Ribeira, 16 de setembro de 2010. As tres embarcacións accesibles das que dispón o Programa Vela para Todos da Asociación AMBAR, lograron completar o sábado pasado a etapa entre Ribeira e A Pobra do Caramiñal. Tratábase dunha preparatoria para a realización os vindeiros días 23,24 e 25 de setembro da peregrinación ata Santiago.
Este é a primeira vez que as embarcacións do Programa Vela para Todos realizan esta travesía pola Ría de Arousa, que asemade tentarán remontar o curso do Ulla para chegar ata Pontecesures. Os veleiros zarparán o vindeiro xoves 23 de Ribeira e irán realizando escalas en diversos portos, que aproveitarán para cambiar as tripulacións, intercambiar impresións e retomar forzas. Como etapa final, os participantes percorrerán a pé o camiño ata Compostela, embarcacións incluídas.
A participación está aberta ata o vindeiro día 21 de setembro, os interesado deberán poñerse en contacto coas oficinas de AMBAR no tlf: 981 83 29 05.
Posted via email from Certo.gl, o xornal dixital de Barbanza e Noia
No hay comentarios:
Publicar un comentario