)É unha vergoña que asfalten tramos con pouco tráfico e que esta estrada que ten unha grande cantidade de desprazamentos diarios fagan dela unha auténtica cañeira.
)O mércores 9 de setembro, día de proxeción da súa curta "Por la mañana"
Na fin deste pdf tedes a sinopsePor se non sabedes aínda quen é o boirense Toño Chouza, en Certo entrevistámolo aquí
Unha interesante páxina... o do Twitter (se só houbera 100 en Twitter) tamén está xenial, en http://www.informationisbeautiful.net/2009/if-twitter-was-100-people/
Árdelle o eixo, como a este carro que podedes ver no Museo de Etnografía de Artes, en Ribeira.
Atentos á música... o primeiro que sona non son os acordes da Marsellesa?
Menos mal que temos Posterous, que é aberto! En Facebook hai que darse de alta para ver este tipo de contidos...

E tamén postea en Twitter, claro... imos tolear con tantos servizos xuntos! Ás veces pensamos en cambiarnos o nome e chamarnos "EcoCerto". Non pola ecoloxía, non, polo de ser "eco" en tantos sitios
Si, moito nos tememos que se os turistas ven este vídeo de Bill Dan van rematar por facer o mesmo nos numerosos pedreiros de que Barbanza está dotada. E como pillen para a Costa da Morte, van tolear, que aínda hai máis pedriñas!
Baroña será BIC (Ben de Interese Cultural), pero ten a mesma protección que un boli desa marca!
E o Facebook actualizado claro, aínda que neste caso a quen hai que actualizar é á nai