- FESTIVAL FIN DE CURSO
- DÍA: sábado 7 de xullo
- HORA: 21h00
- LUGAR: Campo de Arriba (en caso de choiva será no Auditorio de Rianxo)
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Ribeira, 4 de xullo de 2012.- O Auditorio Municipal acubillou esta mañá a inauguración dun curso da Universidad Internacional Menéndez Palayo, que leva por título ““La Depresión: qué es y cómo tratarla”, organizado pola citada institución académica co patrocinio da Deputación Provincial de A Coruña e a colaboración do Concello.
Para dar inicio a esta acción formativa personáronse na instalación cultural o alcalde e deputado provincial, Manuel Ruiz Rivas; o director da UIMP en Galicia, o político e profesor Xosé Luis Barreiro Rivas; e o director do curso, o ribeirense Gualberto Buela-Casal, presidente da Asociación Española de Psicoloxía Conductual e profesor da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Granada.
O programa do curso abrangue un intenso programa que se prolongará ata o venres ás 18.30 horas co acto de clausura.
Este mesmo venres, a prestixiosa psicóloga María Jesús Álava Reyes impartirá de balde unha conferencia aberta a toda a cidadanía da comarca baixo o título de “A inutilidade de sufrimento”: mesma denominación que a do seu libro máis coñecido, con máis de 250.000 exemplares vendidos.
Onte, en Certo:
Venres 6 de xullo: conferencia "A inutilidade do sufrimento"
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
Uns 200 rapaces de 20 países nacidos entre 1994 e 2002 tomarán parte nesta acción, que ao longo de sete días (do 9 ao 15 de xullo) lles permitirá interactuar con combatentes e adestradores do máis alto nivel, algúns dos cales participarán na cita londinense. Entre as nacionalidades representadas figuran Italia, Suíza, Colombia, República Dominicana, México, Chile, Ecuador, Luxemburgo, Bélxica, Portugal, Marrocos, Papúa Nova Guinea, Holanda e Arxentina.
Para presentar esta acción compareceron hoxe no Consistorio o concelleiro de Deportes, Juan Luis Martínez; o presidente do Club Natural Sport, José Francisco Agrelo; Suvi Mikkonen, deportista finlandesa clasificada para Londres; e Jesús Ramal, adestrador da Selección Olímpica de Finlandia; ademais de tres deportistas que están axudando a preparar a Suri Mikkonen a súa participación olímpica: as suizas Nina Kläy (subcampiona de Europa absoluta) e Manuela Bezzola (campioa da Universiada e olímpica en Beijing) e a española Yaiza Soiza (campiona nacional).
O concelleiro de Deportes salientou o feito de que nunca antes en Ribeira albergaran tal cantidade de deportistas olímpicos: especialistas que perfilan a súa preparación cara os Xogos de Londres como a referida Suri Mikkonen, Gabriel Mercedes (República Dominicana, prata en Beijing), Theresa Tona (Papúa Nova Guineaa), Isaam Chernoubi, Sanaa Atrabrour ou Wian Dislam (estes tres, de Marrocos) ademais do brasileiro Diego Silva, quen requiriu os servizos como spárring dun dos máis laureados combatentes de Galicia e membro do Natural Sport, Raúl Bouzas.
O edil e tenente de alcalde ribeirense recordou tamén a vertente solidaria do campamento, que propiciou que nove deportistas de distintas procedencias puidesen ser becados ao cento por centro na súa estancia no campamento solidario.
Impacto económico
Por último, Juan Luis Martínez cifrou entre 60.000 e 80.000 euros a repercusión económica positiva que vai supor a celebración do campamento Soño Olímpico para o tecido empresarial do municipio de Ribeira.
O presidente do Club Natural Sport, José Francisco Agrelo, manifestou que o campamento de verán, que está totalmente autofinanciado, vaise dividir en dous grupos en función das idades: de iniciación, para os nacidos entre 2002 e 1998; e de perfeccionamento, para os que o fixeron entre 1994 e 1997.
Pola súa parte, tanto Jesús Ramal como Suri Mikkonen amosaron a súa compracencia de poder participar no campamento e subliñaron o gran nivel dos adestradores e deportistas que se van concentrar. A combatente finlandesa tamén salientou as semellanzas de clima existentes entre Galicia e Londres, o que lle axudará a afinar na súa preparación.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
The Lákazans twitter.com/silviamiron/st…
— Silvia García Mirón (@silviamiron) July 3, 2012
Boiro, 4 de xullo de 2012. The Lázakans foi a banda que se alzou co premio gañador no certame Curota Sound que se celebrou na noite deste martes pasado na discoteca Tonos de Boiro e que se incluía dentro da programación das Festas do Verán.Y los ganadores del Curota Sound... THE LAKAZANS!!!! Enhorabuenaaaa! Y ahora a celebrarlo!
— Silvia García Mirón (@silviamiron) July 4, 2012
Turno para The Siberets twitter.com/silviamiron/st…
— Silvia García Mirón (@silviamiron) July 3, 2012
Máis de trescentas persoas acudiron á esperada final do concurso que contaba con Agoraphobia, Belfastt, The Siberets e The Lákazans como os catro últimos clasificados. Os grupos noveis do Barbanza demostraron, unha vez máis, a gran cantidade de seguidores cos que contan. O segundo premio foi a mans da banda de Ribeira Belfastt; o terceiro premio para ás boirenses Agoraphobia; e o cuarto foi a parar a The Siberets.And now... Belfastt! twitter.com/silviamiron/st…
— Silvia García Mirón (@silviamiron) July 3, 2012
Y por último, Agoraphobia! twitter.com/silviamiron/st…
— Silvia García Mirón (@silviamiron) July 4, 2012
En total repartíronse 1.100 euros en premios a través da entrega de cheques para gastar en material musical: 500 euros para a banda gañadora, 300 euros para o segundo clasificado, 200 euros para o terceiro e 100 para o cuarto clasificado do certame. O método de votación na final estableceuse a través dun total de sete votos, seis correspondentes aos membros do xurado e un séptimo que outorgaba o público asistente. O xurado estivo formado por Fran Velo, compoñente dos Heredeiros da Crus; Sonia Lebedynski, cantante de Fía na Roca; Juan Ciego, compoñente de The Covers e profesor de música; un representante da Escola de Música de Boiro; Nolo Romero, Concelleiro de Xuventude e Festexos e representante institucional do Concello de Boiro; e Alberto García, técnico de cultura do Concello. Jorge Campaña, presidente da Asociación Cultural Borobó, agradeceu a colaboración de tódalas empresas que fixeron posible que este certame tivera un premio cunha cuantía económica, así como a propia participación dos grupos e a asistencia de todo o público durante estes meses. Asemade, Campaña quixo incidir en que “estamos vendo como o obxetivo deste certame, a promoción de grupos do Barbanza, se está cumprindo, pois as bandas concursantes están conseguindo bolos en diversos locais de concellos da comarca".Y aquí los organizadores del Curota Sound. Tras más de tres meses hemos llegado a la final. Un enorme gracias a todos!! twitter.com/silviamiron/st…
— Silvia García Mirón (@silviamiron) July 3, 2012
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia