Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
6.4.11
A Pobra: o Museo Valle Inclán recibiu unha visita institucional de autoridades arxentinas
Pesca: o PP solicita no Senado a limitación da entrada de conservas de Papúa-Nova Guinea pola grave repercusión no sector español
Papúa Nova Guinea por jurvetson
Ribeira, 6 de abril de 2011.- O Grupo Popular no Senado presentou no día de hoxe, a instancias do senador José Luis Torres Colomer, unha moción, para o seu debate na Comisión de Medio Ambiente, Agricultura y Pesca, na que se insta ao Goberno a defender ante a Unión Europea á modificación do Acordo cos Estados do Pacífico que permite a entrada de produtos transformados (fundamentalmente conservas de atún) procedentes de Papúa Nova Guinea con arancel cero, ante as súas graves implicacións para o sector conserveiro español, así como que se adopten as medidas correctivas para que terceiros países non saquen proveito da derogación das normas en orixe nos Estados do Pacífico.
A este respecto, cabe lembrar que o pasado 19 de xaneiro o Parlamento Europeo concedeu a aprobación á celebración do Acordo de Asociación Interino entre a Comunidade Europea e os Estados do Pacífico. Posteriormente, o 5 de marzo de 2011, se publicou no DOUE a decisión do Consello de 15 de febreiro de 2011, relativa á celebración do Acordo de Asociación Interino entre a Comunidade Europea, por unha parte, e os Estados do Pacífico por outra.
Este Acordo inclúe nun protocolo anexo a derogación das normas en orixe para os produtos de pesca transformados das partidas 1604 e 1605 do Sistema Armonizado que fosen fabricadas en lugares de produción situados no territorio do estado asociado a partir de materias non orixinarias desembarcadas no porto dese estado. Isto significa que as industrias de transformación dos países favorecidos polo acordo, como Papúa Nueva Guinea, poden exportar á UE sen aranceis produtos pesqueiros transformados procedentes de terceiras flotas e países aos que a lexislación comunitaria non outorga beneficios arancelarios.
Os grandes competidores do sector atuneiro comunitario estanse aproveitando desta excepción ao encontrar na mesma un “coladeiro” para introducir a través de Papúa Nueva Guinea a súa mercancía na Comunidade Europea. Países como China, Filipinas, Tailandia, EEUU, Australia ou Vietnam están convertendo ao país melanesio nunha plataforma de produción e exportación de atún en conserva a gran escala, nas que se desembarcan inxentes cantidades desta especie de todos os orixes para ser transformados en macroplantas construídas a toda presa, co único fin de beneficiarse da exención de aranceis concedidas pola UE:
Segundo previsións do propio país oceánico, antes de 2013 a capacidade produtiva de Papúa Nueva Guinea será de 400.000 toneladas de atún en conserva ao ano. Só con que o 90% desta produción se exportase á UE estaríase falando de 360.000 toneladas, que é a metade do que os países comunitarios consumen. E todo isto, empregando traballadores nunhas pésimas condicións laborais que na maioría dos casos nin sequera son orixinarios do país papú.
Esta situación corre o risco de afectar moi gravemente á industria conserveira nacional e ao sector pesqueiro, de tal xeito que un total de 18.600 empregos directos e 43.600 indirectos están ameazados en España, afectando especialmente a CCAA como Galicia, Cantabria e o País Vasco.
Por último, engadir que nin o sector conserveiro ni a flota pesqueira se opoñen á adopción de acordos que redunden no progreso de países en vías de desenvolvemento, pero en ningún caso poden establecerse facendo perigar estruturas produtivas en Europa e, dende logo, deben realizarse tomando as precaucións oportunas para que non se desvirtúe o espírito do convenio, e terceiros países saquen un proveito en fraude de lei.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Porto do Son: as últimas producións de "O meu Son" recollen tamén personaxes, ademais de repasar a paisaxe do municipio
A importancia de descubrir o que che gusta facer. O lugar dos xogos da infancia. Unha randia na Praia da Telleira. Un estudio de son no teu cuarto.
O idioma, a voz e as palabras do señor José cantan neste traballo tan ben como canta o río, como canta o rodicio, as moas e o tempo que pasa.
A luz e a beleza da mocidade. "Ventisca", a égoa árabe de Roberto, e os amigos van desde a aldea de Baroña, polos vellos camiños, ata a praia de Arealonga, o Atlántico e o Castro de Baroña ao fondo. Sen palabras."O MEU SON" é un proxecto de SonCine. Os alumnos de audiovisuais de 3º de ESO de Porto do Son levan unha cámara PANASONIC/LUMIX/DMC-TZ10 para casa e filman o seu lugar preferido.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Sanidade: o Psoe denuncia que se se privatiza a diálise do Hospital non haberá nefrólogo permanente
O deputado socialista José Manuel Lage e máis os candidatos ás alcaldías de Ribeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e a número 2 da candidatura socialista de Boiro mantiveron un encontro co comité de empresa do Hospital do Barbanza para facerlle entrega das iniciativas parlamentarias xa presentadas en defensa da mellora dos servizos públicos no Hospital do Barbanza.
Flickr de abstrato
Ribeira, 6 de abril de 2011. O portavoz de Área Institucional do grupo parlamentario dos socialistas de galicia, José Manuel Lage participou hoxe xunto aos candidatos socialistas de Porto do Son, Ribeira, Boiro e a Pobra do Caramiñal nun encontro co comité de empresa do hospital do barbanza, co obxecto de facerlle chegar as iniciativas parlamentarias presentadas polos socialistas galegos na cámara autonómica para defender os servizos do hospital do barbanza.
José Manuel Lage denuncio hoxe que “se levan adiante a privatización do servizo de diálise deixarán aos doentes do barbanza sen un nefrólogo/a permanente, servizo que si teñen os cidadáns que acuden ao chuac na coruña ou ao chus en santiago”.
O deputado socialista recordou hoxe que “o pp está ensaiando no hospital do barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais ”.
Os socialistas galegos presentaron hoxe mesmo unha nova inciativa parlamentaria para forzar ao goberno galego a “explicar a entrega a unha entidade privada dun servizo público como é o de diálise” ao tempo que engaden que “será bó coñecer os intereses que está defendendo o goberno de Feijóo”.
O deputado socialista Lage Tuñas e máis os candidatos ás alcaldías de Ribeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e a número 2 da candidatura socialista de Boiro, Natalia Laíño, manifestaron o seu desexo de que os cidadáns da comarca “non sexan discriminados e teñan os mesmos servizos que no resto de Galicia.”
Lage Tuñas afirmou “queremos para os doentes do Barbanza o mesmo servizo e tratamento que os que acuden ao CHUS en santiago ou o CHUAC na coruña”.
A Xunta prima intereses económicos privados
“O goberno de Feijóo vai entregarlle a unha entidade privada un servizo público para que esta entidade se lucre cobrando polos servizos prestados, pero aproveitándose da tecnoloxía e recursos dos que xa dispón a unidade de diálise”.
“Detrás desta privatización hai intereses económicos que teñen nome e apelidos e están directamente relacionados co Partido Popular. Tempo haberá para ir coñecendo quen está detrás desta maniobra” dixo hoxe José Manuel Lage.
O parlamentario defendeu “a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza” ao tempo que explicaba que “a unidade de diálise está preparada para traballar en dous turnos diarios seis días á semana, ata o de agora só funciona tres días á semana, porque o goberno galego non dota con máis persoal ao hospital do Barbanza”.
“O PP está ensaiando no hospital do Barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais. Os cidadáns do Barbanza son cidadáns de primeira e non queren ser cidadáns de segunda.” asegurou Lage Tuñas.
“A posible privatización do servizo de diálise do hospital do Barbanza é un bo exemplo de como o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar pola administracción pública.”
Os dirixentes socialistas deron hoxe tamén o seu apoio á plataforma do Barbanza en defensa da sanidade pública e anunciaron que traballarán para “conseguir unha gran mobilización social o vindeiro 14 de abril”.
Onte mesmo:
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: el alcaldable del Psoe promete un plan estratégico que potencie empleo, bienestar y cohesión social
Ribeira, 6 de abril de 2011. El candidato del PSdeG a la alcaldía de Ribeira, Andrés Fariña, pondrá en marcha tras las municipales del 22 de mayo la elaboración de un plan estratégico para “promover e consolidar un proceso de transición da Ribeira actual a unha Ribeira dinámica e innovadora”.
Para la elaboración y redacción del plan estratégico, Fariña contará con el asesoramiento de expertos de la Universidad de Santiago de Compostela (USC) y de profesionales de todos los sectores económicos y sociales de Ribeira.
El objetivo será dotar a la capital del Barbanza “dunha base económica sólida e aos seus habitantes dun futuro con emprego de calidade, cohesión social e benestar, ademáis dun entorno ambiental e urbano de excelencia”, afirma el candidato socialista. Los análisis sectoriales para la redacción del documento se prolongarán durante un año, con el objetivo de que el plan estratégico esté listo en el primer trimestre de 2013.
El sector pesquero será clave en el desarrollo económico, reforzando su liderazgo en el mercado de pesca fresca, pero la candidatura socialista apuesta por ampliar la base económica de Ribeira, propiciando el crecimiento de empresas innovadoras en la ciudad.
El plan se dividirá en diferentes líneas estratégicas, que serán también los ejes del programa electoral del PSOE de Ribeira. Una de ellas tendrá como objetivo la diversificación de la base económica de la ciudad, consolidando el tejido empresarial que ya existe y atrayendo nuevas inversiones para el municipio.
Otra línea estratégica se basará en mejorar la accesibilidad y la movilidad, para lograr las infraestructuras necesarias para el transporte portuario en conexión con la autovía. También se impulsará un modelo de turismo de calidad, capaz de competir en los mercados nacionales e internacionales.
El plan estratégico analizará y marcará los caminos que Ribeira debe seguir para ser una ciudad del bienestar y de la cultura, para el deporte, donde los jóvenes puedan cumplir sus sueños y siempre con un desarrollo sostenible, defendiendo los valores medioambientales.
Asmismo, el documento de trabajo servirá para la modernización de la Administración local, integrando la participación ciudadana en la gestión pública. “Ribeira ten que reforzar o goberno urbano supramunicipal e as relacións interadministrativas coas demáis institucións públicas”, añade Fariña.
El plan estratégico valdrá, en definitiva, para reforzar la condición de capital del Barbanza de Ribeira, asumiendo su compromiso con la comarca en términos de representación e imagen exterior, desarrollo económico y progreso.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: nenas e nenos de 8 a 10 anos xa se poden anotar para o curso de preparación de acceso ao Conservatorio
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Noia: a Concellería de Sanidade celebra o Día Mundial da Saúde o 7 de abril cun obradoiro sobre hábitos saudables
Promoverase o consumo de alimentos saudables, como a froita -pexegos na imaxe- Noia, 6 de abril de 2011. Mañá, xoves 7 de abril, con motivo do Día Mundial da Saúde, impartirase no colexio "Felipe de Castro" un obradoiro onde se falará da importancia dos hábitos saudables, dende a alimentación san, a práctica de actividade física dun xeito regular e a prevención de conductas nocivas como o consumo de drogas. No obradoiro vaise facer unha demostración práctica dos componentes que levan as bebidas industriais (bebidas gaseosas azucaradas) para que os rapaces tomen conciencia e na medida do posible fagan un uso racional das mesmas así coma fomentar o consumo de auga e zumes.
Tamén este martes pasado, día 5 de abril, tivo lugar unha conferencia sobre “o uso correcto dos medicamentos” a cargo do Licenciado en Farmacia Antonio Busto, xa que este ano o lema elexido pola OMS é “Resistencia aos antimicrobianos: Se non actuamos hoxe, non haberá cura mañá”. A OMS alerta de que o problema da resistencia aos antimicrobianos non é novo, pero estase a volver cada vez máis perigoso. Son necesarias actuacións urxentes e unificadas para evitar que regresemos á era preantibiótica. Con motivo do Día Mundial da Saúde 2011, a OMS fai un chamamento á acción para deter a propagación da resistencia aos antimicrobianos mediante a adopción por todos os países de seis medidas de política para loitar contra
a devandita resistencia.
Vivimos nunha era na que dependemos dos antibióticos e doutros antimicrobianos para tratar enfermidades que eran mortais hai algúns decenios, ou só algúns anos, como no caso do VIH/sida. Cando aparece a resistencia aos antimicrobianos (ou farmacorresistencia) estes medicamentos deixan de ser eficaces. No Día Mundial da
Saúde 2011 a OMS vai pedir un maior compromiso mundial para salvagardar estes
medicamentos para as xeracións futuras. A resistencia aos antimicrobianos (o tema do
Día Mundial da Saúde 2011) e a súa propagación mundial poñen en perigo a persistencia da eficacia de moitos medicamentos utilizados hoxe no tratamento das
enfermidades infecciosas. Para o Día Mundial da Saúde 2011 a OMS pedirá aos gobernos e a outras partes interesadas que apliquen as políticas e as prácticas necesarias para previr e contrarrestar a aparición de microorganismos moi resistentes. Antes publicamos:
I Aula de Saúde: charlas médicas ata maio
Porros, maría, marihuana, cánabo: o 15 de abril, protagonista
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira: o Liceo Marítimo acolleu un curso de primeiros auxilios
Liceo Marítimo: 66 anotados no curso de 1ºs auxilios, este xoves 31
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Deportes: el club ciclista "Barbanza", patrocinado por Distribunosa
Araño (Rianxo), 28 de marzo de 2011. El Club Ciclista Barbanza (CCB) y la empresa de distribución Distribunosa, con sede en Araño (Rianxo), han alcanzado un acuerdo por el que la compañía que dirige Manuel Castaño Ces pasa a patrocinar a la veterana y laureada entidad deportiva. El empresario y el presidente del CCB firmaron el acuerdo que llevará de la mano a ambas organizaciones durante la temporada del deporte del pedal este año.
El Club Ciclista Barbanza cumplió en octubre 26 años. Ricardo Riveiro está al frente del colectivo, después de que tomara el relevo del malogrado Luis Resúa Somoza, que fue el auténtico alma máter. Decenas de chavales se han forjado en las filas de una entidad que se resiste a desaparecer, como ocurrió con otras que se fundaron en la zona. En este sentido, Ricardo Riveiro destacó que para sobrevivir es necesaria la implicación de empresas, a través de patrocinios y ayudas, ya que el ciclismo es un deporte por el que no se paga entrada, lo que limita la recaudación de fondos. «Los patrocinadores merecen el reconocimiento no solo de los clubes a los que ayudan, sino de los padres y familiares de los niños y niñas que a través de las escuelas deportivas, competiciones
y otras actividades desarrollan el compañerismo, la competitividad, su físico, la autoestima y otros muchos estímulos, para que en un futuro formen parte activa en una sociedad que necesita de esos valores», apuntó Riveiro.
El presidente del CCB ha recordado que, desde la fundación de la entidad, han contado con el inestimable patrocinio oficial de empresas como La Onza de Oro, Muebles Rial, Hadasa, Restaurante O Galeón, Redesyl y Natisan, a los que se suma ahora Distribunosa, y también han colaborado, pero sin patrocinio, Jealsa-Rianxeira y J.J Chicolino: «A todos ellos, en nombre del propio club y de toda persona relacionada con este deporte, un billón de gracias». «Ahora le ha llegado el momento a Distribunosa, que ya venía colaborando cada vez más, de coger las riendas del patrocinio oficial, de la misma forma que viene prestando apoyo, colaboración y patrocinio a otras entidades y personas implicadas en actividades deportivas y culturales», explicó Riveiro.
Distribunosa, por su parte, ha sido galardonada en numerosos aspectos empresariales, por su dilatada experiencia y excelente trayectoria desde su fundación. Manuel Castaño Ces no solo es conocido por su talla de empresario, sino por haberse volcado e involucrado con el deporte: «Esperamos que los éxitos deportivos del Club Ciclista Barbanza ayuden a dar a conocer un poco más, si cabe, por toda Galicia a esta empresa, y ambos nos demos prestigio mutuo. No en vano la entidad pasa a denominarse Club Ciclista Distribunosa-Barbanza», concluyó Ricardo Riveiro.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Boiro: o concerto "Capaces", este venres 8 de abril, a prol de Amicos e Ámbar
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia