12.5.10

Educación: a Consellería comezará a distribuír ordenadores ultraportátiles en varios colexios e institutos de Barbanza e Noia en setembro


O IES Campo de San Alberto será un dos tres centros de Noia que comezarán co Abalar o vindeiro curso

Barbanza-Noia, 12 de maio de 2010
. A Consellería de Educación anunciou hoxe que en setembro varios centros educativos destas bisbarras terán cadanseu ordenador ultraportátil na aula, grazas á implantación do Proxecto ABALAR. O delegado territorial da Coruña, Diego Calvo, presentou hoxe en Santiago o Proxecto ABALAR para estas áreas e a de Santiago, acompañado polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, José Luis Mira Lema; e o subdirector xeral de Sistemas Informáticos da Consellería de Educación, Carlos Vázquez Mariño.

O vindeiro curso ABALAR chegará a 105 aulas de 42 centros educativos desta área. Deste xeito, todas as clases de 5º de Primaria e 1º de ESO –etapas nas que se empezará a aplicar o proxecto- disporán, ademais dun ordenador ultraportátil por cada escolar, dun encerado dixital e un ordenador de sobremesa profesor.

Cambio do modelo educativo

A estratexia de implantación das TIC no sistema educativo que está a desenvolver a Consellería de Educación, a través do Proxecto ABALAR vai supor a conversión de colexios e institutos en Centros Educativos Dixitais, o que redundará nun cambio do modelo ensino-aprendizaxe. Así o explicou Diego Calvo, que fixo fincapé na oportunidade que supón o ABALAR para integrar as TIC e conseguir que sexan parte diaria da actividade en todas as aulas, aproveitando ao máximo os recursos didácticos dixitais aos que abre as portas.

Para cumprir con este obxectivo, o Proxecto ABALAR está baseado sobre accións planificadas no ámbito da tecnoloxía, da metodoloxía educativa, e da capacitación dos docentes, xa que a meta final que persegue ABALAR é un cambio integral no modelo educativo.

En Rianxo, o 'Félix Muriel' será o único centro que comezará co programa Abalar

Implicación e participación

Nesta tarefa é fundamental a implicación das familias e de toda a comunidade educativa. Para favorecer esta participación, o proxecto disporá dun portal web propio, ‘espazoABALAR’, que será o referente dos servizos educativos en Galicia para toda a comunidade –profesorado, alumnado, familias, ANPAS...-.

Deste xeito, as familias poderán acceder en ‘espazoABALAR’ a un procedemento de comunicación directa e multicanle cos profesores e titores, de tal forma que poidan seguir de cerca o desenvolvemento académico dos seus fillos

Por outra banda, o espazo destinado aos docentes na plataforma web de ABALAR facilitará a parte administrativa do seu traballo, simplificando procesos como a introdución de datos nos expedientes do alumnado, abrindo novas canles de comunicación cos alumnos, as familias, a dirección do centro e o resto do profesorado. Ademais, a web vai poñer ao seu dispor ferramentas como o ‘Caderno do Profesor’, ou 'Repositorio de Contidos Educativos Dixitais', unha ferramenta esta última que permitirá a xestión, difusión e emprego dos recursos educativos desenvolvidos pola comunidade educativa de Galicia para integrar as TIC.

No tocante ao alumnado, ‘espazoABALAR’ permitirá nun futuro novos mecanismos para traballar con estudantes que requiran unha atención especial e diferenciada. Deste xeito, posibilitará a educación a distancia, facilitando o acceso ao ensino a enfermos de longa duración hospitalizados ou nas súas vivendas, persoas con mobilidade reducida, e estudantes con necesidades específicas. Ademais, permitirá un amplo seguimento académico, e a interacción co profesor ou a dirección do seu centro, o que se traduce nun claro fomento da actitude colaborativa.

Centros afectados por esta iniciativa en Barbanza e Noia:

IES Virxe do Mar
Noia
Noia
IES Nº 1
Ribeira (Santa Uxía)
Ribeira
IES Poeta Añón
Outes (San Pedro)
Outes
IES de Porto do Son
Noal (San Vicente)
Porto do Son
IES Félix Muriel
Rianxo
Rianxo
IES Campo de San Alberto
Noia
Noia
IES da Pobra do Caramiñal
Pobra do Caramiñal
Pobra do Caramiñal (A)
IES As Insuas
Serres (San Xoán)
Muros
CPR Sagrado Corazón de Jesús
Castiñeiras (o Bo Pastor)
Ribeira
CPR Jaime Balmes
Coruña (A)
Noia
CPI Eusebio Lorenzo Baleirón
San Xoán De Laíño (San Xoán)
Dodro
CEIP de Palmeira
Palmeira (San Pedro)

Ribeira

Posted via email from Certo.es, o xornal virtual de Barbanza e Noia

No hay comentarios:

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical