6.4.11

Sanidade: o Psoe denuncia que se se privatiza a diálise do Hospital non haberá nefrólogo permanente

63551-INT Privatización servizo diálise Hospital Barbanza.pdf Download this file

O deputado socialista José Manuel Lage e máis os candidatos ás alcaldías de Ribeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e a número 2 da candidatura socialista de Boiro mantiveron un encontro co comité de empresa do Hospital do Barbanza para facerlle entrega das iniciativas parlamentarias xa presentadas en defensa da mellora dos servizos públicos no Hospital do Barbanza.

Media_httpfarm4static_ogbje

Flickr de abstrato

Ribeira, 6 de abril de 2011O portavoz de Área Institucional do grupo parlamentario dos socialistas de galicia, José Manuel Lage participou hoxe xunto aos candidatos socialistas de Porto do Son, Ribeira, Boiro e a Pobra do Caramiñal nun encontro co comité de empresa do hospital do barbanza, co obxecto de facerlle chegar as iniciativas parlamentarias presentadas polos socialistas galegos na cámara autonómica para defender os servizos do hospital do barbanza.

José Manuel Lage denuncio hoxe que “se levan adiante a privatización do servizo de diálise deixarán aos doentes do barbanza sen un nefrólogo/a permanente, servizo que si teñen os cidadáns que acuden ao chuac na coruña ou ao chus en santiago”.

O deputado socialista recordou hoxe que “o pp está ensaiando no hospital do barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais ”.

Os socialistas galegos presentaron hoxe mesmo unha nova inciativa parlamentaria para forzar ao goberno galego a “explicar a entrega a unha entidade privada dun servizo público como é o de diálise” ao tempo que engaden que “será bó coñecer os intereses que está defendendo o goberno de Feijóo”.

O deputado socialista Lage Tuñas e máis os candidatos ás alcaldías de Ribeira, Porto do Son, A Pobra do Caramiñal e a número 2 da candidatura socialista de Boiro, Natalia Laíño, manifestaron o seu desexo de que os cidadáns da comarca “non sexan discriminados e teñan os mesmos servizos que no resto de Galicia.”

Lage Tuñas afirmou “queremos para os doentes do Barbanza o mesmo servizo e tratamento que os que acuden ao CHUS en santiago ou o CHUAC na coruña”.

A Xunta prima intereses económicos privados

“O goberno de Feijóo vai entregarlle a unha entidade privada un servizo público para que esta entidade se lucre cobrando polos servizos prestados, pero aproveitándose da tecnoloxía e recursos dos que xa dispón a unidade de diálise”.

“Detrás desta privatización hai intereses económicos que teñen nome e apelidos e están directamente relacionados co Partido Popular. Tempo haberá para ir coñecendo quen está detrás desta maniobra” dixo hoxe José Manuel Lage.

O parlamentario defendeu “a ampliación do servizo de diálise do Hospital do Barbanza” ao tempo que explicaba que “a unidade de diálise está preparada para traballar en dous turnos diarios seis días á semana, ata o de agora só funciona tres días á semana, porque o goberno galego non dota con máis persoal ao hospital do Barbanza”.

“O PP está ensaiando no hospital do Barbanza a privatización e externalización dos servizos dos hospitais comarcais. Os cidadáns do Barbanza son cidadáns de primeira e non queren ser cidadáns de segunda.” asegurou Lage Tuñas.

“A posible privatización do servizo de diálise do hospital do Barbanza é un bo exemplo de como o PP concibe a Sanidade como un negocio e non como un dereito universal a prestar pola administracción pública.”

Os dirixentes socialistas deron hoxe tamén o seu apoio á plataforma do Barbanza en defensa da sanidade pública e anunciaron que traballarán para “conseguir unha gran mobilización social o vindeiro 14 de abril”.

Onte mesmo:



Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical