"Juana Torres morrera de resultas dunha epidemia de gripe no ano 1924. Dous anos despois, Eutiquio casaba en segundas nupcias con Irene, paisana súa do mesmo lugar de Sobreiras. A señora Irene fíxose cargo de Belarmino, como se fose sangue do seu sangue. Ao pouco tempo voltaron a Galicia, aparecendo na aldea unha tarde na que o meu avó, como xa dixen, xogaba con outros pequenos da súa idade. Dende aquela, fixéranse grandes amigos o Belarmino, o meu avó e outro rapaz, o Xaime de Cavagares, que quedara orfo de moi pequeno. Ao quedar sen pais, toda a aldea, coma Funteovejuna renacida, fíxose cargo do Xaime. Deste xeito, pasaba tempadas nas distintas casas de Sobreiras, e era tomado coma un fillo máis".
Non se perdan este novo capítulo de Faranji. Somos nós, os galegos, onte. Aquí
Posted via web from Posterous de Certo, o xornal virtual de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario