4.7.12

Música: The Lácazans gaña o I Certame "Curota Sound" para grupos de Barbanza

  • A final do certame organizado pola Asociación Cultural Borobó foi onte e puxo o colofón a tres meses de competición entre dezaséis bandas do Barbanza
  • 500 euros en material musical para os gañadores

Boiro, 4 de xullo de 2012. The Lázakans foi a banda que se alzou co premio gañador no certame Curota Sound que se celebrou na noite deste martes pasado na discoteca Tonos de Boiro e que se incluía dentro da programación das Festas do Verán.


Máis de trescentas persoas acudiron á esperada final do concurso que contaba con Agoraphobia, Belfastt, The Siberets e The Lákazans como os catro últimos clasificados. Os grupos noveis do Barbanza demostraron, unha vez máis, a gran cantidade de seguidores cos que contan. O segundo premio foi a mans da banda de Ribeira Belfastt; o terceiro premio para ás boirenses Agoraphobia; e o cuarto foi a parar a The Siberets.


En total repartíronse 1.100 euros en premios a través da entrega de cheques para gastar en material musical: 500 euros para a banda gañadora, 300 euros para o segundo clasificado, 200 euros para o terceiro e 100 para o cuarto clasificado do certame. O método de votación na final estableceuse a través dun total de sete votos, seis correspondentes aos membros do xurado e un séptimo que outorgaba o público asistente. O xurado estivo formado por Fran Velo, compoñente dos Heredeiros da Crus; Sonia Lebedynski, cantante de Fía na Roca; Juan Ciego, compoñente de The Covers e profesor de música; un representante da Escola de Música de Boiro; Nolo Romero, Concelleiro de Xuventude e Festexos e representante institucional do Concello de Boiro; e Alberto García, técnico de cultura do Concello.

Jorge Campaña, presidente da Asociación Cultural Borobó, agradeceu a colaboración de tódalas empresas que fixeron posible que este certame tivera un premio cunha cuantía económica, así como a propia participación dos grupos e a asistencia de todo o público durante estes meses. Asemade, Campaña quixo incidir en que “estamos vendo como o obxetivo deste certame, a promoción de grupos do Barbanza, se está cumprindo, pois as bandas concursantes están conseguindo bolos en diversos locais de concellos da comarca".

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical