16.9.10

Ribeira: abren ata o 8 de outubro o prazo de inscrición nas once escolas deportivas 2010-2011, que comezan o 18


Para anotarse nelas, na oficina de Deportes do Auditorio

Ribeira, 16 de setembro de 2011.- A Concellería de Deportes informa de que xa está aberto o prazo de inscrición para tomar parte nas Escolas Deportivas 2010-2011. En total son once o número de actividades que se adscriben a este apartado, das cales dez van dirixidas aos nenos e nenas do municipio, en tanto que a acción restante diríxese ao colectivo da terceira idade.

As inscricións teñen que realizarse na Oficina de Deportes sita no Auditorio Municipal, en horario de mañá de 09:00 a 13:30 h, teléfono 981 83 56 50. O prazo para anotarse remata o 8 de outubro.

As clases darán comenzo o luns 18 de outubro e rematarán a última semana de maio. As Escolas Deportivas teñen un calendario similar ao calendario escolar, polo que, se os rapaces teñen vacacións no colexio (Nadal, Semana Santa, etc...) tamén terán vacacións nas Escolas Deportivas.

O prezo do curso completo de Escolas Deportivas para nenos é de 52,29 Euros, que deberán aboarse antes do 08 de outubro de 2010 no Nº de Conta 2091 - 0373 - 94 - 3110000045 (CAIXA GALICIA). Un rapaz considérase matriculado unha vez que despois de inscribirse, entregue o resguardo de pago e a ficha de inscrición no Auditorio Municipal, no prazo sinalado (Antes do 08 de Outubro). Quen non cumpra algún dos requisitos anteriores perderá a súa praza en beneficio de rapaces que estean na lista de espera, independentemente de que teña realizado o pago.

A inscrición nas Escolas Deportivas non inclúe os traslados en autobús. Existe un número limitado de prazas en todos os grupos de adestramento, que se asignarán por estricta orde de inscrición

RELACIÓN DE ESCOLAS 2010-2011
 
ESCOLA DE NENOS/AS
 
ACTIVIDADES XIMNÁSTICAS E ACROBÁTICAS (5 a 15 ANOS)
Horario Grupo1: Mércores de 19:00 a 20:00 h é Sábado de 11:00 a 12:00 h
Horario Grupo2: Mércores de 20:00 a 21:00 h é Sábado de 12:00 a 13:00 h
Lugar: Polideportivo Sta Uxía (Coroso)
Prazas: 50 ( Os Grupos serán realizados polo monitor en función do nivel e da idade dos inscritos).


 
ARTES MARCIAIS ( 5 a 14 ANOS)
Horario Grupo1: Luns, Mércores e Venres de 19:00 a 20:00 h
Horario Grupo2: Luns, Mércores e Venres de 20:00 a 21:00 h
Lugar: Polideportivo de Artes
Prazas: 25 por turno (os grupos serán realizados polo monitor en función do nivel e da idade dos inscritos).

ATLETISMO (6 a 15 ANOS)
Horario: Luns, Mércores e Venres de 19:00 a 20:00 h
Lugar: Pista de Atletismo de A Fieiteira.
Prazas: 25
 
BALONCESTO
Grupo1: Mixto. 25 prazas. Luns, Mércores e Venres de 19:00 a 20:00 h ( de 6 a 10 anos).
Grupo2: Mixto. 20 prazas. Luns, Mércores e Venres de 20:00 a 21:00 h ( de 11 a 15 anos).
Grupo3: Femenino. 30 prazas. Martes e Xoves de 19:15 a 20:45 h ( de 10 a 13 anos)
Lugar: Polideportivo Sta Uxía (Coroso).

ESCOLA MULTIDEPORTIVA
Grupo1: Mixto. 20 prazas. Luns e Mércores de 18:00 h. (Nados nos anos 06 e 07)
Grupo2: Mixto. 20 prazos. Luns e Mércores de 19:00 h a 20:00 h (Nados nos anos 04 e 05).
Lugar: Polideportivo de Artes.

PATINAXE (5 a 15 ANOS)
Grupo1: Martes de 18:30 a 20:00 e Xoves de 18:30 a 19:30 h
Grupo2: Xoves de 19:30 a 20:30 e Venres de 18:30 a 19:30 h
Grupo3: Xoves de 20:30 a 21:30 e Venres de 19:30 a 21:00 h
Grupo4: Venres 21:00 a 23:30 h
Lugar: Polideportivo de Sirves.
Prazas: 25 prazas de nova incorporación no Grupo 1 (os grupos serán realizados pola monitora en función do nivel e da idade dos inscritos).

TENIS
Grupo1: Martes e Xoves de 18:30 a 19:30 h
Grupo2: Martes e Xoves de 19:30 a 20:30 h
Grupo3: Martes e Xoves de 20:30 a 21:30 h
Lugar: Polideportivo de Artes.
Prazas: 15 por turno.

XIMNASIA RÍTMICA (5 a 15)
Horario Grupo 1: Martes e Xoves de 19:00 a 20:30 h
Horario Grupo 2: Luns, Mércores e Venres de 19:00 a 20:00 h
Horario Grupo 3: Luns, Mércores e Venres de 20:00 a 21:00 h
Lugar: Polideportivo de Sirves
Prazas: 25 prazas de nova incorporación no Grupo 1 (os grupos serán realizados pola monitora en función do nivel e da idade de inscritos).

AEROBIC / STEP / GAP  (a partir de 16 ANOS)
Horario Grupo 1: Luns, Mércores e Venres de 21:15 a 22:15 h
Horario Grupo 2: Martes, Xoves e Venres de 21:15 a 22:15 h
Lugar: Polideportivo de Sta Uxía (Praia de Coroso)
Prazas: 20 prazas por turno
Prezo: 14,94 € / mes

ESCOLA DE VELA ( Iniciación a vela lixeira)
Idade: de 7 a 15 anos
Horario 1: Sábado de 10:00 a 14:00 h
Horario 2: Domingo de 10:00 a 14:00 h
Lugar: Club Náutico de Riveira
Prazas: 20 prazas por turno
Prezo: 20 € / mes
Inscricións e Información: No Club Naútico de Riveira, Telf: 648 18 71 73 ou na web www.nauticoriveira.com
Nota: A Escola celebrase durante os meses de outubrom, novembro e de febreiro a xuño.
 
3º IDADE

 
XIMNASIA 3º IDADE
Horario Riveira1: Polideportivo de Sta Uxía (Praia de Coroso). 30 prazas.
Horario Riveira2: Polideportivo de Sta Uxía (Praia de Coroso). 30 prazas.
Grupo de Corrubedo: Colexio de Corrubedo. 20 prazas.
Grupo de Palmeira: Casa do Mar de Palmeira. 30 prazas.
Grupo de Artes: Polideportivo de Artes. 30 prazas.
Prezo: Gratuíto

Novas actividades e servizos na Fieiteira dende 2011

Por outra parte, con motivo da remodelación do Polideportivo da Fieiteira, a partir de xaneiro vanse ofertas novas actividades e servizos, entre as que destacan:  cursos de natación de iniciación e perfeccionamento para nenos e adultos, aquagim, aguaerobic, aquastep, spinning, zona SPA, e ximnasio de musculación e cardio.


 

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Deportes: Ámbar completou a preparación do Camiño Náutico Xacobeo para Todos 2010

Ribeira, 16 de setembro de 2010. As tres embarcacións accesibles das que dispón o Programa Vela para Todos da Asociación AMBAR, lograron completar o sábado pasado a etapa entre Ribeira e A Pobra do Caramiñal. Tratábase dunha preparatoria para a realización os vindeiros días 23,24 e 25 de setembro da peregrinación ata Santiago.

Este é a primeira vez que as embarcacións do Programa Vela para Todos realizan esta travesía pola Ría de Arousa, que asemade tentarán remontar o curso do Ulla para chegar ata Pontecesures. Os veleiros zarparán o vindeiro xoves 23 de Ribeira e irán realizando escalas en diversos portos, que aproveitarán para cambiar as tripulacións, intercambiar impresións e retomar forzas. Como etapa final, os participantes percorrerán a pé o camiño ata Compostela, embarcacións incluídas.

A participación está aberta ata o vindeiro día 21  de setembro, os interesado deberán poñerse en contacto coas oficinas de AMBAR no tlf: 981 83 29 05.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Opinión: Jorge Emilio Bóveda pide participación e que lle rebatan argumentos neste artigo

Benvido a outra proposta...

Onde seu punto de vista

Referendado ou non en teorías psicolóxicas (ou alén)

pode enfrontarse co punto de vista do que subscribe e rebater seus argumentos


       Máis importante que un plan persoal para cumprir nos anos de vida co mellor dos aproveitamentos; un plan vital magnífico quizais formado por plans de vida alternativos baseados nos intereses de cada un, pode ser o sinal de identidade propio e persoal. O sinal que nos di que Xosé González é Xosé González en non Eladio Quintairos, e que Eladio Quintairos é Eladio Quintairos e non Marcela Quinn, e que nos dispón á obvia premisa, ainda que para algúns indixerible, que di que os fillos non son os pais, tendo ambos, pai e fillo, un rango de identidade persoal e intransferible. Cada un é cada un e polos seus feitos han ser coñecidos.


       E ese sinal de identidade condiciona o comportamento dos semellantes que están ao noso redor. Dándonos a ver que, lonxe dun “allá donde fueres haz lo que vieres” ou un “así trates, así serás tratado” ou un “se eres bo* ouríñante por riba” ou incluso un “se es malo non terás amigos”, unha personalidade equilibrada arrequecerá nosas relacións sociais. 


       Quizais teña que ver con aquilo que chaman carácter afable, pero non cabe dúbida de que ese sinal ten fío directo co plan persoal; a singradura cara adiante e a evitación case obsesiva do camiño circular; aquel que non coñece a liña recta e que non leva a ningures pois testemuña aos incautos retornando de xeito eterno ao mesmo punto aciago. Polo que se somos quen de  “instaurar” un rango de personalidade, un sinal de identidade propio, e non pertencente a unha estrela da música, do cine ou da farándula, é cando temos pábulo para seguir con mais ou menos fortuna dígase noso plan vital, dígase unha coelhiana lenda persoal, dígase obxectivo ren a prazo total. Non antes, pois os mortos vivintes, pensadores heterónomos, teñen pouco camiño por diante.


       * Ao non ter clara a liña que divide un suposto ben dun suposto mal, entendo por ser bo molestar o menos posible ás persoas coas que se comparte a relación social.

JORGE EMILIO BÓVEDA
http://www.jorgeemilioboveda.es

Todos os artigos en Perspectiva Cabaleira

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: as actividades de outono-inverno deste ano xa teñen data

Lousame, 16 de setembro de 2010. O Concello de Lousame, a través da súa Concellería de Cultura ,ofrece un nutrido  programa de actividades para este outono-inverno de 2010.

O programa é o seguinte:

SETEMBRO

Planetario portátil
Sábado 25 ás 11.00h na Casa da Cultura.

OUTUBRO

Paintball
Sábado 9 ás 11.00h no Bosque do Neno


Curso de iniciación ao golf
Sábado 16 en Boiro Golf (Moimenta)

VIII Mostra de Teatro afeccionado
Domingos: 10, 17, 24 e 31 ás 19.00h na Casa da Cultura.

Dende o domingo 10 de Outubro ata o domingo 7 de Novembro as 19.00h na Casa da Cultura de Lousame desenvolverase a VII Mostra de Teatro afeccionado no que participarán distintas compañías de teatro.

O programa de actuacións será o seguinte:

Domingo, 10 de Outubro:
As Candelexas "Faladoiro no banco"

Domingo, 17 de Outubro:
SCR A Pombiña "Ao son dos novos"

Domingo, 24 de Outubro:
Grupo de teatro airiños "Os vellos non deben namorarse"

Domingo, 31 de Outubro:
Espectáculo cómico de NONHAIFALLO

Domingo, 7 de Novembro:
Teatro do improvisto "O lado torto do mundo"

Actos Día da Biblioteca
Venres 22 ás 18.00h. Contacontos na Axencia de Lectura.

NOVEMBRO

Cursos: Pintura, Escultura, Cociña, Masaxes, Informática, Corte e Confección

Festival e Obradoiros do Magosto
Sábado 6 de 11 a 20.00h no Polideportivo Municipal

VIII Mostra de Teatro afeccionado
Domingo 7 ás 19.00h na Casa da Cultura

Obradoiros de Nadal polas parroquias, de 11.00 a 13.00h
(dirixido a nenos de 6 a 14 anos) Sábado 27 no Local Social de Camboño de 11.00 a 13.00h
Sábado 27 na Escola de Tállara (PAI) de 16.00 a 18.00h.

DECEMBRO

Obradoiros de Nadal polas parroquias, de 11.00 a 13.00h (dirixidos a nenos de 16 a 14 anos):
Sábado 4 na Escola de Vilacoba as parroquias de San Xusto e Vilacoba de 11.00 a 13.00h
Sábado 4 na Escola de Lesende de 16.00 a 18.00h.
Sábado 11 na Casa da Cultura a Parroquia de Lousame de 11.00 a 13.00h.
Sábado 11 no Local Social da Escabia a Parroquia de Fruime de 16.00 a 18.00h.

Concurso de Postais de Nadal
Festival de Nadal: Sábado 18 ás 17.00h. no Polideportivo Municipal.
Exposición "Cambio Climático"
Ciclo de Cine "Butaca verde": Os venres 3, 10 e 17 as 21.00h. na Casa da Cultura.
Concerto de Fin de Ano: domingo 26 ás 20.00h. na Casa da Cultura.
Excursión a NadalXogo e Patinaxe sobre xeo

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Lousame: o sábado 25 de setembro, planetario portátil para rapaces de 6 a 15

Lousame, 16 de setembro de 2010. O sábado 25 de setembro, ás 12 do mediodía na Casa da Cultura "Santeiros de Chave" levarase a cabo a actividade Planetario Portátil. Esta actividade está dirixida a nenos de 6 a 15 anos.

Dende a Concellería de Cultura lousamiana animan a pais e nenos a partillar esta actividade de descobremento do espazo exterior.

Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia

Twitter

Related Posts with Thumbnails Banner: Regale selva tropical