non para de gañar premios
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia