Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
12.11.09
Arte: As mulleres, asociadas e reunidas en MAV
Unha visión dende o xénero das artes visuais.
http://www.mav.org.es
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Mar: mexillóns e gaiolas de salmón en Arousa, no debate Bng-PP
O “SECTOR MEXILLOEIRO GALEGO DÉBESE SOMETER ÁS REGRAS DO LIBRE MERCADO” Bieito Lobeira insta á Consellaría do Mar a que retire a gaiola para o cultivo de salmón da ría de Arousa porque carece de licenza de actividadeSantiago de Compostela, 12 novembro 09.- En resposta a unha pregunta do portavoz de Pesca do Grupo Parlamentar do BNG, Bieito Lobeira, o director xeral de Estruturas e Mercados da Pesca da Consellaría do Mar, Juan Carlos Maneiro, defendeu a non intervención do Goberno do PP para defender o mexillón galego fronte ao foráneo porque “hai que acatar e someterse ás regras do libre mercado”. O deputado do BNG dirixíase esta tarde na Comisión de Pesca do Parlamento Galego á Xunta de Galiza para que poña en marcha medidas de defensa dos produtores galegos de mexillón “ante a situación crítica que están a padecer, fundamentalmente polas masivas importancións de mexillón procedente de Chile e Nova Zelanda que a industria conserveira vende de xeito fraudulento como se fora mexillón galego”. Na súa resposta o representante da Consellaría do Mar recoñeceu que “a situación é complicada” e amosou a súa confianza en que “se produza unha melloría coa campaña navideña”. Contodo, rexeitou informar sobre medidas concretas de apoio aducindo “a necesidade de respetar as regras do libre mercado”.
“A Xunta si pode condicionar as axudas á industria conserveira a que empregue mexillón galego”. Para Bieito Lobeira os argumentos do Goberno do PP “non son de recibo, porque néganse a intervir pero para darlle cartos á banca, ás grandes
hidroeléctricas ou mesmo á industria conserveira aí sí que están de acordo”. “Se o PP se opón á eliminación das barreiras alfandegarias ás conservas asiáticas, por qué non fan o mesmo para o mexillón galego?”, preguntouse o deputado nacionalista. Neste sentido, lembrou que “a Consellaría do Mar si ten ferramentas legais que pode utilizar para defender aos produtores galegos de mexillón, como vincular as axudas ás conserveiras utilizando como criterio que utilizen mexillón galego; ou que o IGAPE reduza o tempo de percepción e pagamento por parte da industria conserveira aos beteeiros, ou impulsar o Consello Regulador do Mexillón como órgano de referencia en cuestión de prezos”.
Por outra parte, o deputado do BNG tamén se dirixiu esta tarde á Consellaría do Mar para que informase das xestións da Xunta para que a multinacional Nordwest Foods retire a gaiola para o cultivo de salmón que ten na ría de Arousa, en concreto no polígono Ribeira C, nas inmediacións da Illa da Rúa. Na súa resposta, o director xerla de Estruturas e Mercados da Pesca da Consellaría do Mar asegurou que a Xunta “ten intención de retirar a gaiola pero tamén temos a obriga de defender os dereitos adquiridos da empresa”.
Neste sentido, recoñeceu que “a día de hoxe estamos negociando coa empresa pero a negociación é moito máis complicada do que esperábamos” para que multinacional retire a gaiola antes de que venza a concesión para cultivo experimental, que remata en agosto de 2011. Sen embargo, o deputado do BNG lembroulle que a empresa “pola información que temos, non ten permiso de actividade, polo tanto está cometendo unha ilegalidade ao encher a gaiola con máis de 50.000 alevíns de salmón, o que fai que este vulnerando os termos da autorización e faría posíbel que a Xunta, se toma a inicativa, obrigue á empresa a retirar a xaula nun prazo breve de tempo”.
No seu turno, o director xeral recoñeceu que “o actual Goberno non lle deu ese permiso de actividade á empresa”, polo que Bieito Lobeira reafirmou “a necesidade de a Xunta actúe para que se retire esa gaiola canto antes”.
Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Rianxo: piden o remate das obras no Consistorio
Foto de arquivo
O BNG de Rianxo insta ao executivo do PSOE a "poñerse as pilas e rematar as obras" da Casa do Concello
Levan dous meses medio paradas e sen obreiros traballando
Rianxo, 11 de novembro de 2009. O BNG de Rianxo chama a atención do goberno municipal e insta a que se poña as pilas para rematar as obras na casa consistorial. Os obreiros desapareceron das obras e apenas se deixaron ver para amañar a inundación que afectou o edificio do antigo xulgado no mes pasado por un suposto atasco nas cañerías coas primeiras chuvias.
Esta reforma acumula un retraso espectacular xa que ás demoras do proxecto para obter permisos en Patrimonio súmanse as demoras na execución dos traballos por parte da empresa. Do ano previsto que tiña para executar esta actuación pasamos aos máis de tres anos, sen que a estas alturas se albisque finalización ningunha e coas obras paradas. Mentras os plenos realizanse no Cuartel Vello e varios departamentos municipais están saturados de empregados e papeis.
Do mesmo xeito tamén se requirirán informes sobre o estado actual das obras tras a igrexa da Guadalupe, dos usos previstos por parte do Concello para este local, do estado do financiamento para o edificio e da data prevista de posta en funcionamento, se a ten.Posted via email from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Fotografía: Vida e época de Vicente Risco
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Faranji: O negro Belarmino, por Xurxo Ayán
"Juana Torres morrera de resultas dunha epidemia de gripe no ano 1924. Dous anos despois, Eutiquio casaba en segundas nupcias con Irene, paisana súa do mesmo lugar de Sobreiras. A señora Irene fíxose cargo de Belarmino, como se fose sangue do seu sangue. Ao pouco tempo voltaron a Galicia, aparecendo na aldea unha tarde na que o meu avó, como xa dixen, xogaba con outros pequenos da súa idade. Dende aquela, fixéranse grandes amigos o Belarmino, o meu avó e outro rapaz, o Xaime de Cavagares, que quedara orfo de moi pequeno. Ao quedar sen pais, toda a aldea, coma Funteovejuna renacida, fíxose cargo do Xaime. Deste xeito, pasaba tempadas nas distintas casas de Sobreiras, e era tomado coma un fillo máis".
Non se perdan este novo capítulo de Faranji. Somos nós, os galegos, onte. Aquí
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
Fotografía: loita mergullada na auga para comezar o xoves
Vexan a colección completa na ligazón da foto. Paga a pena.
Un millón douscentos mil litros nun tanque de auga para rodar esceas de películas e partes de anuncios publicitarios. Neste lugar rodouse parte de Casino Royal, O ultimátum de Bourne ou Elisabeth.
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia