12.5.10

Ribeira: o 17 de maio de 1990 Uxío Novoneyra estivo na Centenaria e tratárono "como se un poeta fora un poder"

"No día das "Letras Galegas 1990", eiquí en Santa Uxía no que pasei un día emocionante e me trataron como se un poeta fora un poder. O poder..."

Tomado da web do Bar Plaza (barplaza.com)

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

A Pobra: alegacións completas e resumidas do Psoe ao Plan de Ordenación do Litoral que o goberno municipal ninguneou

(Nota de prensa íntegra do Psoe pobrense)

A Pobra do Caramiñal, 12 de maio de 2010. Despois de padecer o ninguneo do PP no Pleno do pasado martes, día 10, gustaríanos explicar que os socialistas da Pobra presentamos alegacións ó POL, aínda que o voceiro do PP argumentou que os partidos políticos non tiñan dereito a presentar alegacións.

Argumentación fora de lugar, procedente do mal xenio, ou de tratar de impoñer as súas teses. Efectivamente, e en prazo, rexistramos as suxestións unha vez finalizado o Pleno. Aproveitamos tamén para solicitar a “copia das alegacións feitas polo equipo de goberno”, toda vez que van ser pagadas con fondos públicos, cuestión pola cal nos gustaría saber en que medida  defende os intereses dos veciños o goberno municipal, xa que a falta de transparencia e as acusacións de mentir e enganar  foi a constante do Sr. Isaac.

Parece ser, que igual que o fixeran os Parlamentarios autonómicos Mar Barcón e Lage o dío 20 de abril no salón de actos do ISM, nesa reunión anunciaron que pedirían a Xunta que os Concellos que adaptaron o PXOM a normativa actual, non tiveran que introducir modificacións, é dicir que o POL se adaptara ó PXOM. Según contan, esta mesma argumentación a utilizou agora o PP e encontrou nas iniciativas socialistas unha saída á súa equívoca xestión. De tódolos xeitos comprobaremos, se o permiten, se é certo o que manifestan.

   As suxestións presentadas pola voceira Teresa García, son extensas e constan de 33 páxinas, e que a continuación facemos un pequeno resumen:

O Plan de Ordenación do Litoral trata de establecer un novo modelo territorial. Como elementos integradores e de relación de tódolos anteriores prevénse corredores ecolóxicos que discorren aproveitando os cauces dos ríos e regatos.

As proteccións establecidas se traducen en criterios e normas que limitan os crecementos urbanísticos e que regulan os usos que resultan autorizables e os que resultan prohibidos nas distintas áreas protexidas.

Se non se manteñen adecuadamente estes elementos de conexión, mediante a xestión directa desde a administración ou mediante a actividade privada dos propietarios dos terreos afectados incentivados por parte da administración, corremos o risco de ter creado zonas abandonadas, sen uso nin mantemento, que repercutirán negativamente na articulación do territorio e na integración paisaxística do medio.

Non ten sentido aprobar o Plan do Litoral antes de ter definidas e aprobadas as directrices de ordenación do territorio de Galicia, xa que son estas as que deberían establecer o marco de referencia para poder formular con coherencia o POL. A posibilidade de aprobar definitivamente o POL antes que as directrices de ordenación do territorio están a inverter o sentido natural da ordenación territorial.

Os numerosos erros de interpretación da realidade física do territorio existentes no plan, xunto coa inadecuada expresión gráfica e normativa empregada para representar o modelo territorial pretendido, farán que o plan dificilmente sexa aceptado e aplicado polas administracións e polos particulares e organismos afectados

A falta de aceptación que provoca o plan dificilmente serán superada a menos que se introduzan correccións substanciais, de forma e de fondo, no documento inicial. No caso contrario, acabaremos tendo un plan de ordenación do litoral que imporá un modelo territorial para o seu ámbito de actuación fracasado xa antes da súa aprobación.

Outro motivo de rexeitamento do POL, é a falta de “xustificación económica” do espírito proteccionista do modelo proposto. 

É fundamental é importante para os socialistas que os veciños coñezan as notables diferencias agora que goberna Feijóo, que cando gobernaba o bipartito na Xunta, naquel entón o Sr. Isaac convocaba plenos extraordinarios para defender os intereses veciñais (referímonos á seguridade vial da AC-305 ao seu paso polo Campiño, que tanta polémica xerou). Entonces non tiña empacho a convocarnos reunións cos afectados no Concello, traía Delegados, asistíamos a reunións en San Caetano,... unha de actividade política que implicaba a oposición.

Coa actitude que o PP deste concello adoptou co POL, demostra servilismo ao goberno da Xunta e antepón os intereses do seu grupo político aos dos veciños deste Concello.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Noia: condenan a un veciño por chamar "terrorista" nun pleno ao alcalde de Noia


Noia, 12 de maio de 2010. Esta mañá tivo lugar un xuízo en Noia no que un veciño foi condenado a pagar unha multa de catro euros diarios durante 50 días. O xulgado aplicou o artigo 634 do Código Penal a este veciño logo de que o alcalde de Noia, Rafael García Guerrero, o denunciase por chamarlle "terrorista" durante a celebración dun pleno. O artigo 634 do Código Penal establece que os que faltaran ao respecto e consideración debida á autoridade ou aos seus axentes, ou os desobedeceran levemente, cando exerzan as súas funcións, serán castigados con pena de multa de dez a sesenta días.

Ao parecer, o veciño condenado a estes 200 euros (fraccionados en cincuenta días) non empregou avogado para defenderse, nin tan sequera de oficio.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Política: 80 alcaldes socialistas, entre eles o de Porto do Son, reclaman a Feijóo reparto xusto dos fondos nunha protesta en Santiago

Demandaron por escrito unha entrevista con Feijóo para esixir o cumprimento dos Programas de Cooperación e do Pacto Local posto en marcha polo anterior Goberno socialista

Santiago, 12 de maio de 2010. Os alcaldes socialistas denunciaron hoxe a discriminación dos concellos gobernados polo PSdeG con respecto aos do PP por parte do Goberno galego. Unha representación de 80 alcaldes socialistas das catro provincias galegas acudiron esta mañá ao edificio administrativo da Xunta en San Caetano para presentar un escrito no que demandan unha entrevista co presidente da Xunta para abordar a súa situación e reclaman a Feijóo un reparto “xusto e equitativo dos orzamentos”. Entre eles estaba Xoán Pastor Santamaría, alcalde de Porto do Son dende novembro de 2009.

O alcalde do Barco de Valdeorras, Alfredo García, explicou en nome de todos os alcaldes  socialistas a situación de “asfixia” que sofren os concellos que cada día teñen “verdadeiros problemas” para prestar servizos aos seus cidadáns “que non podemos reducir, porque hai unha demanda social”. Nesta liña, esixiron ao Goberno galego “que  cumpra co pacto local que deixou feito o anterior Executivo”, xa que o incumprimento do mesmo “está a repercutir no mantemento dos equipos educativos e de saúde, xa que os concellos non contan cos fondos necesarios para asumir este custo”.

Os alcaldes socialistas criticaron especialmente a falla de colaboración da Xunta respecto aos programas de cooperación, e consideraron “inadmisible” que “nun momento no que o paro é un dos problemas máis graves, o Goberno galego reduza sensiblemente as achegas destes programas, que son os que permiten aos concellos contratar a persoas desempregadas”.  García explicou que a reducción orzamentaria e o retraso nestes programas implica, por exemplo, que a estas alturas do ano non se estean a contratar brigadas de limpeza de xardín, ante a imposibilidade dos concellos de asumir o gasto.

Así mesmo, denunciaron que o Goberno galego realiza o reparto de fondos dos programas de cooperación “con criterios claramente políticos e partidistas”, en lugar de distribuír o orzamento en función do número de desempregados de cada concello, tal e como establece a orde correspondente. A iso engaden que moitas das obras de saneamento e abastecemento cuxos procesos de adxudicación estaban xa iniciados “están agora paralizados polo Goberno do PP”.

Discriminación

Os alcaldes  denunciaron a discriminación que sofren os concellos gobernados polos socialistas, e máis concretamente os desempregados que residen nestes concellos, xa que “a media dos orzamentos asignados polo Goberno galego nos fondos de promoción de emprego do 2009  aos concellos con alcaldes socialistas foi ata cinco e seis veces máis baixo que os percibidos por concellos que contan con alcaldes do PP”.

Criticaron tamén a falla de criterios obxectivos para o reparto de fondos e distribución das obras previstas no Plan Hurbe da Xunta, e contrapuxeron este plan co Plan E do Goberno central, que repartiu 13.000 millóns de euros nestes últimos dous anos entre todos os concellos, independentemente da súa cor política.

Por elo, os alcaldes socialistas esixiron a Feijóo “que cumpra  o compromiso que adquiriu cando foi investido presidente da Xunta de tratar por igual a todos os concellos” e advertiron que realizarán “as concentracións que sexan necesarias” para conseguir un reparto de fondos entre os concellos “con criterios obxectivos”.

“Queremos dicirlle alto e claro a Feijóo que non nos vamos a quedar aquí”, explicou García en nome dos alcaldes, “xa que faremos as concentracións que sexan necesarias para conseguir que os nosos cidadáns teñan os servizos que precisan”, concluíu.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: conclusións das Xornadas sobre consumo de alcohol, drogas e violencia vinculados ao fenómeno do botellón

Boiro, 12 de maio de 2010. As xornadas remataron hoxe, como estaba previsto (informamos aquí). Publicamos as conclusións íntegras, tal e como nolas pasaron dende o Concello de Boiro. Foron expostas, como se pode ler no texto, por unha técnica da Oficina de Información ao Consumidor (OMIC).

XORNADAS SOBRE O CONSUMO DE ALCOHOL, DROGAS E VIOLENCIA
VINCULADOS AO FENÓMENO DO BOTELLÓN. CONCLUSIÓNS.

Antes de concluír estas interesantes xornadas e de comezar o obxecto da miña intervención, gustaríame dar as grazas aos organizadores deste evento, a Concelleira de Servizos Sociais do Concello de Boiro, Natalia Laíño e a Fundación Democracia y Gobierno Local, especialmente a Amalia Ballesteros e a Antonio Arroyo, que nos acompañaron durante estes intensos tres días e nos facilitaron o acceso a estes poñentes de primeiro nivel.

Ben, dicir tamén que a miña presenza nesta mesa é totalmente accidental pero creo que podo dar unha visión imparcial do que aquí se escoitou. Xa que son maior de idade, non son nai, non traballo coa mocidade e algunha vez participei nun “Botellón”. Polo tanto, son allea, na medida que se pode ser, a este tema.

Despois de estar aquí, como moitos de vós, arredor dunhas 20 horas escoitando diferentes explicacións e puntos de vista. O que me gustaría trasladar ao Concello, que anda tras solucións a este costume da xuventude que lle está a traer problemas económicos, sociais e ambientais, como manifestaba o Sr. Alcalde na inauguración destas xornadas, é o seguinte:

En primeiro lugar, que a maioría dos expertos, colectivos e por suposto dos mozos e mozas que nestas xornadas interviñeron, non consideran “O Botellón” en si mesmo como algo negativo, senón que o consideran o “guateque”, o saír de viños e a movida das anteriores décadas.

O negativo desta práctica, é os problemas que suscita, os que eu englobaría en dous grupos:

1.- Os problemas de orde social:

·       A confrontación de dereitos entre os que se queren divertir e os que queren descansar.

·       O custo que supón para a Administración e as molestias para a cidadanía, devolver o estado orixinal os lugares onde se celebraron estas reunións.

·       E a preocupación e inseguridade que se sinte cando algúns dos seus partícipes rematan cometendo actos vandálicos. Momento no que as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado vense obrigados a intervir.

2.-  E por outra banda, os problemas de saúde consecuencia dun uso abusivo do alcohol e outras drogas, que estas celebracións facilitan.

Aínda que os estudios presentados aquí, en ocasións desdinse. Xa que escoitei que o consumo de drogas entre os mozos e mozas de 14 a 18 anos está a descender e tamén escoitei o contrario, ambas posturas avaladas en datos de fiabilidade suposta. O que si quedou claro, é que España continúa a cabeza de Europa no consumo de cocaína, que duplicamos a media europea do consumo de cannabis e a pesar, ou a consecuencia das numerosas reformas educativas, non estamos nun posto meritorio cando falamos de rendemento escolar.

Quizais a solución a estes problemas este na CONCIENCIACIÓN, na EDUCACIÓN e na INFORMACIÓN. E non no constante regulamento coercitivo e no continuo endurecemento das normas xa existentes.

A CONCIENCIACIÓN de toda a sociedade, de que o ocio, necesidade humana, é o acorde a sociedade de consumo na que vivimos, pero non é o adecuado para a nosa saúde e para a dos demais. Porque digo isto, porque si eu abuso do consumo, enfermo. Pero mentres eu estou a consumir ,non te deixo descansar, ti enfermas tamén.
A INFORMACIÓN, creo que quedou constancia de que se está a dar información. O mellor non chega, pero temos organizacións como a Cruz Vermella co PROGRAMA MEDIADORES PARA EDUCACIÓN NA SAÚDE, que traballan nos centros de ensino ou como DESFÍO JOVEN, que traballa na prevención, rehabilitación e reinserción.

Tamén  a Administración ten persoas dedicadas a traballar neste campo, os técnicos de prevención. É incluso, as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado teñen o Plan Directorio que levan aos centros para informar non só os alumnos e alumnas senón tamén aos seus pais e nais.

E a EDUCACIÓN, creo que este foi o único punto onde, nestas xornadas, todos, poñentes e oíntes estivemos de acordo. Cheguei a entrever que a solución a estes graves problemas está na educación.

·       A educación que se da aos nenos e nenas no seo familiar.

·       A educación en valores que os pais e nais teñen que transmitir aos seus fillos e fillas.

·       E, a responsabilidade que teñen os pais e nais en educarse eles mesmos, nas novas cuestións que xorden para poder guiar os seus fillos adolescentes no proceso de socialización.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Educación: a Consellería comezará a distribuír ordenadores ultraportátiles en varios colexios e institutos de Barbanza e Noia en setembro


O IES Campo de San Alberto será un dos tres centros de Noia que comezarán co Abalar o vindeiro curso

Barbanza-Noia, 12 de maio de 2010
. A Consellería de Educación anunciou hoxe que en setembro varios centros educativos destas bisbarras terán cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implantación do Proxecto ABALAR. O delegado territorial da Coruña, Diego Calvo, presentou hoxe en Santiago o Proxecto ABALAR para estas áreas e a de Santiago, acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema; e o subdirector xeral de Sistemas Informáticos da Consellería de Educación, Carlos Vázquez Mariño.

O vindeiro curso ABALAR chegará a 105 aulas de 42 centros educativos desta área. Deste xeito, todas as clases de 5º de Primaria e 1º de ESO –etapas nas que se empezará a aplicar o proxecto- disporán, ademais dun ordenador ultraportátil por cada escolar, dun encerado dixital e un ordenador de sobremesa profesor.

Cambio do modelo educativo

A estratexia de implantación das TIC no sistema educativo que está a desenvolver a Consellería de Educación, a través do Proxecto ABALAR vai supor a conversión de colexios e institutos en Centros Educativos Dixitais, o que redundará nun cambio do modelo ensino-aprendizaxe. Así o explicou Diego Calvo, que fixo fincapé na oportunidade que supón o ABALAR para integrar as TIC e conseguir que sexan parte diaria da actividade en todas as aulas, aproveitando ao máximo os recursos didácticos dixitais aos que abre as portas.

Para cumprir con este obxectivo, o Proxecto ABALAR está baseado sobre accións planificadas no ámbito da tecnoloxía, da metodoloxía educativa, e da capacitación dos docentes, xa que a meta final que persegue ABALAR é un cambio integral no modelo educativo.

En Rianxo, o 'Félix Muriel' será o único centro que comezará co programa Abalar

Implicación e participación

Nesta tarefa é fundamental a implicación das familias e de toda a comunidade educativa. Para favorecer esta participación, o proxecto disporá dun portal web propio, ‘espazoABALAR’, que será o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade –profesorado, alumnado, familias, ANPAS...-.

Deste xeito, as familias poderán acceder en ‘espazoABALAR’ a un procedemento de comunicación directa e multicanle cos profesores e titores, de tal forma que poidan seguir de cerca o desenvolvemento académico dos seus fillos

Por outra banda, o espazo destinado aos docentes na plataforma web de ABALAR facilitará a parte administrativa do seu traballo, simplificando procesos como a introdución de datos nos expedientes do alumnado, abrindo novas canles de comunicación cos alumnos, as familias, a dirección do centro e o resto do profesorado. Ademais, a web vai poñer ao seu dispor ferramentas como o ‘Caderno do Profesor’, ou 'Repositorio de Contidos Educativos Dixitais', unha ferramenta esta última que permitirá a xestión, difusión e emprego dos recursos educativos desenvolvidos pola comunidade educativa de Galicia para integrar as TIC.

No tocante ao alumnado, ‘espazoABALAR’ permitirá nun futuro novos mecanismos para traballar con estudantes que requiran unha atención especial e diferenciada. Deste xeito, posibilitará a educación a distancia, facilitando o acceso ao ensino a enfermos de longa duración hospitalizados ou nas súas vivendas, persoas con mobilidade reducida, e estudantes con necesidades específicas. Ademais, permitirá un amplo seguimento académico, e a interacción co profesor ou a dirección do seu centro, o que se traduce nun claro fomento da actitude colaborativa.

Centros afectados por esta iniciativa en Barbanza e Noia:

IES Virxe do Mar
Noia
Noia
IES Nº 1
Ribeira (Santa Uxía)
Ribeira
IES Poeta Añón
Outes (San Pedro)
Outes
IES de Porto do Son
Noal (San Vicente)
Porto do Son
IES Félix Muriel
Rianxo
Rianxo
IES Campo de San Alberto
Noia
Noia
IES da Pobra do Caramiñal
Pobra do Caramiñal
Pobra do Caramiñal (A)
IES As Insuas
Serres (San Xoán)
Muros
CPR Sagrado Corazón de Jesús
Castiñeiras (o Bo Pastor)
Ribeira
CPR Jaime Balmes
Coruña (A)
Noia
CPI Eusebio Lorenzo Baleirón
San Xoán De Laíño (San Xoán)
Dodro
CEIP de Palmeira
Palmeira (San Pedro)

Ribeira

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: actos das Letras Galegas do 13 ao 15 de maio


Dodro, 12 de maio de 2010.
Os actos comezan mañá, 13 de maio, co "Gran Xogo Día das Letras Galegas", na Paxareira de 17.00 h a 18.00 h. É unha actividade infantil aberta a todo o público na que xogarán cun gran dado xigante. A ficha do taboleiro é cada participante e se supera as probas nas que cae, ao final gaña un diploma de «Gran Coñecedor/a do Día das Letras Galegas»

O día 14 de maio hai un contacontos musical, na Biblioteca municipal en Tallós, de 17.00 h a 18.00 h. Cantos, bailes e contos nunha tarde divertida, recomendada para nenos a partires dos 7 anos.

O día 15 de maio toca teatro: "Familia Sempre Unida", unha comedia posta en escea pola Escola de Teatro de Valga. Na Paxareira, de 18.30 h a 20.00 horas.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Dodro: imaxes e crónica na web do Concello da inauguración das pistas deportivas municipais de Lestrobe

Inauguración das Pistas Deportivas Municipais de Lestrobe

O sábado 8 de maio levouse a cabo a inauguración das Pistas Deportivas Municipais de Lestrobe, logo do corte da cinta e do discurso do alcalde, Arturo Díaz, no que deu a benvida ós asistentes e resaltou a importancia do deporte en Dodro.

Por mor da choiva, os encontros de futbito e de baloncesto trasladáronse ó Polideportivo Municipal. O encontro de exhibición de pádel tivo que suspenderse.

O campionato de volepraia levouse a cabo a pesar da choiva e do frío. Os participantes demostraron as ganas e a afición que teñen polo deporte e aguantaron as inclemencias do tempo.

Os campións dos diferentes cadros foron os seguintes:

Senior feminino: Vero e Álex

Cadete masculino: Ismael e Adán

Cadete feminino: Sara Castaño e Paula

 

Inauguración Pistas Deportivas Municipais de Lestrobe: 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |

Inauguración Pisatas Deportivas Municipais de Lestrove: 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |

Seguimos a voltas cos problemas de grafía de Lestrobe. Recomendamos de novo, sobre todo para os que nos len en Dodro, este artigo:
http://certo.posterous.com/toponimia-ribeira-e-co-be-e-lestrobe-tamen-na

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Boiro: obradoiros xuvenís o 28 e 29 de maio

Boiro, 12 de maio de 2010. O departamento de Servizos Sociais de Boiro organiza uns obradoiros xuvenís que se realizarán os días 28 e 29 de maio. Son para rapaces a partires de 12 anos e hainos de diferentes modalidades, desde o típico de traballos en coiro aos máis novidosos como aprender a facer tatuaxes con henna ou carteiriñas con cómics. No cartel aparece a información para inscribirse.
Esta actividade está incluída dentro da campaña "Pensa x ti", no programa de prevención de drogodependencias no que colabora a Deputación e o Concello.

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Opinión: Jorge Emilio Bóveda fala dos varios motores do mundo

"O mundo é movido polo sexo, a plusvalía e o desexo constante. Desexar a calquera nivel, en calquera situación e en circunstancia calquera".
Todo o artigo en http://certo.es/index.php?page=desideratum

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Opinión: Manuel Domínguez insiste en la falta de representatividad de la democracia

"¿No es alarmante que la clase política sea el segundo problema de este país según los ciudadanos, que son la base real del poder?"
Todo el artículo en http://certo.es/index.php?page=la_falacia_de_la_democracia

Posted via web from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical