A importancia de descubrir o que che gusta facer. O lugar dos xogos da infancia. Unha randia na Praia da Telleira. Un estudio de son no teu cuarto.
O idioma, a voz e as palabras do señor José cantan neste traballo tan ben como canta o río, como canta o rodicio, as moas e o tempo que pasa.
A luz e a beleza da mocidade. "Ventisca", a égoa árabe de Roberto, e os amigos van desde a aldea de Baroña, polos vellos camiños, ata a praia de Arealonga, o Atlántico e o Castro de Baroña ao fondo. Sen palabras."O MEU SON" é un proxecto de SonCine. Os alumnos de audiovisuais de 3º de ESO de Porto do Son levan unha cámara PANASONIC/LUMIX/DMC-TZ10 para casa e filman o seu lugar preferido.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario